Guillermo Lago
Guillermo Lago Pérez, nado na Gudiña o 26 de xullo de 1944 e finado en Verín o 21 de xaneiro de 2016, foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1944 A Gudiña, España |
Morte | 21 de xaneiro de 2016 (71 anos) hospital de Verín, España |
Lugar de sepultura | cemiterio da Gudiña |
Alcalde da Gudiña | |
1992 – 21 de xaneiro de 2016 (finado no cargo) ← Néstor Ogando Blanco – José María Lago Cabo → | |
Alcalde da Gudiña | |
1987 – 1991 ← Jesús Barros – Néstor Ogando Blanco → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Gudiña |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Fillos | José María Lago Cabo |
Traxectoria
editarProfesionalmente foi funcionario da Xunta. Aínda que inicialmente fora afiliado á UCD e a Coalición Galega, forzas coas que foi concelleiro, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde co apoio de Coalición Progresista Galega. Nas seguintes eleccións foi substituído por Néstor Ogando. En outubro de 1992 recuperou a alcaldía mediante unha moción de censura. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Faleceu en xaneiro de 2016 por mor dun infarto[1].
Predecesor: Jesús Barros |
Alcalde da Gudiña 1987 - 1991 |
Sucesor: Néstor Ogando |
Predecesor: Néstor Ogando |
Alcalde da Gudiña 1992 - 2016 |
Sucesor: José María Lago Cabo |
Notas
editar- ↑ O alcalde da Gudiña falece dun infarto nunha reunión no hospital de Verín, La Voz de Galicia, 21/01/2016.