Horas
Na mitoloxía grega, as Horas (en grego Ὧραι; en latín, Horae) eran fillas de Zeus e Temis e representaban ás estacións do ano. Os seus nomes eran Talo (retoño*), Auxo (crecemento) e Carpo (froita), aínda que tamén foron coñecidas como Irene (paz), Eunomia (orde) e Dice (xustiza).
Horas | |
---|---|
![]() | |
Tipo | grupo de personaxes da mitoloxía grega e grupo de deidades ![]() |
Subclase de | divindade grega ![]() |
Venerado por | mitoloxía grega ![]() |
Familia | |
Nai | Temis ![]() |
Pai | Zeus ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
Desenvolvían funcións secundarias dentro da xerarquía dos deuses. Así, foron matronas de Hera e de Plutón, compañeiras de Perséfone e de Dioniso, coidaban dos cabalos de Helios e vixiaban as portas do ceo.
Son representadas como tres mozas vestidas con túnicas e bailando.
