Gonzalo García de Nodal

explorador galego

Gonzalo García de Nodal, nado en Pontevedra en 1569 e finado no océano Atlántico en 1622, foi un navegante galego, que canda seu irmán Bartolomé García de Nodal, chamados os irmáns Nodales ou Os Nodales, foi enviado por Filipe III a recoñecer o estreito de Magallanes e o novo estreito descuberto pola expedición de Jacob Le Maire e Willem Schouten.

Infotaula de personaGonzalo García de Nodal
Biografía
Nacemento1569 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Morte1622 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Océano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBartolomé García de Nodal Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Construíronse e armáronse as carabelas Nuestra Señora de Atocha e Nuestra Señora del Buen Suceso, de 80 toneladas e 40 tripulantes cada unha. A primeira ía como capitá baixo mando o de Bartolomé, e a outra como almiranta co capitán Gonzalo ó mando.

Saíron de Lisboa o 27 de setembro de 1618. A mediados de xaneiro de 1619 tiveron coñecemento do cabo das Virxes, cerca do cal viron flotar os restos dun navío que naufragara. Seguindo o seu rumbo ó longo da costa oriental da Terra do Fogo, o 22 de xaneiro adentráronse no estreito de Le Maire, denominándoo estreito de San Vicente, nomee que aínda conserva un dos cabos da costa occidental da Terra do Fogo.

O 10 de febreiro descubriu no sueste do cabo de Fornos as illas Diego Ramírez, chamadas así en honra a Diego Ramírez de Arellano, cosmógrafo e piloto da expedición. Seguidamente os irmáns Nodales remontaron cara ao norte, entrando no estreito de Magallanes, chegando ó extremo oposto e, despois de dar a volta á Terra do Fogo, tomaron o camiño de regreso a Europa.

Fondearon o 7 de xullo cerca de Lagos, e desde alí foron a dar conta da súa expedición ó rei, que se encontraba en Lisboa. Os dous irmáns publicaron o diario da súa expedición co título: Relación del viaje hecho por los capitanes Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal, hermanos, naturales de Pontevedra, para el descubrimiento del nuevo estrecho, Madrid, 1621, un tomo co seu mapa.

Saíu de Sanlúcar de Barrameda o 13 de outubro de 1622 con 3 navíos, 133 mariños e 400 infantes para percorrer a mesma ruta do estreito de Le Maire cara Chile, para socorrer ós colonos sitiados polos mapuches. Naufragou, perdendo a vida e dous barcos.

En memoria de Bartolomé é Gonzalo, foi bautizado o buque de salvamento e apoio Irmáns García Nodal, do servizo de gardacostas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar