Heinz Hoyer

escultor e deseñador de selos e moedas alemán

Heinz Hoyer, nado en Elxleben, provincia de Dobrich, o 10 de xaneiro de 1953, é un escultor, deseñador e gravador de medallas, moedas alemán.

Heinz Hoyer
Heinz Hoyer coa súa esposa,
Sneschana Russewa-Hoyer.

Nacemento18 de xuño de 1949.
  Elxleben, Turinxia.
Alemaña Alemaña
ÁreaDeseño e gravado de moedas, medallas e selos.
NacionalidadeAlemaña Alemán.
CónxuxeSneschana Russewa-Hoyer
Sinatura
Marca de gravador (HH) nunha moeda de 2 euros alemá.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Heinz Hoyer cursou estudos superiores de Escultura na Academia de Arte Weißensee de Berlín, entre 1970 e 1975.[1][2] Alí coñeceu a artista búlgara Sneschana Russewa, estudante de Deseño Gráfico, con quen casou 1976.

A partir de 1977, Hoyer traballou como artista independente entre Bulgaria e Berlín, e en 1980 a parella instalouse definitivamente na República Democrática Alemá, onde Heinz comezou a traballar como deseñador de selos e moedas, ás veces en común coa súa muller e noutras ocasións de xeito independente. A partir de 1983, Heinz Hoyer comezou a impartir docencia na Academia Weißensee.[1][2]

Entre 1983 e 1990, Heinz Hoyer deseñou 13 moedas conmemorativas da RDA, 12 delas xunto a súa muller Sneschana. Logo da reunificación alemá, Hoyer continuou a encargarse do deseño dalgunhas moedas conemmorativas da nova Alemaña unificada e, logomda creación da Eurozona, o matrimonio Hoyer foi elixido tamén polo Bundesbank para deseñar o anverso nacional das moedas alemás do euro con valores de un e de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002. Igualmente, de xeito individual, Heinze Hoyer encargouse do deseño dunha boa cantidade de moedas conmemorativas do sistema do euro.[1][3]

Escolma de obras editar

Selos editar

Moedas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Steguweit, W. (2014).
  2. 2,0 2,1 "Heinz Hoyer". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst.
  3. Serie de moedas deseñadas por Heinz Hoyer. Numista.com
  4. "1 Euro". Numista.com
  5. "100 Euro Soccer World Cup". Numista.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar