Henry Fox Talbot
William Henry Fox Talbot, nado o 11 de febreiro de 1800 en Melbury, Dorset e finado o 17 de setembro de 1877 en Lacock, Wiltshire, foi un inventor e fotógrafo pioneiro británico que inventou o proceso do calotipo, un precursor dos procesos fotográficos dos séculos XIX e XX. Talbot foi tamén un destacado fotógrafo que realzou grandes contribucións ao desenvolvemento da fotografía como un medio artístico. O seu traballo nos anos 1840 na reprodución fotomecánica levou á creación do proceso de gravación fotoglífico, o precursor do fotogravado. Talbot tamén é recordado como o titular dunha patente que, dalgún xeito, afectou ao desenvolvemento inicial da fotografía comercial no Reino Unido. Ademais, realizou algunhas das primeiras fotografías importantes de Oxford, París, Reading e York.
Henry Fox Talbot | |
---|---|
![]() Fox Talbot, por John Moffat, 1864. | |
Nome completo | William Henry Fox Talbot |
Nacemento | 11 de febreiro de 1800 |
Melbury, Dorset ![]() | |
Falecemento | 17 de setembro de 1877 |
Lacock, Wiltshire ![]() | |
Educación | Harrow School e Trinity College |
Cónxuxe | Constance Fox Talbot |
Fillos | Charles Henry Talbot, Ella Talbot, Rosamond Constance Talbot e Matilda Caroline Talbot |
[ editar datos en Wikidata ] |