Gonzalo Martín March
Gonzalo Martín March, nado en Ourense en 1897 e finado na mesma cidade o 17 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Ourense, España |
Morte | 17 de setembro de 1936 (38/39 anos) Ourense, España |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Gobernador civil Provincia de Ourense | |
1936 – 1936 | |
Alcalde de Marín | |
1931 – 1931 | |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Partido político | Organización Republicana Gallega Autónoma Izquierda Republicana |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFoi profesor da Academia preparatoria do Instituto de Pontevedra. Militou na ORGA-FRG e posteriormente en Izquierda Republicana. Foi membro do triángulo masónico Solón de Marín. Durante a Segunda República foi alcalde de Marín en 1931. En 1936 foi nomeado gobernador civil de Ourense.
Nos días da sublevación militar de xullo de 1936 conseguiu fuxir de Ourense a Pontevedra, pero foi detido e estivo preso no Instituto de Pontevedra. Xulgado en consello de guerra sumarísimo, foi acusado de traizón e condenado a morte. No proceso, Martín March declárase autor de todo o sucedido en Ourense para evitar o movemento militar, e di que “si su vida es un obstáculo para la paz que se la ofrenda a España”. Foi fusilado o 17 de setembro negándose a recibir os auxilios relixiosos. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas.
Predecesor: José Alcántara Fernández |
Alcalde de Marín 1931 |
Sucesor: Agustín Rey Fonseca |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- García Mañá, Luís (1986). De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense.
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.
Ligazóns externas
editar- Gonzalo Martín March na páxina web Nomes e Voces.