OS/2

sistema operativo de IBM e Microsoft
(Redirección desde «IBM OS/2»)

O OS/2 (Operating System 2) é un sistema operativo orixinalmente desenvolto por IBM e Microsoft para substituír o MS-DOS que non era capaz de aproveitar todos os recursos das computadoras baseadas nos microprocesadores Intel 80286.

OS/2
DesenvolvedorIBM, Microsoft
Familia de S.O.IBM
Modelo de desenvolvementoSoftware propietario
Tipo de núcleoHíbrido
Última versión estableWarp 4.52
Sitio webwww.ibm.com/software/os/warp/

OS/2 1.0 anunciouse en abril de 1987 e saíu ao mercado en decembro en versión de modo texto, como un sistema operativo de 16 bits, multitarefa, estable, rápido e moi potente, ao permitir a habilitación de memoria virtual.

OS/2 1.1 que saíu en novembro de 1988 incluía un xestor en modo gráfico, o Presentation Manager.

En 1990 Microsoft decidiu concentrarse no sistema Windows e tan só IBM seguiu a desenvolver o sistema OS/2.

OS/2 2.0, que saíu en 1992 foi a primeira versión de 32 bits, que aproveitaba a capacidade do modo virtual 8086 do microprocesador Intel 80386 e mellorou o Work Place Shell, que se converteu nun sistema de fiestras orientadas a obxectos.

OS/2 Warp 3 saíu en 1994 e que permitía o soporte de todo o hardware que existía nese momento no mercado, compatibilidade con Internet e un paquete multimedia.

OS/2 Warp 4 saíu en 1996 e engadiu soporte para linguaxe Java e software de recoñecemento de voz.

IBM anunciou que o 23 de decembro de 2005 deixaría de vender este sistema operativo, aínda que seguiría dándolle soporte estándar ata o 31 de decembro de 2006.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.