Hans Bodo Wehr, nado o 5 de xullo do 1909 e finado o 24 de maio do 1981, foi un estudoso alemán da lingua árabe.[1] É recoñecido polo seu dicionario de árabe e o sistema de transliteración empregado nel. Foi membro do Partido Nazi.

Modelo:BiografíaHans Wehr
Nome orixinalHans Bodo Wehr
Biografía
Nacemento5 de xullo do 1909
Leipzig, Imperio Alemán
Morte24 de maio do 1981 (71 anos)
Münster, Alemaña do Oeste
País de nacionalidadeAlemá
EducaciónUniversidade de Leipzig
Actividade
Campo de traballoFiloloxía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónLingüista
Período de actividadeSéculo XX
EmpregadorUniversidade de Münster
Universidade de Greifswald (pt) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
AlumnosBrigitte Groneberg Editar o valor en Wikidata
LinguaAlemán
Obra
Obras destacables
Arabisches Wörterbuch für die Schriftsprache der Gegenwart

Traxectoria

editar

Wehr naceu en Leipzig no 1909. Estudou no gymnasium de Halle, e logo nas universidades de Halle, Berlín e Leipzig. Doutorouse no 1935 e obtivo a súa habilitation no 1939.[1]

Wehr uniuse ao Partido Nazi no 1940, e escribiu un ensaio defendendo que Alemaña debía aliarse cos árabes en contra de Inglaterra e Francia. Naquela época, comezou a traballar no seu dicionario árabe-alemán, para o que recibiu financiamento do goberno, dado que desexaban traducir o Mein Kampf ao árabe. Durante un tempo, Wehr tivo como asistente no proxecto á arabista xudía Hedwig Klein, que sería asasinada no campo de concentración de Auschwitz.[2]

O dicionario, titulado Arabisches Wörterbuch für die Schriftsprache der Gegenwart, saíu no 1952. Unha versión inglesa, A Dictionary of Modern Written Arabic, editada por J. Milton Cowan, publicouse no 1961.[1] O sistema de transliteración deseñado para o volume coñécese como sistema Hans Wehr. O dicionario non recoñece o traballo realizado por Klein na súa elaboración, agás un breve agradecemento.[2]

Wehr foi profesor na Universidade de Münster dende 1957 até a súa xubilación no 1974. Faleceu nesa mesma cidade no 1981.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Eisenstein, H. (1981). "Hans Wehr (5. Juli 1909 bis 24. Mai 1981)". Archiv für Orientforschung 28: 283–284. ISSN 0066-6440. 
  2. 2,0 2,1 "Hedwig Klein and "Mein Kampf": The unknown Arabist - Qantara.de". qantara.de (en inglés). 2018-04-07. Consultado o 2023-12-15.