Gubernia de Tavria

A Gubernia de Tavria ou Gubernia da Táurida (Таврическая губерния) foi unha gubernia histórica do Imperio ruso que durou dende 1802 ata 1917.

Modelo:Xeografía políticaGubernia de Tavria
Imaxe

Localización
Mapa
 44°56′53″N 34°06′15″L / 44.948056, 34.104167Coordenadas: 44°56′53″N 34°06′15″L / 44.948056, 34.104167
Estado desaparecidoImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
CapitalSimferópol Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.447.790 Editar o valor em Wikidata (22,79 hab./km²)
Xeografía
Superficie63.538 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación8 de outubro de 1802 (Xuliano)Editar o valor em Wikidata
Disolución18 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública Autônoma Socialista Soviética da Crimeia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Incluía a península de Crimea e parte do continente entre a parte baixa do río Dniéper e as costas dos mares Negro e de Azov.

Formouse cos territorios suroccidentais que foron anexionados do khanato de Crimea, co nome de óblast da Táurida. A óblast foi abolida en 1802 pola reforma de administrativa de Paulo I, pero no mesmo ano restaurona con novo nome de gubernia.

A capital da gubernia foi a cidade de Simferópol. A provincia foi bautizada co antigo nome grego de Crimea, Táurida.

Subdivisións en uezd editar

Os uezd nos que se dividía a Gubernia nas disposicións de 1802 eran:

  • Uezd de Berdiansk (Бердянский)
  • Uezd de Dnipro (Днепровский), logo renomeado como Aleshki (Алешки)
  • Uezd de Evpatoria (Евпаторийский)
  • Uezd de Melitopol (Мелитопольский)
  • Uezd de Perekop (Перекопский)
  • Uezd de Simferópol (Симферопольский)
  • Uezd de Feodosia (Феодосийский)
  • Uezd de Ialta (Ялтинский)

Historia editar

En 1783 o khanato de Crimea foi anexionado por Catarina a Grande a Rusia. Pouco despois estableceuse a óblast de Táurida.

Durante o reinado de Paulo I a óblast foi abolida, pero pronto (en 1802) reestableucena como unha gobernatura (guberniia). Formou parte do Imperio ruso ata a revolución rusa de 1917.

A raíz da revolución de outubro de 1917, o goberno étnico tártaro proclamou a República Popular de Crimea o 13 de decembro de 1917, que foi o primeiro Estado musulmán democrático. A república rártara cubría a porción peninsular da antiga gubernia, mentres que os seus condados do norte terminaron temporalmente baixo a xurisdición da gubernia de Ekaterinoslav (de Ucraína). Porén, nin Ucraína nin Crimea lograron manteren os seus territorios, que foron invadidos polos bolxeviques no inverno de 1917-18.

Os bolxeviques dividiron os territorios da gubernia entre a República Socialista Soviética da Táurida e a República Socialista Soviética de Donetsk-Krivoi Rog a principios de 1918, o que durou pouco tempo, xa que foron invadidos polas forzas da República Popular de Ucraína, coa axuda militar do Imperio alemán.

Na actualidade editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar