Grigori Perelman

matemático ruso

Grigori Yakovlevich Perelman (en ruso: Григо́рий Я́ковлевич Перельма́н /pɛrɪlˈmɑːn/), nado en Leningrado, hoxe San Petersburgo, (Unión Soviética) o 13 de xuño de 1966 é un matemático ruso que fixo importantes contribucións na xeometría de Riemann e na topoloxía xeral.

Grigori Perelman
Perelman, Grigori (1966).jpg
Perelman en 1993
Datos persoais
Nacemento13 de xuño de 1966 (56 anos)
LugarLeningrado, Unión Soviética Unión Soviética
NacionalidadeRusia Rusia
Actividade
CampoMatemáticas
Alma máterUniversidade Estatal de Leningrado
Director de teseAleksandr Danilovich Aleksandrov
Yuri Burago
Contribucións e premios
Coñecido porXeometría de Riemann
Topoloxía xeral
Demostración da conxectura de Poincaré
PremiosPremio da Sociedade Matemática de San Petersburgo (1991)
Premio EMS (1996) (Rexeitado)
Medalla Fields (2006) (Rexeitado)
Premio dos problemas do milenio (2010) (Rexeitado)
editar datos en Wikidata ]

En 1994 Perelman demostrou a conxectura de soul. En 2003 demostrou a conxectura da xeometrización de Thurston, o que se confirmou en 2006. Isto levou a resolver afirmativamente a conxectura de Poincaré.

En agosto de 2006, Perelman foi premiado coa medalla Fields[1] pola "súas contribucións á xeometría e a súa revolucionaria perspicacia na estrutura analítica e xeométrica do fluxo de Ricci",[2] mais declinou aceptou o premio indicando: "Non estou interesado no diñeiro ou a fama; non quero ser exhibido como un animal nun zoo".[3] O 22 de decembro de 2006, a revista Science recoñeceu a demostración de Perelman da conxectura de Poincaré como o "descubrimento científico do ano", no que foi o primeiro descubrimento na área das matemáticas que recibía este título.[4]

O 18 de marzo de 2010 anunciouse que Perelman cumpría os criterios para recibir o primeiro premio do milenio[5] pola solución da conxectura de Poincaré. O 1 de xullo rexeitou o premio dun millón de dólares dicindo que a decisión da xunta do Instituto Clay de Matemáticas e o premio eran inxustos e que a súa contribución á resolución da conxectura non era maior cá de Richard S. Hamilton, matemático pioneiro no emprego do fluxo de Ricci para atacar a conxectura.[6][7] Perelman tamén rexeitou o prestixioso premio da Sociedade Europea de Matemáticas.[8][9]

NotasEditar

  1. "Fields Medals 2006". International Mathematical Union (IMU) - Prizes. Arquivado dende o orixinal o 17-06-2013. Consultado o 30-4-2006. 
  2. En inglés, "his contributions to geometry and his revolutionary insights into the analytical and geometric structure of the Ricci flow"
  3. "Russian maths genius Perelman urged to take $1m prize". BBC News. 24-3-2010. 
  4. Mackenzie, Dana (2006). "Breakthrough of the year. The Poincaré Conjecture—Proved". Science 314 (5807): 1848–1849. PMID 17185565. doi:10.1126/science.314.5807.1848. 
  5. "The Poincaré Conjecture". Arquivado dende o orixinal o 05-07-2014. Consultado o 1-5-2014. 
  6. "Последнее "нет" доктора Перельмана". Interfax. 1-7-2010. Arquivado dende o orixinal o 02-07-2010. Consultado o 1-7-2010. 
  7. Malcolm Ritter (1-7-2010). "Russian mathematician rejects $1 million prize". AP on PhysOrg. Arquivado dende o orixinal o 17-01-2012. Consultado o 15-5-2011. 
  8. "Maths genius declines top prize". BBC News. 22-8-2006. Arquivado dende o orixinal o 15-08-2010. Consultado o 23-04-2017. 
  9. Mullins.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar