Henk Wolf
Hendrikus Abraham Ytsen (Henk) Wolf, nado en Utrecht o 25 de febreiro de 1973, é un lingüista, tradutor e escritor frisón.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Utrecht, Países Baixos ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lingüista ![]() |
Traxectoria
editarÉ profesor de lingüística e frisón na Universidade NHL[1]. As súas publicacións lingüísticas tratan principalmente das relacións entre sintaxe e sociolingüística, a orde dos constituíntes en frisón, cambio lingüístico. Tamén publica columnas de divulgación lingüística en Frysk Deiblêd, Pompeblêden e Doar e presentou en Omrop Fryslân os programas Praat mar Frysk e Skriuw mar Frysk [2]. Wolf escribe tamén sobre e en frisón setentrional, participou no método de aprendizaxe Snååk Frasch realizado pola Fryske Akademy e Afûk e que inclúe un libro mais un vocabulario frisón occidental/frisón setentrional. En 2006 publicou unha colleita de relatos humorísticos, Wûnderaardichheden e unha novela, tamén de ton humorístico, Youmir, Soan fan in Túnslang.
O 5 de abril de 2015 sufriu un accidente de tránsito no seu jeep mentres conducía entre Aldegea e Garyp cando unha galiñola negra pasou voando e feriuno co peteiro no pé e no ollo dereito. Tras unha operación os médicos dixéronlle que ía quedar cego do seu ollo dereito, pero ao cabo dun mes comezou a ver zonas de luz. A súa experiencia neste accidente e na súa rehabilitación contouna no libro en neerlandés Een meerkoet in mijn oog[3].
Obra
editar- 2005 – De Fizioenen fan Mary (tradución da novela de Dean Koontz, The Vision)
- 2006 – Youmir, Soan fan in Túnslang
- 2006 – Wûnderaardichheden
- 2016 - Een meerkoet in mijn oog
- 2018 - Basisboek syntaxis
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial
- "Is it Frysk âlder as it Nederlânsk?" Vídeo divulgativo realizado por Henk Wolf para a súa canle de Youtube (en frisón)
Notas
editar- ↑ Segundo o sistema educativo neerlandés a NHL está rexistrada como unha universidade de ciencias aplicadas NHL Stenden Arquivado 03 de xuño de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ "Wolf, Henk" Sirkwy.nl
- ↑ "Henk Wolf syn boek oer bizar ûngelok is no al útferkocht". Omrop Fryslân, 17 de novembro de 2016