Caonabo

gobernante taíno na época de Cristovo Colón

Caonabo (en iñeri: Kaonabo; que quere dicir "o que ten tesouros", Ka(k)ona, de valor; -(a)bo, pertencente a)[1] ou Kaonabo, finado en 1496, foi un cacique taíno da Española no tempo da chegada de Cristovo Colón á illa. Foi coñecido polas súas habilidades para loitar e a súa ferocidade. Estaba casado con Anacaona, quen era a irmá doutro cacique chamado Bohechío.[2]

Modelo:BiografíaCaonabo
Biografía
Nacementoséculo XV Editar o valor en Wikidata
A Española Editar o valor en Wikidata
Morte1496 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Cacique Cacicado de Maguana
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Membro de
Carreira militar
Comandante de (OBSOLETO)Guerreiros do cacicado de Maguana Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de marzo de 1496Visita de Colón a España en 1496 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnacaona Editar o valor en Wikidata
FillosVanita, Higüemota Editar o valor en Wikidata
IrmánsManicatex Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata

En represalia contra o maltrato do pobo taíno, Caonabo liderou ataques contra os invasores casteláns, incluíndo un asalto ao forte La Navidad que deixou 39 casteláns mortos. A súa captura en 1494 provocou o primeiro levantamento nativo americano contra o dominio español. Caonabo morreu en cativerio español.

Traxectoria

editar

Cacique de Maguana

editar
 
Os cinco cacicados da Española no momento da chegada de Cristovo Colón.

Caonabo era un dos principais caciques da Española no momento da chegada de Cristovo Colón. Daquela, a illa estaba dividida en cinco cacicados. Caonabo probablemente viviu no que hoxe é San Juan de la Maguana, na República Dominicana.[3] Gobernaba sobre o cacicado de Maguana, na parte sur da illa. A súa muller, Anacaona, era a irmá doutro poderoso cacique, Bohechío, do cacicado veciño de Jaragua.[4] Caonabo non era orixinario da Española, senón que naceu no arquipélago das Lucaias, nas actuais Bahamas.

O historiador Bartolomé de las Casas, un dos primeiros colonos españois en América, escribiu sobre Caonabo:

...este foi un valoroso e esforzado señor, e de gran seriedade e autoridade, e como entendemos os que inicialmente chegamos a esta Illa, era un nacional lucaio, natural das illas Lucaias, que pasou por aquí, e por ser un home distinguido na guerra e na paz, fíxose rei daquela provincia e era moi estimado por todos.
Casas: Historia de las Indias[5]

Conflito cos españois

editar

En 1492, Colón intentou arribar na costa norte da illa, pero viuse obrigado a fuxir tras ser atacado con frechas. Finalmente desembarcou na costa sur, preto de onde máis tarde se fundou a cidade de Santo Domingo. A Santa María naufragou na costa norte, e baixo a dirección de Colón, o barco foi rescatado para construír un forte. Debido a que o naufraxio ocorreu o día de Nadal, o forte era coñecido como La Navidad.[6]

Colón deixou parte da súa tripulación en La Navidad e volveu a España, e erradamente pensou que os seus homes non ían ameazar os indíxenas, aos que consideraba amigables.[7] Caonabo dirixiu un ataque ao forte en 1493, derrotando a todos os españois que quedaban.[6] A súa muller Anacaona explicaría máis tarde que, indignada polo trato que facían os españois aos indíxenas, ela motivou a Caonabo a recuperar a aldea.[6]

Cando Colón volveu á Española e atopou La Navidad destruída, Caonabo axiña pasou a ser considerado un dos líderes máis fortes da illa. O cacique Guacanagarix de Marién informou aos españois de que Caonabo foi o responsable do ataque.[8] En 1494, Bartolomeu Colón recibiu a noticia de que Caonabo planeaba un ataque ao forte español de Santo Tomás.[9] En resposta, Colón enviou un grupo de catrocentos homes dirixidos por Alonso de Ojeda para marchar cara ao interior da illa co fin de infundir medo e someter os indíxenas.

Captura e morte

editar

Caonabo foi capturado por Ojeda e feito prisioneiro pouco despois.[10][11] Hai diferentes relatos da súa captura. Segundo o historiador Samuel M. Wilson, a historia probablemente foi embelecida e romantizada polos españois.[12] Bartolomé de las Casas escribiu que Ojeda enganou a Caonabo cun truco preestablecido. Segundo de las Casas, Ojeda trouxo unhas esposas moi pulidas e unhas cadeas que agasallou a Caonabo. Ojeda supostamente convenceu a Caonabo de que os obxectos tiñan propiedades máxicas e de que os levaban os reis de España. Cando Caonabo probou as esposas, Ojeda pechounas e levouno preso.[13]

A captura de Caonabo provocou a ira dos taínos, e provocou o primeiro levantamento nativo americano contra os españois. O irmán de Caonabo, Manicatex, reuniu uns 7.000 nativos para atacar os españois e rescatar a Caonabo.[6][7] Porén, os taínos foron facilmente derrotados, en gran parte debido ao uso da cabalaría por parte dos españois. Manicatex e outros líderes nativos foron feitos prisioneiros. Os españois decidiron sacar a Caonabo da illa para evitar futuros levantamentos, polo que el e o seu irmán foron enviados a España.[7] Caonabo morreu durante a viaxe e o seu corpo foi guindado ao mar.[6][14]

  1. "El caribe insular del siglo XVII. Tratado sobre la lengua y la cultura de los Callínago.". 
  2. MCN Biografías. MLS. "Canoabo, cacique (¿-1496).". 
  3. Wilson 1990, p. 84.
  4. Saunders 2005, p. 41.
  5. Traducido dende o orixinal en castelán: ...éste fue valerosísimo y esforzado señor, y de mucha gravedad y autoridad, y según entendimos los que á los principios á esta Isla vinimos, era de nacional Lacayo, natural de las islas de los Lucayos, que se pasó dellas acá, y por ser varón en las guerras y en la paz señalado, llegó á ser rey de aquella provincia, y por todos muy estimado. Casas, Bartolomé de las (1876). Apologética historia summaria de las gentes destas Indias. Madrid. pp. 482–3 – vía Internet Archive. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Uriona, Viviana (20 de abril de 2009). "Caonabo (d. 1496)". The International Encyclopedia of Revolution and Protest: 1. ISBN 9781405198073. doi:10.1002/9781405198073.wbierp0295. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Traboulay 1994, p. 41.
  8. Wilson 1990, p. 79.
  9. Wilson 1990, p. 82–3.
  10. Wilson 1990, p. 83–4.
  11. Miller, Paul Gerard (1922). Historia de Puerto Rico (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2020 – vía Internet Archive. 
  12. Wilson 1990, p. 85.
  13. Wilson 1990, p. 96–7.
  14. Wilson 1990, p. 114.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar