Gumersindo Gastiasoro

mestre e político vasco

Gumersindo Gastiasoro Ruíz de Azúa, nado en Áraba o 13 de xaneiro de 1878,[1] foi un mestre e político vasco.

Gumersindo Gastiasoro
Nacemento13 de xaneiro de 1878
Lugar de nacementoÁraba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi mestre en Coucieiro (Paderne de Allariz),[2] Río Barba, e dende os anos trinta en Darbo. Membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, José Meis Martínez, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a cadea perpetua. Posteriormente a pena foi conmutada a 4 anos. En decembro de 1939 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.[3] Foi separado do servizo e baixa na escala en maio de 1940.[4]

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933
  2. El Correo de Galicia, 20-5/1907, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 1-12-1939, p. 5.
  4. El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-74-2. 

Ligazóns externas editar