Gregorio Balboa

monxe contrabandista galego do século XVII

Gregorio Balboa, nado no século XVII en Monforte de Lemos e finado en Madrid o 3 de novembro de 1696, foi un monxe beneditino galego coñecido por ser o primeiro contrabandista rexistrado en España.[1] Foi o líder dunha rede composta por cregos, servos e mariñeiros que organizaba descargas de tabaco nas rías de Arousa e Muros e Noia.[2]

Infotaula de personaGregorio Balboa
Biografía
NacementoMonforte de Lemos Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1696 Editar o valor em Wikidata
Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxe cristiano , contrabandista Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gregorio chegou a Vilanova de Arousa en 1689 onde o priorado da orde dos beneditinos controlaba o comercio da zona, actuando á marxe do control estatal.[3] Dende o seu comezo na orde Gregorio xa era unha figura controvertida, a finais da década de 1660 foi enviado a Alemaña, pero foi devolto a España por tráfico de influencias e bens. Foi rotando entre priorados menores en Bribes (Cambre) e Obona (Asturias) ata que chegou á Arousa no 1689.[3]

 
Interior do mosteiro de San Martiño Pinario.

En xuño de 1692 Balboa asinou en Pontevedra a creación dunha empresa que sería a tapadeira das súas actividades. Pouco despois asociouse cun patrón de barco asturiano, co que realizaron unha descarga que se veu frustrada polas autoridades, pero Balboa conseguiu saír libre. Porén ao ano seguinte, en 1693, deixou o priorado de Arousa.[3]

En abril de 1694 foi vítima dunha infección da urina e tiña intención de ir a Melón para tomar as augas e tratar a súa doenza. Pero o abade de San Martiño, Xoán de Landa, que xa levaba sospeitando de Balboa dende había tempo, non quería deixalo marchar sen ser investigado primeiro. Estes tiveron unha liorta onde Balboa intentou desfacerse dun penico no que agochaba 250 dobróns por unha fiestra do mosteiro. Balboa foi encerrado e a finais de ano foi declarado culpable, pero alegou o agravamento da súa doenza e tirou de influencias para poder zafar.[3]

Acabou marchando a Madrid onde morreu o 3 de novembro de 1696.[3]

Notas editar

  1. "El primer contrabandista documentado de España: el monje gallego Gregorio Balboa". elespanol.com. Consultado o 2024. 
  2. Barreiro Mallón, Baudilio (2009). El tabaco y el incienso un episodio compostelano del siglo XVII. Consorcio de Santiago. ISBN 978-84-95364-81-4. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Frei Gregorio Balboa, o primeiro contrabandista galego". gciencia.com. Consultado o 2024.