A palabra conductus derívase do verbo latino conducere, 'conducir, acompañar, levar'; pl. conductus, cunducti. O conductus, xunto co órganum e o motete, son as formas musicais máis importantes do Ars antiqua.

Conductus Beata viscera, facsímile dixital.

Terminoloxía editar

  • Caudae, caude: é a raíz latina de coda, termo usado modernamente en musicoloxía dos séculos XII e XIII. É unha sección melismática pura, melodía sen texto, en notación modal, frecuentemente moi extensa, engadida nas últimas sílabas do texto que se repite en cada estrofa dos conductus para embelecelos. As cauda realizan un papel de terminación e introducen elementos de contraste e variedade que dan saída á creatividade dos compositores.
  • Conducti: é un dos termos, xunto a conductus e versus procesionales, con que se designaban os cantos procesionais que se executaban en cantus firmus dentro do templo durante a Idade Media. Segundo inclúan ou non melisma, clasifícanse en dous tipos: conductus cum cauda e conductus sine cauda.
  • Prosula: termo que identifica o texto que se engadía a un melisma en composicións polifónicas existentes.

Historia editar

En música medieval, conductus é un tipo de composición vocal de unha a catro voces en verso latino, usado na súa forma inicial, monódica, na liturxia cristiá.

Segundo algúns autores, a súa orixe atópase nos tropos do Introito da Misa, cando no Norte de España e Sur de Francia, buscando o paralelismo neuma-sílaba no século XI, comezouse a asociar un son a cada sílaba do texto dos melismas do canto gregoriano; outros sosteñen que o seu antecesor son os himnos procesionais.

Inicialmente, antes do século XII, era coñecido como versus; era a etapa do conductus monofónico, como Beata viscera, nos que a mesma melodía se repite en cada estrofa. No século XII, o conductus era habitual en Santiago de Compostela, onde aparece no Códice Calixtino (1140). Outra fonte importante desta forma musical atópase no manuscrito de San Marcial, París, Biblioteca Nacional, Lat. (1154).

Primitivamente, eran cánticos que se entoaban na procesión que se efectuaba no templo cristián durante as cerimonias relixiosas, cando se desprazaba o Leccionario, libro que se lía no oficio, desde o lugar onde se conservaba até o ambón ou ao lugar onde ía lerse en voz alta.

Xurdido inicialmente na contorna litúrxica, ao evolucionar adaptouse á contorna profana. Non é música litúrxica, aínda que se desenvolve a partir de fontes moi próximas á liturxia. Compúñase para celebrar actos históricos relixiosos ou profanos.

  • Os textos litúrxicos e para-litúrxicos, normalmente facían referencia a desprazamentos procesionais, prantos dos funerais, compúñanse especificamente para unha festa da igrexa ou relataban a vida dun santo.
  • Os profanos adoitan tratar temas históricos, morais e grandes sucesos políticos: coroación de reis ou bispos, a súa morte, convocatoria de Cruzadas, críticas da sociedade ou da igrexa etc.

As cancións procesionais executábanse en cantus firmus, sendo tamén coñecidas como conducti e versus procesionales.

No século XII perdeu o seu carácter monódico baixo a influencia do motete e do mesmo xeito que este, acabará orientándose cara ao dominio profano. Unha das súas achegas máis importantes á música, xunto ao discanto, foi dar saída á creatividade e inventiva dos compositores ao separarse do repertorio litúrxico tradicional, o canto gregoriano, que non permitía ningunha creatividade musical.

Na segunda metade do século XII, incorporou as técnicas do órganum avanzado, converténdose en conductus polifónico, no que a vox principalis, o tenor, apoia outras voces que simultaneamente interpretan o mesmo texto e ritmo. A finais do século XII, atopamos conductus a dúas voces, e a comezos do XIII, conductus de tres e catro voces, como Salvatoris hodie de Perotin para a Circuncisión.

Alcanzou o seu máximo desenvolvemento entre mediados do século XII e mediados do XIII na Escola de Notre Dame de París, onde os compositores máis destacados foron os magister Leoninus, 1135–†1201, e Perotinus, 1183–†1238.

Franco de Colonia, no seu Ars cantus mensurabilis (1260), describe o conductus; aproximadamente:

Conductus é unha composición polifónica para unha nova melodía,
a vox principalis, á que se engade unha segunda —duplum— en estilo discanto.
Pode engadirse unha terceira —triplum— e unha cuarta voz —quadruplum—.
Cada voz é sempre consoante coas anteriores.

e indica como compoñelo:

Primeiro facer unha melodía, o máis bela posible,
usala como o tenor co que se constrúe a polifonía.

Está documentado polo Anónimo IV, século XIII, que menciona fontes que contiñan conductus sin caudae e conductus a dúas e tres voces con caudae. Tamén se conservaron conductus alemáns do século XIV e ingleses dos séculos XII ao XV. Jacques de Liège, teórico do século XIV e defensor do Ars antiqua fronte ao «inmoral e lascivo» Ars nova, no seu Speculum musice, queixábase do desinterese polo conductus. Entre os teóricos musicais que estudaron o conductus, figuran Johannes de Garlandia e Franco de Colonia que mencionaba a beleza da melodía do tenor.

A igrexa foi perdendo interese nesta forma musical, utilizándose principalmente en composicións para- litúrxicas e de contorna profana. Un exemplo coñecido da súa evolución, é o conductus Veris ad imperia, danza popular no que as exclamacións Eia evocan a Natureza e a Primavera. Ao longo do século XIII, incorporou as técnicas do organum florido, dando lugar ao motete, unha forma musical que finalmente a substituíu na segunda metade do século XIII.

Características editar

  • Non é música litúrxica, aínda que as súas fontes atópanse na liturxia.
  • Compúñanse para celebrar actos importantes relixiosos ou profanos, como os prantos dos funerais ou o bautizo e coroación de bispos, reis, nobres e personalidades importantes.
  • Co conductus polifónico dáse por primeira vez unha composición totalmente nova; a melodía e o texto de todas as voces son de nova creación, non utilizándose composicións existentes.
  • Todas as voces teñen a mesma tesitura e o mesmo texto (ao contrario que no motete desta época).
  • O conductus é frecuente en tropos do Benedicamus Domino, onde o tropo constitúe a voz principal do canto polifónico, mentres que a voz organal canta simultaneamente o mesmo texto co mesmo ritmo.

Composición musical editar

  • Como forma musical, podería ser considerado como un tropo, aínda que se diferencia deste e da secuencia en que a súa melodía habitualmente é orixinal, de nova creación, escrita especificamente para o seu texto.
  • A súa estrutura rítmica uniforme e homorrítmica, asocia unha nota a cada sílaba do texto, utilízase en todos os tipos de conductus, excepto nos conductus caudae melismáticos con longos melismas na primeira e última sílaba de cada verso, nos que habitualmente varía o modo rítmico das voces.
  • O estilo xeral silábico e homofónico, constitúe unha das súas características máis importantes.
Hai un sentimento acórdico bastante xeneralizado: na Idade Media, o estilo conductus facía referencia á homofonía, todas as voces interpretan simultaneamente o mesmo texto coa mesma tesitura e o mesmo ritmo.
  • Existen composicións primitivas monofónicas, unha voz, e polifónicas, máis evolucionadas, a dúas, tres e catro voces; sendo estas últimas as máis abundantes.
Os conductus polifónicos diferéncianse dos primitivos, monofónicos, en que o cantus firmus da vox principalis habitualmente é texto de nova creación interpretado simultaneamente polas outras voces.
Segundo o teórico Walter Odington, o tenor tamén pode ser unha melodía xa existente; como o conductus profano Veris ad imperia con tenor baseado nunha canción de danza.
  • Escritura: escribíase en forma de partitura, anotándose o texto debaixo da parte tenor.
  • Interpretación: podíase interpretar con instrumentos musicais; o órgano nos conductus litúrxicos e outros instrumentos nos de contorna profana.

Composición literaria editar

  • Trata tanto temas relixiosos coma profanos.
  • Está constituído por poemas estróficos orixinais, escritos especificamente para esa melodía.
  • O texto é en latín, formado por estrofas iguais, aínda que a diferenza do himno procesional, normalmente carece de refrán.

Forma editar

A forma do conductus é similar á dos himnos, forma estrófica na que cada estrofa leva a mesma melodía. Normalmente cada verso leva unha melodía distinta, aínda que pode repetirse. Ás veces podemos atopar as seguintes formas:

  • aabc
  • abab
  • aabb.

Algúns conductus teñen refrán, sendo así a súa forma máis parecida á da canción profana.

Interpretación editar

A notación da música anterior a 1200, non achega indicacións sobre o ritmo, aínda que no cantus firmus acéptase un ritmo ternario lento. Non se determinou con precisión o modo que se utilizaba nos conductus simples. Nos polifónicos e en especial nas caudae é habitual que o ritmo varíe entre repeticións.

Os conductus interpretábanse durante os desprazamentos procesionais que se realizaban durante a cerimonia relixiosa nos templos cristiáns. Podíanse acompañar con instrumentos musicais, o órgano, cimbal ou tymtinabulum, cítolas, liras, organistrum etc. nos litúrxicos e en contorna profana con instrumentos como tambores, tibias, fidulas etc.

No Codex Bamberg (Ba, 105), o conductus In seculum viellatoris (no século dos tañedores de vielas), fai mención expresa á viela.

O texto de Ludus Danielis, aprox. 1140, conductus silábico coral a dúas voces, menciona o uso do timbal e a cítola con esta forma musical.

...
Simul omnes gratulemus,
Resonet tympana,
Citharistae tangant chordas,
Musicorum organa
Resonet ad eius…
...
Congratulémonos todos xuntos,
Resone o tympana (timbais),
Que os citolistas pulsen as cordas,
Resone o organa
(a música dos organa)…

Tipos editar

Segundo o autor consultado, existen varios tipos: monofónicos, polifónicos, simples, melismáticos, silábicos, conductus sine caudae, conductus cum caudae etc. Musicalmente, existen dous tipos principais: monofónicos e polifónicos; ambos poden incluír diversas características, ser ou non melismáticos, ter ou non cauda etc.

Conductus monofónico editar

O conductus monofónico ou monódico é a forma primitiva do conductus; entre 900 e 1100 foi coñecido como versus. Está formado por estrofas iguais; a súa melodía repítese en cada estrofa.

Exemplo: O Maria o Felix, conductus monofónico dedicado á Virxe María.

O conductus simple ou simplex é unha composición a unha soa voz descrita por Bury de St. Edmundo na súa copia do Anónimo IV, ao comentar o conductus Beata viscera. Características:

  • O conductus simple non ten cauda.
  • A súa melodía tenor é silábica, cada nota asóciase a unha sílaba, de estilo discanto. Normalmente conservaba o paralelismo neuma-sílaba.
  • A melodía repítese en cada estrofa.
  • O seu texto estrófico, é similar a un himno.

Exemplo: Beata viscera Maria virginis, un belo exemplo de conductus monofónico, con música de Perotin (ed. Thurson, páx. 124-125) e texto con estrofas de Walter de Chatillon (s. XII), Manusc. Wolfenbüttel 1099 (W2).

 
Conductus monofónico Beata viscera adicado á Virxe María, do Matíns de Nadal; autor musical: Perotin (s. XIII), texto: Walter de Chatillon.

O conductus silábico polo seu estilo literario podería ser considerado como un tropo, aínda que musicalmente diferénciase desta forma musical e da secuencia en que utiliza melodías de nova creación. Exemplo: Ludus Danielis, aprox. 1140, conductus silábico coral a dúas voces; no seu texto menciónase o uso simultáneo de voces de homes, nenos e instrumentos musicais.

Conductus polifónico editar

É o tipo do que máis exemplos se conservaron, pode estar composto para dous, tres ou catro voces. Os conducti polifónicos diferéncianse dos primitivos, monofónicos, en que o cantus firmus incorpora texto litúrxico ou profano de nova creación, non un xa existente, constituíndo o primeiro exemplo na música occidental dunha composición orixinal no seu texto e melodía. Os conducti a dúas voces son abundantes; exemplos dos máis antigos e coñecidos son Congaudeant catholici do Códice Calixtino e Caste Catholica do Códice de Las Huelgas. Características:

  • Unha das características máis importantes dos conducti polifónicos é o seu estilo homofónico: na Idade Media, conductus facía referencia á homofonía, todas as voces cántanse simultaneamente coa mesma tesitura e o mesmo texto.
  • É similar ao organum paralelo ou discanto, aínda que difire del en que a melodía principal, vox principalis, cantus firmus ou tenor, é unha composición orixinal, tanto a súa música como o texto latino, mentres que o organum ou discanto usaba unha melodía existente baseada no repertorio gregoriano.
 
Conductus polifónico a tres voces Hac in anni ianua; autor: anónimo (s. XIII).

Conductus embelecido editar

Son conductus evolucionados que inclúen características comúns que poden aparecer nos tipos principais.

O conductus melismático: frecuentemente os conductus inclúen melismas, xeralmente longos, engadidos normalmente ao final ou na última sílaba do conductus para embelecelo. Estruturas máis habituais:

  • abab ccc’dc’d efef
  • aabccb bdbdbdbd eefggf
  • ab ab ab ab.

Exemplos:

  • Quomodo cantabimus. Poema satírico atribuído a Philip o Chanceler que critica as formas e maneiras dos clérigos.
Manuscrito W1, Herzog August Bibliothek de Wolfenbüttel (Alemaña). Códice Guelf. 628 Helmstadiensis.
  • Ve mundo a scandalis do Manuscrito W1, Herzog August Bibliothek de Wolfenbüttel (Alemaña).
Códice Guelf. 628 Helmstadiensis.
  • In Rama sonat gemitus do Manuscrito W1, relata o exilio do arcebispo de Canterbury (Inglaterra), Herzog August Bibliothek de Wolfenbüttel (Alemaña), Códice Guelf. 628 Helmstadiensis.
  • Beata viscera Mariae virginia, conductus melismático de Perotin, ed. Thurson, pp. 124-125.
Manuscrito de St. Martial, París, Biblioteca Nacional, Lat. 1154.
  • Ego reus confiteor, exemplo de conductus melismático a tres voces, os dous inferiores utilizan fontes antigas (s. XIII).

O conductus prosula: os conductus cunha prosula que comparte a melodía coa cauda final do conductus, son coñecidos como cunductus prosula.

O conductus embelecido ou conductus con caudae: coñécense con este nome conductus aos que se engaden seccións melismáticas sen texto, chamados cauda. A caudae insérese habitualmente ao comezo ou final do conductus, aínda que poden incorporarse en calquera punto do seu interior. Con esta característica, o conductus polifónico alcanza a súa máxima evolución e desenvolvemento. Exemplos:

Conductus
Austro terris influente
Congaudeant Catholici
Die Christi veritas

Quod promisit ab eterno
Relegentur ab area.
Caude o prosula
Minor natu filius
Die ista
Bulla fulminante
Veste nuptiali
Crucifigat omnes
Anima iuge lacrima.

Compositores editar

A maioría dos compositores de conductus eran anónimos.

Composicións editar

Exemplos típicos, algúns deles do Códice Calixtino (século XII), son:

  • Veri floris, (Da flor verdadeira) é o máis característico, existen versións a unha, dúas, tres e catro voces. (Madrid, Bibli. Nac. 20.486, fol 129, ou no manuscrito de San Martial, París — Biblioteca Nacional, Lat. 1154, Codex C 97).
  • Veris ad imperia (Polo poder da primavera), de estilo profano.
  • Beata viscera Mariae virginia (Bendito vástago…), un belo exemplo de conductus monofónico, monódico melismático, con música de Perotin (ed. Thurson, páx. 124-125) e texto de Felipe o Chanceler, Manuscrito Wolfenbüttel 1099 (W2).
  • Gaudens in domino, Lendas de San Nicolás.
  • Ludus Danielis, conductus silábico.
  • Mundus vergens in defectum, conductus a 4 voces da escola de polifonía de Notre Dame, de contido social e político da Francia do século XII; *Medici Library de Florence, ms F1 Mediceo-Laurenziana Pluteo 29.1, atribuído a Perotin.
  • O mors que mordes omnia, planctus, conductus pranto, pola morte de Filipe II de Francia en 1223.
  • Verbum bonum et suave, conductus estrófico a dous partes, Manuscrito Wolfenbüttel 1099 (W2).

Ademais dos conductus litúrxicos, chegounos un amplo repertorio de conductus de contido social, que comentan os costumes da sociedade da época e os abusos dos clérigos.

  • Manuscrito de Florencia, s. XIII, a maior colección de temas diversos, (Biblioteca Medicea-Laurenziana, MS Pluteo 29.1).
  • Códice Calixtino de Santiago de Compostela, s. XII; o seu repertorio de polifonía inclúe cinco importantes exemplos de conductus, entre eles:
    • Veri floris (Da flor verdadeira), s. XIII, anónimo, un exemplo típico, existen versións a unha, dúas, tres e catro voces. (Madrid, Bibli. Nac. 20.486, fol 129).
    • Veris ad imperia (Polo poder da primavera), conductus de estilo profano con contido social.
    • Nostra phalanx plaudat leta, (Que a nosa tropa encomie alegre), conductus polifónico en discanto.
  • Códice de Las Huelgas, numerosos exemplos e diversa nomenclatura: conductus, Prosae, Benedicamus etc.
  • Manuscrito de St. Martial, París, Biblioteca Nacional, Lat. 1154, cunha interesante colección de conductus (texto e música).
    • Salvatoris hodie (a tres voces), de Perotin.
    • Dum sigillum... (a dúas voces), de Perotin.
    • Beata viscera Mariae virginia, conductus monofónico melismático, con música de Perotin (ed. Thurson, páx. 124-125) e texto de Walter de Chatillon (s. XII), Manuscrito Wolfenbüttel 1099 (W2), Alemaña.
  • Manuscrito MS 732bis/20 da Biblioteca de Metz.
    • Ave virgo virginum (s. XIII), conductus polifónico, Francia.
    • Premu dilatio.
    • Ego reus confiteor, conductus a tres voces estritamente melismático, totalmente sen letra, as dúas inferiores baseadas en fontes antigas (s. XIII).
    • Sursum corda, conductus polifónico a dúas voces.

Conductus monofónicos

  • Beata viscera Mariae virginia, s. IX, conductus monofónico melismático con música de Perotin (ed. Thurson, páx. 124-125) e texto de Walter de Chatillon (s. XII), Wolfenbüttel 1099 (W2).
  • Olim suor herculis, conductus a unha voz de Peter de Blois.
  • Christus surrexit, conductus a unha voz
  • Códice Guelf. 628 Helmst., X, Wolfenbüttel, W1, Herzog August Bibliothek, Alemaña.
    • Quomodo cantabimus
  • Ve mundo a scandalis
  • In Rama sonat gemitas
  • O Maria o Felix, dedicado á Virxe María.

Conductus silábico

  • Ludus Danielis.

Conductus melismático

  • Ego reus confiteor, conductus a tres voces, as dúas primeiras de fontes anteriores (s XIII).
  • Mater patris et filia.

Conductus polifónicos

Conductus a dúas voces ou conductus dobre

  • Caste catholica, do Códice de Las Huelgas.
  • Cedit frigus, conductus Pascual, mosteiro de Ripoll.
  • Salve virgo regia, do mosteiro de Ripio.
  • Deus misertus.
  • Gloria in excelsis.
  • Sol sub nube latuit (O sol ocultouse nunha nube), conductus a dúas voces da Natividade, s. XV, Wolfenbüttel, Herzogl, Bibl. 677, fol. 110v-111.
  • Sursum corda.
  • Verbum bonum et suave.
  • Salve sancta parens.

Conductus a tres voces

  • Hac in anni ianua (ao comezo do ano), conductus homorrítmico, anónimo, s. XIII.
  • Naturas deus regulis, sobre a clerecía e a Virxe.
  • O maria virginei, exemplo típico de conductus a tres partes.
  • Veni Creator.
  • Serena virginum, conductus de maitines medieval, termina con Benedicamus domino/Deo gratia.
  • Salvatoris hodie, de Perotin.
  • Quod promisit ab eterno (conductus) ... Crucifigat omnes (prosula), conductus con prosula pola toma de Xerusalén polos musulmáns en 1187, Códice de Las Huelgas.
  • Verbum patris humanatur.

Conductus a catro voces

  • Mundus vergens in defectu, crítica social da Francia do s. XII, atribuído a Perotin.
  • Vetus abit litera.
  • Ave nobilis venerabilis.

Conductus sen cauda

  • Deus in adjutorium.

Conductus con cauda

  • Austro terris influente (conductus), a parte Minor natu filius (cauda).
  • Congaudeant catholici, a parte Die ista é a cauda, 1160, de Albertus Parisiensis de Notre Dame.
  • O tocius Asie.
  • Beata viscera, presenta caudae xunto a un refrán.
  • Ave María, a dúas voces do manuscrito de Florencia, presenta caudae no inicio e final do conductus.

Conductus de procesión

  • Resonet nostra domino caterva, conductus de procesión, Santiago de Compostela — vésperas de Santiago, Códice Calixtinus (s. XII), anónimo.
Resonet nostra domino caterva,
Corde iocundo
...
Que resone, para o Señor, o nos coro,
Con corazón alegre.
...

Conductus para enxalzar As Cruzadas

  • Anni favor jubilei, enxalza a III Cruzada.

Conductus lamento

  • Deus misertus, Lamentos sobre a política de Francia.
  • Mentem Meam, pola morte do Conde Berenguer IV.

Outros

  • Ave virga decoris incliti, conductus polifónico, Worcester College 3.16, Oxford
  • Cantu mirro, summa laude, conductus polifónico.
  • Crucifigat omnes, do Códice de Las Huelgas.
  • Dum sigilium summi patris, conductus polifónico a dúas voces, de Perotin
  • Exultemus et letemur, conductus polifónico.
  • Fulget nicolaus, conductus polifónico.
  • Gaudens in domino, lendas de San Nicolás.
  • In rosa primula, conductus polifónico.
  • Mater Dei, Londres Lambeth Palace 457, conductus polifónico.
  • Mater ora filium, conductus polifónico.
  • Minor natu filius, conductus polifónico.
  • Mundum renovavit, conductus polifónico del Manuscrito Wolfenbüttel 1099 (W2).
  • Nicholai presulis, conductus polifónico.
  • Nicholaus pontifex, conductus polifónico.
  • Novus presul prodiit, conductus polifónico.
  • Omnia beneficia gaudia generancia, conductus polifónico.
  • Paradisi porta, conductus polifónico.
  • Pia mater, conductus polifónico, manuscrito de Florencia.
  • Posui adiotorum, Aleluya, conductus polifónico a tres voces, de Perotin.
  • Presul nostri, s. XV, da Herzog August Bibliothek de Wolfenbüttel, Alemaña, Bibl. 667, 65
  • Salvatoris odie, conductus polifónico a tres voces, de Perotin.
  • Sederunt, conductus polifónico a catro voces, de Perotin.
  • Sponsa Dei, conductus polifónico, catedral de Worcester, Librería Adicional 68.
  • Vi mundos a scandalis, conductus polifónico.
  • Viderunt omnes, Leonin, conductus polifónico a catro voces.

Discografía editar

  • Legends of St. Nicholas, Medieval Chant & Polyphony de Anonyme IV, Harmonia Mundi
  • Leonin / Perotin: Sacred Music from Notre-Dame Catedral, Naxos Classical Series: Early Music Collection, Catalogo No: 8.557340, Barcode: 747313234028
  • Duce Creature, Motets, rondels et conduits du XIIIe siècle de provenance anglaise Ensemble De Caelis, Laurence Brisset, dir., Studio SM, París, 2000
  • Compostella — Ad Vesperas Sancti Iacobi : Codex Calixtinus XIIe siècle — conductus processionis: Resonet nostra domino caterva, Compositor: Anónimo (Classical), Featuring: Ensemble Organum, Record Label: Naive/Ambroisie
  • Paris Expers Paris - École de Notre-Dame, 1170-1240, Diabolus in Musica, Antoine Guerber, Alpha Productions.
  • Haec Dies, Easter at Notre Dame Paris, c1220; Les Six, MD3144, Move
  • El Códice de las Huelgas (ss. XII–XIV). Coro de monxas do mosteiro de las Huelgas. Atrium Musicae.
  • La Bele Marie: Songs to the Virgin from 13th-Century, CD de son (13 de agosto de 2002), SPARS Code: DDD, Label: Harmonia Mundi Fr., ASIN: B00006ALAG

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Anglés, Higinio (1935). El Códex Musical de las Huelgas. Música a veus dels segles XIII-XIV. 3 vols. Institut d'Estudis Catalans, Barcelona. 
  • Honolca, Kurt e outros (1970). Historia de la música. EDAF. 
  • Diccionario Enciclopédico Ilustrado Larousse. Plaza & Janes. 1979. 
  • Sadie, Stanley (1980). The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Macmillan Publishers Ltd, Londres. ISBN 1-56159-174-2. 
  • Fernández de la Cuesta, Ismael (1980). Manuscritos y fuentes musicales en España. Edad Media. Alpuerto, Madrid. ISBN 84-381-0029-5. 
  • Anderson, Gordon Athol (1982). The Huelgas Manuscript, Burgos, Monasterio de Las Huelgas, 2 vols., Corpus Mensurabilis Musicæ 79, American Institute of Musicology, Neuhausen-Stuttgart. Contén a transcrición en notación moderna. Hänssler-Verlag. 
  • Fernández de la Cuesta, Ismael (1983). Historia de la música española. Vol 1. Desde los orígenes hasta el ars nova. Alianza Editorial, Madrid. ISBN 84-206-8501-1. 
  • Rubio, Samuel (1983). Historia de la música española. Vol 2. Desde el Ars Nova hasta 1600. Alianza Editorial, Madrid. ISBN 84-206-6474-X. 
  • Caldwell, John (1991). La música medieval. Alianza Música. ISBN 84-206-8518-6. 
  • Everist, Mark (2000). Reception and Recomposition in the Polyphonic conductus cum caudis: The Metz Fragment. Journal of the Royal Musical Association 125: 135-63. 
  • Hoppin, Richard H. (2000). La música medieval. AKAL música. ISBN 84-7600-683-7. 
  • Asensio Palacios, Juan Carlos (2001). El Códice de Las Huelgas. Alpuerto e Fundación Caja Madrid. Madrid. ISBN 84-381-0314-x. 
  • Monophonic Tropes and conductus of W,1 xxxi + 38 pp. Charles M. Atkinson e Jann Cosart, M 38. 2007. ISBN 0-89579-622-8. 
  • The conductus Collections of Ms Wolfenbüttel 1099. Ethel Thurston. 
  • Kühn, Clemens. Historia de la composición musical, en ejemplos comentados. Idea Musica, Idea books. 
  • Donald J. Grout e Claude V. Palisca. Historia de la música occidental, V1. Alianza Editorial. 
  • De Garlandia, Johannes (1978). De mensurabili musica. Reimer e Coussemaker. 
  • De Colonia, Franco. Ars cantus mensurabilis. Coussemaker, CSM, xviii. 
  • Knapp, Janet (2005). Conductus, Grove Music Online. L. Macy. 
  • Early English Harmony. H.E. Woolddrigge, Londres. 1897. 

Ligazóns externas editar