Afûk é unha fundación cultural frisoa con sede en Ljouwert que traballa na difusión da lingua e da cultura frisoa fundada en 1928 co nome de Algemiene Fryske Underrjocht Kommisje.

Afûk
Tipoinstitución cultural
Data de fundación1924
Localización
EnderezoBoterhoek 3, 8911 DH Leeuwarden
EnLeeuwarden
PaísPaíses Baixos
53°12′13″N 5°47′28″L / 53.20357222, 5.79118611
Na rede
http://afuk.frl
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

A Afûk naceu o 25 de abril de 1928 presidida por Douwe Kalma e organizada por diversas asociacións culturais frisoas para o ensino do frisón na escola, onde se podía cursar como materia optativa fóra das horas lectivas, e para dar clasee a adultos que quixesen ser ensinantes de frisón, por ese motivo a organización estaba baixo supervisión do Consello Escolar Provincial. A partir de 1937 permitiuse o ensino optativo do frisón dentro do ensino regrado polo que a Afûk deixou de dar clases aos nenos, centrándose en organizar cursos para adultos coñecidos como Folk en Gealeargongen foar Folwoeksenen e progresivamente ampliou as súas actividades.

Entre as tarefas da organización está o mantemento dunha librería onde se venden libros en frisón e sobre Frisia e a cultura frisoa, a edición de libros mediante dous selos editoriais, Afûk onde se editan libros infantís, xuvenís e educativos e Utjouwerij Fryslân que edita literatura frisoa. Tamén publica as revistas De Moanne de contido xeral e De Pompeblêden dedicada ao ensino, á literatura infantil, á política lingüística e á lingua frisoa. Tamén mantén plataformas para o ensino do frisón en Internet mediante Edufrysk e Freemwurk. Tamén se encarga de desenvolver o proxecto Volangteers, un programa europeo para o desenvolvemento de linguas minorizadas a estudantes estranxeiros, e que xunto con Frisia está implantado tamén en Galicia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.