Herbert Rey Willisch

futbolista español

Herbert Rey Willisch, nado en Ribeira o 13 de marzo de 1987, é un futbolista galego. É un xogador zurdo, que se desenvolve como mediapunta ou extremo por ambas as bandas. O seu club actual é o Montañeros, da Preferente.

Herbert
Información persoal
Nome Herbert Rey Willisch
Nacemento 13 de marzo de 1987 (37 anos)
Lugar de nacemento Ribeira
Altura 1,69 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Montañeros
Número 22
Carreira xuvenil
2005–2006 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2009 Fabril 37 (0)
2009–2012 Montañeros 88 (12)
2012–2015 Cerceda 108 (15)
2015–2018 Boiro 77 (6)
2018–2019 Montañeros 32 (9)
2019–2021 Fisterra 53 (6)
2021– Montañeros 7 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de agosto de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido en Ribeira, ten ascendencia alemá por parte materna, pois seu bisavó, por quen recibiu o seu nome,[1] era o alemán Herbert Willisch, que se instalara en 1926 en Galicia, onde rexentou talleres de barcos e motores.[2]

Aos 4 anos trasladouse coa súa familia á Coruña, e tras coñecer a Rubén Rivera, uniuse a el nas filas do Montañeros, en idade benxamín.[3] Na categoría alevín pasou a formar parte do Deportivo da Coruña, co que disputou o Campionato Nacional de Fútbol 7 de Brunete organizado pola Cadena SER e Canal+. Subiu polas diferentes categorías inferiores do club ata chegar ao filial, da Terceira División, co que logrou o ascenso á Segunda División B na tempada 2006/07. Xogou dúas campañas máis co Fabril na categoría de bronce, disputando na primeira delas a fase de ascenso a Segunda División. No filial branquiazul coincidiu con xogadores como Fabricio, Mackay, Bergantiños, Laure, Pita, Rochela, Diego Seoane ou Juan Domínguez.

Tralo descenso do Fabril de novo a Terceira en 2009, volveu ao Montañeros, tamén de 2ª B, onde permaneceu tres tempadas. Alí coincidiu con varios dos seus antigos compañeiros da súa etapa branquiazul, como Jorge Cano, Rubén Rivera, Iago Iglesias ou Manuel Romay.

En 2012, despois do descenso e desaparición do equipo sénior do Montañeros, asinou polo Cerceda, da Terceira División. Tras un primeiro ano algo irregular, onde o equipo non acadou as expectativas creadas, o equipo sufriu unha revolución en forma de altas e baixas de xogadores, pero Herbert decidiu continuar no novo proxecto. Nas dúas seguintes tempadas o equipo logrou meterse na fase de ascenso a Segunda División B, onde o xogador tivo un papel relevante. Na súa segunda tempada como integrante do Cerceda foi nomeado mellor xogador do grupo I da Terceira División.

En 2015 fichou polo Boiro, tamén de Terceira, trala marcha do seu adestrador José Luis Lemos ao mesmo equipo, ao que tamén se incorporou o seu compañeiro Cano.[4] Co equipo de Barbanza logrou o ascenso a Segunda B e a permanencia ao ano seguinte, pero o equipo foi descendido por motivos económicos.

En 2018 deixou Boiro e regresou ao Montañeros, que volvía contar con equipo sénior.[5] Xogou co club coruñés na Preferente, disputando 33 partidos e marcando 9 goles. En 2019 pasou ao fútbol da Costa da Morte, fichando polo Fisterra, da mesma categoría,[3] club co que conseguiu esa mesma tempada o ascenso á Terceira División. Militou dous anos no equipo, disputando 56 partidos, cun balance de 7 goles.

En agosto de 2021 iniciou a súa cuarta etapa no Montañeros, de novo en Preferente.[6] Con todo, só puido disputar 7 partidos, nos que marcou 3 goles, pois en novembro sufriu unha lesión contra o Ribadeo que o afastou durante os terreos de xogo durante meses e o obrigou a pasar polo quirófano.[7]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Ferreiro, José Manuel (3 de decembro de 2013). "«Estar invictos nos motiva y ahora, al ser líderes, mucho más»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  2. Seixas, Manuel (1999). "Os alemáns en Arousa". Revista Bravú (2). 
  3. 3,0 3,1 Veiga, Laura; G., A. (19 de agosto de 2019). "Herbert Willisch: «Tenemos que empezar a jugar juntos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  4. Ferreiro, José Manuel (27 de xuño de 2015). "Herbert y Cano dejan Cerceda y se van con Lemos al Boiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  5. "Herbert - Montañeros At.Coruña :: Fútbol de Galicia ::". www.lapreferente.com. Consultado o 2018-10-18. 
  6. "Confirmada la llegada del atacante Herbert". DxT Campeón (en castelán). 8 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  7. Pereira, Eder (20 de abril de 2022). "Herbert (Montañeros), operado con éxito de su lesión en el tobillo". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.