Homo sapiens afer

Homo sapiens afer
Clasificación científica
Especie: Homo sapiens (clasificación obsoleta)

O Homo sapiens afer é un taxón obsoleto inventado polo naturalista sueco Carl von Linnaeus en 1758 no seu libro Systema naturae [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]. Designou unha subespecie do Homo sapiens.

Este taxón xa non se utiliza hoxe en día en zooloxía. O consenso científico actual rexeita en todo caso a existencia de argumentos biolóxicos que poidan lexitimar unha clasificación científica interna da especie humana segundo criterios morfolóxicos ou culturais.[8] [9] [10]

Histórico editar

Orixes editar

En 1684, o filósofo francés François Bernier publicou un intento teórico de dividir a especie humana en razas co artigoNouvelle Division de la Terre par les différentes Espèces ou races d’homme qui l’habitent, envoyé par un fameux Voyageur à M. l’abbé de la *** à peu près en termes no Journal des savants. Segundo el habería catro razas, sendo unha delas o pobo saami e dividindo en tres razas os demais humanos de todos os continentes.[11]

En 1735, o naturalista Carl von Linné publicou Systema naturae, a súa obra principal na que expuxo o seu método de clasificación da natureza. Alí divide os humanos en cinco especies, a saber, Homo africanus niger, Homo americanus rubescens, Homo asiaticus fuscus e Homo europeanus albescens.[12]

Homo africanus niger é o primeiro taxón que agrupa os africanos. Polo tanto, é un prototipo de Homo sapiens afer. Linneo fixo cambios na súa clasificación sobre as novas edicións de Systema naturae.

Aparición editar

En 1758, na 10ª edición de Systema naturae, fixo dos humanos unha única especie, Homo sapiens, dividida en varias subespecies. Cada unha delas caracterízase por unha zona xeográfica, unha cor de pel e un comportamento. Entre eles está o Homo sapiens afer que é descrito por Linneo, desde unha perspectiva racista, como «flemático, de pel escura, lento, relaxado e descoidado».[13][14]

En 1825, o naturalista francés Jean-Baptiste Bory de Saint-Vincent presentou a súa propia clasificación da humanidade. Os pobos da África subsahariana están representados alí polas especies Homo aethiopicus, Homo cafer e Homo hottentotus.[15]

Posteridade editar

O taxón Homo sapiens afer xa non se emprega.[16] A teoría racista está desbotada polo consenso científico.[17] O falso taxón Homo africanus aínda é empregado ás veces para referirse aos africanos ou Homo sapiens, para salientar as súas orixes africanas,[18] [19] mais é criticado o termo por prexuizoso, estereotipado e sen rigor, sendo confundido ás veces co homo australopithecus africanus.[20][21]

Notas editar

  1. Schopf, J. William (1992). Major Events in the History of Life (en inglés). Jones & Bartlett Learning. ISBN 978-0-86720-268-7. 
  2. "taxon-P399799". mindat.org. 
  3. "Homo sapiens afer". mineralienatlas.de. 
  4. "Who_is_the_type_of_Homo_sapiens?". Researchgate.net (en inglés). 
  5. "Taxon Positions". taxonomicon.taxonomy.nl. 
  6. "Homo sapiens subsp. afer Linnaeus, 1758, subspec. nov. - Plazi TreatmentBank". treatment.plazi.org (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  7. "TanxonInfo". fossilworks.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2021. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  8. Wagner, Jennifer K.; Yu, Joon-Ho; Ifekwunigwe, Jayne O.; Harrell, Tanya M.; Bamshad, Michael J.; Royal, Charmaine D. (2017-02). "Anthropologists' views on race, ancestry, and genetics: WAGNER et al.". American Journal of Physical Anthropology (en inglés) 162 (2): 318–327. PMC 5299519. PMID 27874171. doi:10.1002/ajpa.23120. 
  9. Alberto Piazza, « Un concept sans fondement biologique », Aux origines de la diversité humaine - la science et la notion de race, 30/09/1997, La Recherche (en francés)
  10. "AABA Statement on Race & Racism". physanth.org. Consultado o 2023-02-18. 
  11. Skott, Christina (2019-08). "Human Taxonomies: Carl Linnaeus, Swedish Travel in Asia and the Classification of Man". Itinerario (en inglés) 43 (2): 218–242. ISSN 0165-1153. doi:10.1017/S016511531900024X. 
  12. Skott, Christina (2019-08). "Human Taxonomies: Carl Linnaeus, Swedish Travel in Asia and the Classification of Man". Itinerario (en inglés) 43 (2): 218–242. ISSN 0165-1153. doi:10.1017/S016511531900024X. 
  13. m'intéresse, l'équipe Ça (2020-12-16). "A quoi servaient les "races" humaines ?". Ça m'intéresse (en francés). Consultado o 2023-02-18. 
  14. "Linnaeus : nature and nation". WorldCat.org (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  15. "Cairn.info; Revue mondes 1-2013". ISSN 2261-6268. 
  16. "Human races - a race against what is understood legally especially about homo sapiens". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2015-01-28. Consultado o 2023-02-18. 
  17. Marks, Jonathan (2007-05). "Long shadow of Linnaeus's human taxonomy". Nature (en inglés) 447 (7140): 28–28. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/447028a. 
  18. "L'"Homo africanus" est-il irrationnel ? : entretien avec Philippe Hugon- fdi:37930- Horizon". www.documentation.ird.fr. Consultado o 2023-02-18. 
  19. "Homo africanus". L'Orient-Le Jour. 1997-04-05. Consultado o 2023-02-18. 
  20. "RACIAL_STEREOTYPING_OF_HOMO_SAPIENS_AFRICANUS_A_REVIEW_OF_ITS_MYTH_AND_IMPACT_ON_DEVELOPMENTAL_CAPACITY". Researchgate.net (en inglés). 
  21. "Homo africanus;". Encyclopedia.com. Consultado o 2023-02-18. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar