Hovhannes Cholakian
Hovhannes Cholakian (en armenio: Յովհաննէս Չոլաքեան), nado en Constantinopla o 12 de abril de 1919 e finaldo na mesma cidade o 16 de setembro de 2016, foi un eclesiástico católico armenio de Turquía, arcebispo de Istambul dende 1966 até 2015.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1919 Istambul, Turquía |
Morte | 16 de setembro de 2016 (97 anos) |
Arcebispo católico | |
23 de maio de 1966 – 21 de marzo de 2015 ← Paul Kiredjian (en) – Lévon Zékian (en) → Diocese: Arquieparquía de Istambul | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1967–), sacerdote católico (1943–) |
Consagración | Gregorio Pedro XV Aghachanean |
Traxectoria
editarNaceu o 12 de abril de 1919 en Constantinopla (Imperio Otomán), e o 25 de abril de 1943 foi ordenado sacerdote.[1]
O 23 de maio de 1966 foi elixido arcebispo de Constantinopla, recibindo a consagración de mans do prefecto da Congregación para a Propagación da Fe, Gregorio Pedro XV Aghachanean o 5 de marzo de 1967.[1]
Permaneceu no cargo até que se retirou o 21 de marzo de 2015, con case 96 anos. Finou en Istambul na noite do 16 de setembro de 2016.[1]
Obra
editar- L'Église arménienne catholique en Turquie. Istambul: Ohan Matbaacilik. 1998.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ոչ եւս է Տէր Յովհաննէս Արքեպիսկոպոս Չոլաքեան". Radio Vaticana (en armenio). 18 de setembro de 2016. Consultado o 04/05/2022.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Paul Kiredjian |
Arcebispo de Istambul 1966 - 2015 |
Sucesor: Boghos Levon Zekiyan |