Hyman Arluck, nado en Buffalo o 15 de febreiro de 1905 e finado en Nova York o 23 de abril de 1986, foi un compositor estadounidense coñecido como Harold Arlen, que creou máis de cincocentas cancións. Entre elas destaca o clásico de The Wizard of Oz "Over the Rainbow" (1939), elixida como a canción número un do século XX pola Recording Industry Association of America (RIAA) e o National Endowment for the Arts (NEA).[1][2]

Harold Arlen
Nome completoHyman Arluck
AlcumeHarold Arlen e Harold Arluck
Nacemento15 de febreiro de 1905
Lugar de nacementoBuffalo
Falecemento23 de abril de 1986
Lugar de falecementoNova York
SoterradoFerncliff Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterHutchinson Central Technical High School
Ocupacióncompositor, compositor de cancións, arranxador, produtor de cinema, cantante, pianista e compositor de bandas sonoras
CónxuxeAnya Taranda
PremiosPrêmio Grammy ao Curador, Óscar á mellor canción orixinal e Johnny Mercer Award
Na rede
http://www.haroldarlen.com
IMDB: nm0002182 IBDB: 11319
Spotify: 7MOUyX1yT017l1Zt0mExIA Last fm: Harold+Arlen Musicbrainz: 3508f3fd-3b18-493c-a362-376736bb6cde Discogs: 301975 Allmusic: mn0000060306 WikiTree: Arluck-1 Find a Grave: 4042 Genius: Harold-arlen Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Arlen naceu en Buffalo, Nova York, fillo dun cantante. O seu irmán xemelgo faleceu o día seguinte de nacer. Aprendeu a tocar o piano na súa mocidade, e xa de novo creo unha banda. Acadou certo éxito local como pianista e cantante antes de mudarse a Nova York cando tiña pouco máis de vinte anos. Alí traballou como acompañante musical de vodevil[3] e cambiou o seu nome polo de Harold Arlen. Entre 1926 e 1934 apareceu ocasionalmente como cantante en gravacións de The Buffalodians, Red Nichols, Joe Venuti, Leo Reisman e Eddie Duchin, habitualmente cantando as súas propias composicións.

En 1929, compuxo a súa primeira canción célebre, "Get Happy" (con letra de Ted Koehler). Ata mediados da década de 1930, Arlen e Koehler escribiron espectáculos para o Cotton Club, popular club nocturno de Harlem, así como para musicais de Broadway e Hollywood. A parella artística logrou éxitos como "Let's Fall in Love" e "Stormy Weather". Arlen continuou a actuar como pianista e cantante con certo éxito, especialmente en gravacións coa orquestra de Leo Reisman.

A mediados da mesma década, Arlen casou e aumentou o tempo que pasaba en California, escribindo musicais para o cinema, onde comezou a traballar co letrista E.Y. "Yip" Harburg. En 1938, o equipo foi contratado por Metro-Goldwyn-Mayer para compoñer as cancións para The Wizard of Oz, sendo a máis célebre delas "Over the Rainbow", pola que gañaron o Oscar á mellor canción orixinal. Tamén escribiron "Down with Love" (incluída no espectáculo de Broadway de 1937 Hooray for What!), "Lydia the Tattooed Lady", para Groucho Marx en At the Circus en 1939, e "Happiness is a Thing Called Joe", para Ethel Waters no filme de 1934 Cabin in the Sky.

Na década de 1940 uniuse co letrista Johnny Mercer, e continuou a obter éxitos como "Blues in the Night", "Out of this World", "That Old Black Magic", "Ac-Cent-Tchu-Ate the Positive", "Any Place I Hang My Hat Is Home", "Come Rain or Come Shine" e "One for My Baby (and One More for the Road)". Tamén logro outro triunfo para Judy Garland con "The Man That Got Away", escrita para a versión de 1954 do filme A Star Is Born.

Arlen faleceu de cancro no seu apartamento de Manhattan aos oitenta e un anos.[4][5]

Notas editar

  1. "Honors & Awards". Haroldarlen.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2012. 
  2. "New song list puts 'Rainbow' way up high – CNN". Archives.cnn.com. 7 de marzo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2009. Consultado o 7 de xuño de 2012. 
  3. Laurie, Joe, Jr. (1953). Vaudeville: From the Honky Tonks to the Palace. Nova York: Henry Holt. p. 328. ASIN B000NRYS3A. 
  4. Pace, Eric (24 de abril de 1986). "Harold Arlen, Composer of Song Standards". The New York Times. 
  5. "Come Rain or Come Shine". The New Yorker. 19 de setembro de 2005. ISSN 0028-792X. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar