Guarionex

cacique taíno

Guarionex (do iñeri: "o noso umbilical", que provén de W(a)-, o noso; áriona, embigo’)[1] finado o 11 de xullo de 1502, foi un cacique taíno e xefe do cacicado de Maguá, na illa da Española, na época do descubrimento de América. Dise que o seu nome significa "señor valente e nobre" en lingua taína.[2]

Infotaula de personaGuarionex
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xullo de 1502 Editar o valor em Wikidata
Cacique Cacicado de Maguá
1502 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo taíno Editar o valor em Wikidata
Actividade
Membro de
LinguaLingua taína Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Comandante de (OBSOLETO)Guerreiros do cacicado de Maguá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
Territorio do cacicado de Maguá gobernado por Guarionex.

Dende 1494, os invasores españois capitaneados por Cristovo Colón impuxeran grandes tributos á poboación indíxena da Española. Segundo o cronista Pedro Mártir, para conseguir o favor de Colón, Guarionex concedera a man dunha irmá súa a un indíxena cubano que servía ao almirante e que fora bautizado como Diego.[3] Daquela, os españois construíran un forte, chamado da Concepción, a moi pouca distancia do poboado de Guarionex.[4]

En 1495, os taínos dirixidos polo cacique Caonabo levantáronse en armas. Guarionex uniuse á revolta, mais foron esmagados polas tropas invasoras na batalla de la Vega Real. Logo desta derrota, Guarionex seguiu unha política de pacificación cara aos españois, mais en 1497 a situación deteriorárase a tal punto que Guarionex tivo que ceder ante aqueles que pedían unha nova sublevación, e foi nomeado o seu líder. O cacique fixo tratos con Francisco Roldán, que se sublevara contra os Colón, e dispúxose a atacar aos españois. Porén, o adiantado Bartolomeu Colón xuntou uns 400 homes e atacou por sorpresa o poboado de Guarionex, logrando capturalos. Outros destacamentos de españois capturaron outros xefes da revolta nos seus poboados respectivos. Este golpe de man puxo fin definitivamente á rebelión armada. Pouco despois, unha gran multitude de taínos manifestouse pacificamente ante o poboado español para pedir a liberación dos seus xefes. Bartolomeu Colón executou dous deles e liberou os demais, incluíndo a Guarionex, que volveu á súa política de submisión.[5]

Ao cabo duns anos, Guarionex perdeu o mando entre os seus e fuxiu coa súa familia ao norte da illa, onde foi acollido polos ciguayos. Segundo Pedro Mártir, dende alí Guarionex púxose a fustrigar os españois dos arredores, aínda que Bartolomé de las Casas di que foi unha mera suposición dos españois que a desaparición de Guarionex significase que se revelara de novo.[6]

 
Mapa do Smithsonian de 1901 cos caciques de Porto Rico. O territorio de Guarionex, Oroso, sinalado cun 6.

Nalgún momento, Guarionex viaxou a Porto Rico e foi cacique de Otoa (actual Utuado, Porto Rico).[7]

Cristovo Colón enviou o seu irmán Bartolomeu a capturar a Guarionex á fronte dun continxente de varios milleiros de taínos aliados, e mais uns poucos soldados españois. O adiantado chegou, logo de varias batallas, até o poboado do xefe ciguayo, Mayobanex, e ofreceulle retirarse en troques de que lle entregasen a Guarionex; Mayobanex negouse e a loita continuou. Finalmente, tanto Mayobanex como Guarionex foron capturados polos españois.[8]

Parece ser que Guarionex foi embarcado encadeado con dirección a España en 1502 mais a nave que o transportaba afundiu durante a travesía por mor dunha tormenta e Guarionex morreu afogado.[9]

  1. "El caribe insular del siglo XVII. Tratado sobre la lengua y la cultura de los Callínago.". 
  2. "The Dictionary of the Taíno Language". 
  3. Libro 4 da Década I do De orbe novo Decades de Pedro Mártir de Anglería. 1516. Alcalá de Henares: Arnaldi Guillelmi. (ejemplar en Universidad de Sevilla)
  4. Las Casas, Bartolomé de (1875). Historia de las Indias. Imprenta de Miguel Ginesta. p. 155 del tomo 2. 
  5. Libro 5 da Década I do De orbe novo Decades de Pedro Mártir.
  6. Las Casas, Bartolomé de (1875). Historia de las Indias. Imprenta de Miguel Ginesta. p. 166 del tomo 2. 
  7. "Dictionary of the Taino Language". taino-tribe.org (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  8. Libro 7 da Década I do De orbe novo Decades de Pedro Mártir.
  9. David M. Traboulay. Columbus and Las Casas: the conquest and Christianization of America, 1492-1566. p. 42-43.