Grande-Terre
Grande-Terre (francés: île de Grande-Terre ou île de la Grande-Terre) é a segunda das dúas maiores illas do departamento de ultramar francés de Guadalupe. Malia que o seu nome significa literalmente en francés "Terra Grande" é menor que Basse-Terre. Isto débese a que o seu nome foi dado en contraste coas moito máis pequenas illas Petite Terre (Illas "Terra Pequena"), dúas pequenas illas situadas a uns 10 km ao sueste da Grande-Terre. Está separada da súa irmá máis vella, Basse-Terre, por unha estreita canle chamada Rivière Salée.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Rexións | Guadalupe | |||
Capital | Pointe-à-Pitre | |||
Poboación | ||||
Poboación | 197.000 (2006) (308,29 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 639 km² | |||
Medición | 35,1 () × 39,9 () km | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Altitude | 130 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Características
editarA illa ten unha superficie de 586´68 km². No censo de 2006 a poboación de Grande-Terre era 197 603 habitantes que viven en 10 comunas (municipios). A densidade de poboación era de 337 habitantes por km². As comunas máis poboadas son, en orde descendente da poboación, Les Abymes (parte da área urbana de Pointe-à-Pitre), Le Gosier (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre), Pointe-à-Pitre (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre), Le Moule, Sainte-Anne e Morne-à-l'Eau.
Grande-Terre está rodeado de arrecifes de coral e a propia illa é unha meseta de pedra calcaria. A súa superficie é unha serie de outeiros, praias de area branca e cantís. As praias da illa compóñense de dous tipos de areas, brancas e negras, así como as praias de area dourada. Das dúas illas, Grande-Terre é o fogar da maioría das granxas e centros turísticos de guadalupe.
Pointe de la Grande Vigie, en Grande-Terre, é o punto máis setentrional de Guadalupe. Ao leste atópase La Désirade, e ao sur Marie-Galante
Galería de imaxes
editar-
Illa Grande-Terre (parte superior dereita) desde o espazo, de setembro de 1994. O Norte está cara á parte superior esquerda nesta vista
-
Pointe-à-Pitre, a cidade máis importante
-
Praia de Grande-Terre
-
A Punta dos Castelos
-
Punta de La Grande Vigie
Notas
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Grande-Terre |