Guillermo Poyán Caamaño
Guillermo Poyán Caamaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1916 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1982, foi un empresario, político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 19 de xaneiro de 1982 (65/66 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario , xornalista |
Traxectoria
editarFillo de Serafín Poyán Poyán e Elvira Caamaño López. Foi correspondente da revista RAIG en Vilagarcía de Arousa.[1] Ingresou en Falange en marzo de 1934, e foi detido en xaneiro de 1936 polo artigo "Acotaciones de un oyente que no es Wenceslao Fernández Flórez" aparecido en Galicia Nueva o 5 de decembro de 1935.[2] Volveu ser detido en abril de 1936 por orde do gobernador civil xunto con outros falanxistas de Vilagarcía.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez, destinado no Batallón de Cazadores de Melilla nº 3. Despois foi destinado ao Exército do Sur o 7 de xullo de 1938. Ao rematar a guerra foi nomeado concelleiro de Vilagarcía, cargo do que dimitiu en abril de 1940,[4] e delegado local de Vilagarcía do Servicio de Propaganda de FET y de las JONS.[5] Dirixiu a revista 17 de Marzo (1941-1943). En xuño de 1945 ingresou no Instituto Social da Mariña.[6] Colaborou en Imperio (Zamora) e El Pueblo Gallego.[7]
Recoñecementos
editarVida persoal
editarCasou en Zamora con Consuelo Vicente Llorente en xuño de 1959.[10]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 5-6-1935, p. 9, 11.
- ↑ El Ideal Gallego, 12-1-1936, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-4-1936, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego 16-4-1940, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego , 12-3-1940, p. 3.
- ↑ El Correo Gallego, 13-6-1945, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-3-1976, p. 2.
- ↑ El Adelanto, 1-10-1943, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 15-8-1946, p. 7.
- ↑ Imperio, 7-6-1959, p. 2.