O HLA-DP é un antíxeno receptor proteico/peptídico e un antíxeno da enfermidade de enxerto contra hóspede que está composto de dúas subunidades, DPα e DPβ. DPα e DPβ están codificadas en dous loci chamados HLA-DPA1 e HLA-DPB1, respectivamente, que se encontran na rexión do MHC de clase II (ou rexión HLA-D) do complexo do antíxeno leucocitario humano (HLA) do cromosoma 6 humano. Sábese menos do HLA-DP que do HLA-DQ e do HLA-DR, pero a secuenciación dos tipos de DP e a determinación dos haplotipos máis frecuentes avanzou moito nos últimos anos.

MHC de clase II, DP
(heterodímero)
Tipo de proteínaReceptor da superficie celular
FunciónRecoñecemento inmune e
presentación de antíxenos
Nome da subunidade Xene Locus cromosómico
α HLA-DPA1 Cromosoma 6p21.31
β HLA-DPB1 Cromosoma 6p21.31

Estrutura, función e xenética

editar

Estrutura

editar

O HLA-DP é un receptor da superficie celular heterodímero αβ. Cada subunidade DP (subunidades α e β) está composta dun dominio N-terminal α-helicoidal, unha folla β similar a unha Ig, un dominio que atravesa a membrana e un dominio citoplasmático. O dominio α-helicoidal forma as partes laterais do suco de unión para o péptido. As rexións en folla β forman a base do suco de unión e a maior parte da molécula, así como a rexión de unión (non covalente) entre as subunidades.

Función

editar

O nome 'HLA-DP' describía orixinalmente un antíxeno de transplantes da categoría do MHC de clase II do complexo maior de histocompatibilidade humano; porén, este antíxeno é un artefecto da era do inicio dos transplantes de órganos. O HLA DP funciona como receptor da superficie celular para antíxenos alleos propios. O sistema inmunitario vixía a presenza de antíxenos de patóxenos alleos que son presentados por receptores do MHC (como o HLA-DP). Os antíxenos do MHC de clase II atópanse en células presentadoras de antíxenos (macrófagos, células dendríticas e linfocitos B). Normalmente, esta células presentadoras de antíxenos "presentan" o conxunto receptor de clase II/antíxeno a gran parte das células T, cada unha das cales ten unha variante exclusiva do receptor de célula T (TCR). Unhas poucas variantes do TCR que recoñecen estes complexos DQ/antíxeno están nas células T CD4+. Estas células T, chamadas células T axudantes (Th), poden promover a amplificación das células B que recoñecen unha porción diferente do mesmo antíxeno. Alternativamente, os macrófagos e outros linfocitos citotóxicos fagocitan ou destrúen células por medio dunha sinalización apoptótica e presentan autoantíxenos. Os autoantíxenos, no contexto axeitado, forman unha poboación de células T reguladoras que protexe os tecidos propios do ataque inmune ou da autoinmunidade.

Xenética

editar

As cadeas α e β do DP están codificadas nos loci HLA-DPA1 e HLA-DPB1, respectivamente. Este agrupamento de xenes está localizado no extremo proximal (centromérico) do superlocus HLA na posición p21.31 do cromosoma 6 humano. Está en posición distal respecto dos loci HLA-DR e HLA-DQ e, polo tanto, está moito máis equilibrado que os outros loci HLA. No locus DP do complexo Súper B8 é máis frecuentemente substituído, sexa como resultado da súa distancia aos outros loci, ou sexa porque non foi activamente seleccionado na evolución do Súper B8.

Comprensión das isoformas DP heterodímeras

editar
Isoformas DP(αβ) dados un cromosoma 6 materno (m) e outro paterno (p)
HLA DPB1
alelo (m) (p)
DPA1 (m) αmβm (Cis m) αmβp (Trans)
(p) αpβm (Trans) αpβp (Cis p)
Resultado: 2 isoformas cis, αmβm & αpβp, e 2 trans, αmβp & αpβm.

Cada combinación de produto xénico do alelo DPA1 con cada combinación do produto do "xene" DPB1 podería recombinarse para producir unha isoforma. Os xenes DP son altamente variables na poboación humana. Nunha poboación típica hai moitos DP alfa e beta. A maioría das isoformas non son comúns.

Estas isoformas 'cis' supoñen polo menos o 50 % das isoformas DP. As outras, as isoformas trans, son normalmente máis raras, e son o resultado de combinacións 'trans' de haplotipos en individuos debido a isoformas de produtos xénicos paternos/maternos 'trans'.

