O hoqueto[1] é unha técnica rítmica lineal que consiste na alternancia da mesma nota, altura ou acorde. Na Idade Media, era unha melodía que se compartía de forma alternativa entre as diferentes voces dunha obra, normalmente dúas, de maneira que cando unha voz cantaba as súas notas, o resto permanecían caladas ata que algunha delas recollía a liña melódica e a anterior permanecía en silencio.

Exemplo de hoqueto (In seculum d'Amiens longum, Francia, finais do século XIII). Pódese observar a rápida alternancia das notas cantadas e silencios entre a parte superior e as outras dúas voces.

Esta técnica foi característica da música dos séculos XIII e XIV e deuse por primeira vez nalgúns conducti e motetes. Foi predominante na música sacra da Escola de Notre Dame, durante o Ars antiqua. Posteriormente, esta técnica foise abandonando aínda que algúns compositores de clásicos continuaron usándoo. Co paso do tempo, esta técnica derivou no contratempo, aínda que dita técnica xa non seguía estritamente a estrutura inicial do hoqueto. Son poucos os exemplos que se conservan e practicamente todos eles son obras instrumentais ou vocais escritas a tres voces.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar