Historia dos xudeus en Inglaterra
A historia dos xudeus en Inglaterra remóntase ao reinado de Guillerme o Conquistador. O primeiro rexistro escrito sobre un asentamento xudeu na historia de Inglaterra data de 1070. Os asentamentos continuaron ata que o rei Eduardo I de Inglaterra emitiu o Edicto de Expulsión en 1290.
Trala expulsión non quedaron comunidades xudías máis aló daqueles o practicaban en segredo, ata o goberno de Oliver Cromwell. Mentres que Cromwell nunca readmitiu formalmente aos xudeus na Mancomunidade de Inglaterra, unha pequena comunidade de xudeus sefardís foron identificados en Londres e recibiron permiso para quedar alí.
O acta de naturalización xudía de 1753, supuxo un intento de legalizar a presenza en Inglaterra[a] que durou tan só uns poucos meses. Os historiadores sitúan a data da emancipación xudía entre 1829 ou 1858, cando Benjamin Disraeli, nado xudeu pero converso ao anglicanismo, foi elixido no Parlamento en 1837. Por insistencia do líder irlandés Daniel O'Connell, a lei de 1846 coñecida como "De Judaismo", que prescribía a vestimenta dos xudeus, quedou abolida.[1] Debido a ausencia de violencia antisemita en Gran Bretaña durante o século XIX, o país adquiriu fama da súa tolerancia relixiosa e atraeu un número significativo de inmigrantes de toda Europa. Entre as décadas de 1930 e 1940, algúns xudeus europeos escolleron Inglaterra para fuxir dos nazis do Terceiro Reich.
Os xudeus tiveron que afrontar os estereotipos e antisemitismo en Gran Bretaña, moitas veces "acompañado da xermanofobia", o que levou a moitas familias a anglicizar os seus apelidos para evitar que pareceran demasiado alemáns.[b][2]
Na actualidade hai case 300 000 xudeus británicos, e Inglaterra contén a segunda maior poboación xudía de Europa e a quinta a nivel mundial.[3]
Inglaterra normanda, 1066-1290Editar
- Artigo principal: Historia dos xudeus en Inglaterra (1066-1290).
Non hai evidencias de xudeus residentes en Inglaterra antes da conquista normanda. As poucas referencias nas leis da igrexa anglosaxoa son relativas ás prácticas xudías sobre a Pascua. William of Malmesbury afirmou que Guillerme o Conquistador trouxo con el xudeus de Rouen ata Inglaterra. O obxectivo do rei pode deducirse: a súa política de recadar as débedas feudais precisaba dun grupo de homes repartidos polo país que fosen capaces de proporcionar grandes sumas de cartos.[4]
NotasEditar
- ↑ Escocia estaba baixo a xurisdición do acta, pero a rexeitou ao ano seguinte.
- ↑ Esta decisión non foi exclusiva dos xudeus. A Familia Real tamén mudou o seu apelido Saxonia-Coburgo e Gotha por Windsor durante a primeira guerra mundial por mor disto.
- ↑ Jewish Ireland. Jewishireland.org
- ↑ James Ciment, Thaddeus Russell (eds.), The Home Front Encyclopedia, Volume 1, ISBN 1576078493, p. 236
- ↑ "London Jewish Museum reopens after major face-lift". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2020. Consultado o 05 de xuño de 2018.
- ↑ "England" Jewish Encyclopedia (1906)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia dos xudeus en Inglaterra |
BibliografíaEditar
- Carlos, Ann M., Karen Maguire, e Larry Neal. "‘A knavish people…’: London Jewry and the stock market during the South Sea Bubble." Business History (2008) 50#6 pp: 728–748.
- Endelman, Todd M. The Jews of Britain, 1656 to 2000 (Univ of California Press, 2002)
- Godley, Andrew. Jewish Immigrant Entrepreneurship in New York and London, 1880–1914 (2001)
- Green, Joseph. A social history of the Jewish East End in London, 1914–1939: a study of life, labour, and liturgy (Edwin Mellen Press, 1991)
- Julius, Anthony. Trials of the Diaspora: A History of Anti-Semitism in England (Oxford University Press; 2010) 811 pages; Examines four distinct versions of English anti-Semitism, from the medieval era (including the expulsion of Jews in 1290) to what is argued is anti-Semitism in the guise of anti-Zionism today.
- Katz, David S. The Jews in the History of England, 1485–1850 (Oxford: Oxford University Press, 1994) xvi, 447 pp.
- Katz, David S. Philo-Semitism and the Readmission of the Jews to England, 1603–1655 (Oxford: Oxford University Press, 1982) x, 286 pp.
- Lipman, Vivian David. Social history of the Jews in England: 1850–1950 (1954)
- Mundill, Robin R. (2002). "England's Jewish Solution". Cambridge, United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-52026-3. OL 26454030M.
- Pollins, Harold. Economic history of the Jews in England (Fairleigh Dickinson University Press, 1982)
- Rabin, Dana Y. "The Jew Bill of 1753: Masculinity, virility, and the nation." Eighteenth-century studies (2006) 39#2 pp: 157–171.
Outros artigosEditar
Este artigo sobre xudaísmo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |