Memoria virtual

A memoria virtual é unha funcionalidade que proporciona o sistema operativo que ten por obxectivo conseguir que o proceso dispoña do maior espazo de memoria que poida dispoñer aínda que non se dispoña desa capacidade real de almacenaxe.

Como a memoria virtual é mapeada na memoria física.

FuncionamentoEditar

A maioría de computadores teñen distintos tipos de memoria que forman o que se denomina xerarquía de memoria. No caso da memoria virtual, inflúen os dous últimos niveis:

  • Memoria RAM ou principal: cunha relación velocidade/custo axustada.
  • Discos duros: con gran capacidade de almacenamento pero moi lentos.

A memoria virtual crea un espazo de direccións ficticio (4 GB de almacenamento nun computador de 32 bits) e, con axuda da MMU, encárgase de traducir cada direccióna unha localización física real que pode estar en memoria principal ou no disco duro (nunha zona reservada denominada swap, espazo de intercambio ou ficheiro de paxinación.