Gofraid ua Ímair

Non confundir con Guthred rei viquingo de York no século IX

Gofraid (ou Gothfrith) (irlandés antigo: Gofraid ua Ímair, nórdico antigo: Góröðr), finado en 934, foi un caudillo hiberno-nórdico, monarca viquingo do reino de Dublín e, durante un breve tempo, tamén rei de Northumbria[1].

Gofraid ua Ímair
Nacementoséculo IX
Falecemento934
Lugar de falecementoDublín
Ocupaciónrei
FillosBlácaire mac Gofrith, Ragnall Guthfrithsson e Olaf Guthfrithsson
Na rede
WikiTree: Sigtryggsson-1
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Gofraid era un dos netos de Ímar, quen fundara a dinastía nórdica coñecida como Uí Ímair, que xunto cos seus parentes Sitric Cáech e Ragnall ua Ímair, sería moi influente e activa en Irlanda e norte de Britania[2].

A primeira referencia sobre Gofraid aparece en 918, cando acompaña a Ragnall na súa expedición a Northumbria e participa na batalla de Corbridge contra Constantino II de Escocia e Ealdred I de Bernicia. Non foi unha batalla decisiva, pero permitiu a Ragnall facerse co poder de Jórvik (York)[3][4][5]. Sihtric estableceríase como gobernante de Dublín a finais de 917, derrotando e matando ao gran rei de Irlanda Niall Glúndub o 14 de setembro de 919. Sihtric uniuse a Ragnall e Gofraid en Northumbria en 920, e sucedeu a Ragnall en 921. Gofraid regresou a Irlanda e gobernou Dublín[6][7].

O 10 de novembro de 921, o exército de Gofraid chega até Armagh, centro de culto de San Patricio e un dos lugares santos da igrexa de Irlanda. Os Anais de Ulster citan:

As casas de oración co seu complemento para os enfermos salváronse da destrución, e tamén o mosteiro, fóra dalgunhas vivendas que foron queimadas por descoido[8].

Os historiadores Ó Cróinín e Woolf contrastan este feito cos inicios da conquista viquinga de Irlanda[9]. As incursións no norte de Gofraid tiveron certo éxito no seu inicio, pero acabou nunha derrota polo exército liderado por Muirchertach mac Néill. Unha expedición ao reino de Limerick en 924 puido ter resultados mixtos, mentres os Anais do Ulster afirman que acabou en desastre, os Anais de Inisfallen mencionan que Gofraid "tomou aos reféns do sur de Irlanda"[10].

O fillo de Gofraid, Alpdann (nórdico antigo: Halfdan) morreu en batalla no ano 927 en Linn Duachaill (hoxe Annagassan), Condado de Louth por Muirchertach e os sobreviventes do seu exército cercaron aos viquingos ata que Gofraid trouxo reforzos desde Dublín para o rescatar. Sihtric Cáech morreu o mesmo ano, e os Anais do Ulster afirman que Gothfrith abandonou Dublín cunha frota. Parece que foi elixido como rei de Jórvik para suceder a Sihtric, pero aos seis meses xa estaba de volta en Dublín, despois de ser expulsado polo rei de Northumbria Aethelstan[11].

Ao seu regreso, Gofraid seguiu devastando Irlanda, con incursións a Osraige e Leinster en 930 e as pillaxes a Derc Ferna (hoxe condado de Kilkenny)[12].

Gofraid morreu en 934, os Anais do Ulster descríbeno como "o rei máis cruel dos homes do norte"[13]. Sucedeuno o seu fillo Olaf III Guthfrithson (m. 941), e outro fillo tamén gobernaría o reino de Dublín, Blácaire mac Gofrith.

Notas editar

  1. Quizais tamén Gofraid Ua Ímair,xa que representa máis un apelido que un nome do avó de Gothfrith; Ó Cróinín, no libro Early Medieval Ireland, p. 256, resalta sobre todo os netos de Ímar: "curiosamente, os pais non se mencionan en ningunha fonte <…> suxerindo que o nome se convertera nun apelido".
  2. Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin. ISBN 978-1-903765-89-0. 
  3. Hart, "Ragnall"; Higham, Kingdom of Northumbria, p. 185–187
  4. Keynes, "Rulers of the English", p. 505, data o evento sobre o 919
  5. Woolf, Pictland to Alba, p. 142–144.
  6. Ó Cróinín, Early Medieval Ireland, p. 258
  7. Woolf, Pictland to Alba, p. 148.
  8. Anais do Ulster ano 921
  9. Ó Cróinín, Early Medieval Ireland, p. 259; Woolf, Pictland to Alba, p. 148.
  10. Anais do Ulster, ano 924; Anais de Inisfallen, ano 924.
  11. Anais do Ulster, s.a. 927; Higham, Kingdom of Northumbria, p. 189–190; Keynes, "Rulers of the English", p. 505; Woolf, Pictland to Alba, p. 151.
  12. Anais do Ulster ano 930, os cronistas din que o exército procedía de Limerick.
  13. Anais do Ulster, ano 934.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar