Hilary Duff
Hilary Erhard Duff, nada en Houston (Texas) o 28 de setembro de 1987, é unha actriz, cantante, modelo e deseñadora de moda estadounidense.
Hilary Duff | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Hilary Erhard Duff |
Alcume/outros | Hil |
Nacemento | 28 de setembro de 1987 |
Lugar | Houston |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Pai | Robert Erhard Duff |
Nai | Susan Colleen Cobb |
Cónxuxe(s) | Mike Comrie |
Profesión | actriz, actriz de televisión, actriz de cinema, cantante, modelo, cantautora, compositora, produtora, novelista, actriz de dobraxe, música, emprendedora, empresaria, produtora musical, escritora, deseñador de moda, produtor, deseñadora e artista discográfico |
Na rede | |
http://hilaryduff.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou no mundo do espectáculo facendo teatro e actuando en distintas series e películas de éxito mediano. No ano 2001 adquiriu fama e popularidade ao protagonizar a serie de televisión Lizzie McGuire de Disney Channel. Participou en distintas películas coma a saga Cheaper by the Dozen, Unha cincenta moderna e The Lizzie McGuire Movie.
No ano 2002 debutou como cantante e ampliou o seu repertorio dentro da música pop con álbums multi-platino como: Metamorphosis (2003), Most Wanted (2005) e Dignity (2007), e ata o día de hoxe vendeu 22 millóns de álbums a nivel mundial.[Cómpre referencia]
O emporio de Hilary Duff comprende non soamente películas e álbums de éxito mundial, senón tamén unha liña de roupa, Stuff By Hilary Duff, a súa propia liña, Femme for DKNY. Tamén lanzou a súa propia fragrancia en 2007, With Love... Hilary Duff cunha nova versión en 2008, Wrapped With Love, baixo o selo Elizabeth Arden.
En 2010 debutou como autora literaria e publicou o seu primeiro libro: Elixir.