Alelos

editar

Alelos HLA-DPA1

HLA-DPA1
*01 *02 *03 *04
*01:03
*01:04
*01:05
*01:06
*01:07
*01:08
*01:09
*01:10
*02:01
*02:02
*02:03
*02:04
*03:01
*03:02
*03:03
*04:01

Alelos HLA-DPB1

HLA-DPB1
*01 *01:01
*02 *02:01
*02:02
*03 *03:01
*04 *04:01
*04:02
*05 *05:01
*06 *06:01
*07 *07:01
*08 *08:01
*09 *09:01
*10 *10:01
DPB1*11:01 - DPB1*129:01

Cambio na momenclatura dos alelos HLA-DPB1

editar

Antes da actualización da nomenclatura de HLA de abril de 2010, foran asignados novos nomes de alelos HLA-DPB1 dentro do sistema de nomenclatura existente. Por exemplo, o alelo descuberto despois do HLA-DPB1*9901 foi asignado como DPB1*0102, o seguinte alelo foi nomeado como DPB1*0202, despois veu o *0302 e así sucesivamente. Decidiuse esta asignación de nome debido ás complexas características xenéticas dos alelos DPB1 comparados cos alelos doutros loci HLA. A maioría dos alelos HLA-DPB1 non poden simplemente ser agrupados polas súas secuencias de nucleótidos. Esta asignación de nomes foi o sistema máis confuso de nomenclatura HLA. Na actualización da nomenclatura dos HLA de 2010,[1] todos os alelos DPB1, excepto o DPB1*0202 e o *0402, descubertos despois do DPB1*9901 foron reasignados a novos números. Por exemplo, o DPB1*0102 converteuse no DPB1*100:01 e o DPB1*0203 pasou a ser o DPB1*101:01.

Todos os alelos renomeados se indican na Carta de Conversión de Nomenclatura de HLA-DPB1 seguinte;[2]

Nomes anteriores Nomes actuais
DPB1*0102 DPB1*100:01
DPB1*0203 DPB1*101:01
DPB1*0302 DPB1*102:01
DPB1*0403 DPB1*103:01
DPB1*0502 DPB1*104:01
DPB1*0602 DPB1*105:01
DPB1*0802 DPB1*106:01
DPB1*0902 DPB1*107:01
DPB1*1002 DPB1*108:01
DPB1*1102 DPB1*109:01
DPB1*1302 DPB1*110:01
DPB1*1402 DPB1*111:01
DPB1*1502 DPB1*112:01
DPB1*1602 DPB1*113:01
DPB1*1702 DPB1*114:01
DPB1*1802 DPB1*115:01
DPB1*1902 DPB1*116:01
DPB1*2002 DPB1*117:01
DPB1*2102 DPB1*118:01
DPB1*2202 DPB1*119:01
DPB1*2302N DPB1*120:01N
DPB1*2402 DPB1*121:01
DPB1*2502 DPB1*122:01
DPB1*2602 DPB1*123:01
DPB1*2702 DPB1*124:01
DPB1*2802 DPB1*125:01

Para axudar a facer a migración de datos á nova nomenclatura o Comité de Nomenclatura para os Factores do Sistema HLA da OMS proporcionou a seguinte Ferramenta de Conversión de Nomenclatura IMGT/HLA Arquivado 2012-08-04 en Wayback Machine.. Esta ferramenta permite entrar nun nome dun alelo HLA e indica o nome actual e as novas versións do nome do alelo. Os novos aleos aos que nunca se lles asignou un nome antes da actualizasción de abril de 2010 son:

DPB1*126:01
DPB1*127:01
DPB1*128:01
DPB1*129:01

-->

Haplotipos DP comúns

editar
HLA-DPA1*01:03/DPB1*04:01 (DP401)
HLA-DPA1*01:03/DPB1*04:02 (DP402)
  1. Marsh, S. G. E., Albert, E. D., Bodmer, W. F., Bontrop, R. E., Dupont, B., Erlich, H. A., Fernández-Viña, M., Geraghty, D. E., Holdsworth, R., Hurley, C. K., Lau, M., Lee, K. W., Mach, B., Maiers, M., Mayr, W. R., Müller, C. R., Parham, P., Petersdorf, E. W., Sasazuki, T., Strominger, J. L., Svejgaard, A., Terasaki, P. I., Tiercy, J. M., Trowsdale, J. (2010). "Nomenclature for factors of the HLA system, 2010". Tissue Antigens 75 (4): 291–455. PMC 2848993. PMID 20356336. doi:10.1111/j.1399-0039.2010.01466.x. 
  2. ftp://ftp.ebi.ac.uk/pub/databases/imgt/mhc/hla/Nomenclature_2009.txt

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar