Irmáns García Nodal

O Irmáns García Nodal é un buque de salvamento e apoio, do servizo de gardacostas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Irmáns García Nodal (8º CO-01-05)

Irmáns García Nodal en Vigo.
Historial España España
Estaleiro Factoría Naval de Marín
Tipo Buque de salvamento e apoio
Operador Xunta de Galicia
Botado 19-05-2005
Asignado 26-07-2005
Viaxe inaugural 2005
Destino Itinerante
Características xerais
Eslora 39 m
Manga 9,3 m
Cubertas Dúas completas
Propulsión 2 Caterpillar 3516 B-HD
Potencia 3.730 cv
Velocidade 15'
Tripulación 9 (+10) tripulantes

Custo 6 300 000 [1]

Leva o nome en honra de Bartolomé e Gonzalo García de Nodal, navegantes pontevedreses que recoñeceron o estreito de Magallanes en 1619.

Equipamento editar

Conta con dúas embarcacións de rescate con waterjets, laboratorios para investigación, maquinillas de pesca e científicas, 300 m de barreira para loita contra a contaminación, dous skimmers, seis tanques flotantes, sistema de loita contra incendios, busca por infravermellos e un centro de mando e control.

Notas editar

  1. Infodefensa.com Arquivado 11 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar