Heikki Häiväoja

escultor, medallista e deseñador de moeda finlandés

Heikki Häiväoja, nado en Jämsä o 25 de maio de 1929 e finado en Kauniainen o 15 de setembro de 2019, foi un escultor, artista visual, medallista e deseñador de moedas finlandés.

Heikki Häiväoja
Nome completoHeikki Aulis Häiväoja
Nacemento25 de maio de 1929.
  Jämsä.
Finlandia Finlandia
Falecemento15 de setembro de 2019 (90 anos)
  Kauniainen.
Finlandia Finlandia
ÁreaEscultura, artes visuais e deseño de moedas.
EducaciónEscola Industrial de Arte.
Academia Finlandesa de Belas Artes.
NacionalidadeFinlandia Finlandés.
CónxuxePaula Häiväoja (1ª) e Brita Nickels (2ª).
FillosJohanna Häiväoja e Kasimir Häiväoja.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Escultura Vuorovaikutus ("Interacción"), de Heikki Häiväoja, no vestíbulo do Centro Cultural Finlandés-Sueco en Espoo.

Heikki Häiväoja recibiu a súa formación artística na Escola Industrial de Arte de Helsinqui entre 1947 e 1950, e posteriormente na Academia Finlandesa de Belas Artes, no curso 1950-1951.[1][2]

Posteriormente exerceu tamén a docencia nestas dúas institucións; na Escola Industrial de Arte entre 1958 e 1970, e na Academia de Belas Artes de 1977 a 1984.

A partir da súa primeira peza exposta en 1950, ao longo da súa carreira creou centos de esculturas, desde pequenas estatuíñas de pedra e medallas de bronce, sobre todo na década de 1960, ata grandes instalacións de pedra máis adiante.[3] Entre os seus monumentos destaca o dedicado aos veteranos de guerra en Jyväskylä e tamén o que representa unha muller que viviu durante a guerra en Kallio, Helsinqui.[4] Na década de 2000 o seu traballo centrouse na realización de monumentos funerarios e outras conmemoracións.[5][6]

A súa obra escultórica foi obxecto de diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, en países como Suecia, os Países Baixos, Alemaña, Polonia, Dinamarca, Brasil, Mónaco, Italia e Bélxica.[1]

Häiväoja, que xa tiña experiencia como creador de moedas do sistema do marco finlandés durante as décadas de 1960 e de 1970, foi elixido polo Banco de Finlandia para deseñar o anverso nacional común a toda a serie divisionaria de moedas de céntimos de euro, desde a dun céntimo ata a de 50 céntimos, que comezaron a emitirse en 2002.[7]

Heikki Häiväoja foi membro de diversas entidades académicas e asociativas, como a Asociación de Escultores de Finlandia, a Asociación de Artistas de Jyväskylä, a Asociación de Artistas de Vantaa e o Gremio Finlandés da Medalla de Arte.[1]

Recoñecementos editar

Pola súa traxectoria artística recibiu as seguintes honras no seu país:[1]

  • (1981): Medalla Pro Finlandia, da Orde do León de Finlandia.
  • (1996): Orde da Rosa Branca de Finlandia, primeira clase.
  • (1997): Medalla da Honrra Militar.
  • (1999): Cruz ao Mérito dos Veteranos de Guerra.

Vida persoal editar

Heikki Häiväoja estivo casado coa artista de moda Martta Virtanen e en segundas nupcias coa doutora en teoloxía Brita Nickels, e tivo un fillo e unha filla.[1]

Häiväoja finou o 15 de setembro de 2919 no Hospital Kaunial de Kauniainen, aos 90 anos.[8][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Curriculum Vitae". Suomen Taiteilijaseura / Artists' Association of Finland (o CV só dispoñible na versión finesa).
  2. "Häiväoja, Heikki". Uppslagsverket.fi
  3. "Heikki Häiväoja". Artists' Association of Finland.
  4. 4,0 4,1 "Jämsän Seutu: Taiteilija Heikki Häiväoja on kuollut". En Yle. 17 de setembro de 2019.
  5. Nickels, B. (2006). Grave sculpture as interpreter of life and death. Grave sculptures done by Heikki Häiväoja, Kain Tapper and Matti Peltokangas 1952-2002. ISBN 952-10-3407-6
  6. "Häicäoja Heikki Aulis". Suomen Kuvataiteiteilijat.
  7. Serie de moedas deseñadas por Heikki Häiväoja. Numista.com
  8. Esquela funeraria. https://hs.mediadelivery.fi

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar