Aethelstan de Inglaterra

Aethelstan, Æþelstan, Æðelstān ou Ethelstan (nórdico antigo: Aðalsteinn), nado en 895 e finado o 27 de outubro de 939, chamado o Glorioso, foi rei dos anglosaxóns de 924 a 927 e rei de Inglaterra de 927 a 939. O seu reinado é frecuentemente pasado por alto polos historiadores modernos, enfocándose máis no do seu avó, Alfredo o Grande, ou no do seu sobriño, Edgar o Pacífico. Con todo, o seu reinado foi de importancia fundamental para o desenvolvemento político do século X.

Modelo:BiografíaAethelstan de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 895 Editar o valor en Wikidata
Wessex Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 939 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Gloucester (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Malmesbury (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Inglaterra
927 – 27 de outubro de 939 (finado no cargo)
← Eduardo o VelloEdmundo I de Inglaterra (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo calcedonio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Wessex (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosHaakon I da Noruega, foster child Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo o Vello Editar o valor en Wikidata  e Ecgwynn Editar o valor en Wikidata
IrmánsEdite de Wessex, Rainha da Germânia
Eadgifu de Wessex
Edburga de Winchester
Edmundo I de Inglaterra
Edred
Aelfweard de Wessex
Eduíno de Wessex
Edith de Polesworth
Eadhild Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wessex-297

Traxectoria

editar

Foi o primoxénito de Eduardo o Vello, rei de Wessex, e de Egwina. A pesar de que os seus pais casaron, foi declarado ilexítimo ao subir o seu pai ao trono en 899, pois a baixa condición social da súa nai foi motivo para que o rei a afastase do seu lado e casase coa que sería considerada a súa raíña e primeira esposa, Elfleda.

O seu pai ascendeu ao trono do reino dos anglosaxóns formado por Alfredo, non sen dificultade. A súa tía, irmá de Eduardo, Aethelflaed, rexeu Mercia Occidental na súa representación logo da morte do seu marido, o ealdorman Aethelred en 918. Á morte de Aethelflaed, Eduardo rapidamente tomou o control de Mercia e, á morte deste, Aethelstan directamente rexeu os reinos anglosaxóns ao sur do río Humber.

Reinado

editar
 
Pedra de Coroación Saxoa en Kingston-upon-Thames, que mostra o nome de Athelstan.

Sendo criado no reino de Mercia por orde do seu pai, como unha forma de conseguir a lealdade deste rebelde país á dinastía cérdica, á morte deste (17 de xullo de 924) foi aclamado de inmediato rei de Mercia.

Ao morrer o seu medio irmán, o rei Aethelweard, logo de tan só 16 días de reinado —ao parecer asasinado por orde súa— o (2 de agosto de 924), a Witan elíxeo como o novo soberano, sendo coroado en Kingston-upon-Thames o 4 de setembro de 924.

Durante o seu reinado demostrou ser un consumado diplomático, preferindo as alianzas á guerra. O 30 de xaneiro de 926 casou á súa irmá Edith con Sihtric ua Ímair, rei viquingo de Jórvik e de Northumbria. Con todo, Sihtric morre ao ano seguinte (927) e Aethelstan aproveitou a oportunidade para anexionarse Northumbria. Isto convérteo no rei saxón coa maior extensión territorial até entón; por esta razón, os demais reis británicos sometéronse ao seu mando en Bamburgh. Na Crónica anglosaxoa descríbese como cada un dos reis se inclina ante o seu supremo líder: "primeiro Hywel, rei de Cornualles, e logo Constantino II, rei de Escocia, e Owain, rei de Gwent, e logo Ealdred de Bamburgh". O cronista Guillerme de Malmesbury engade ao rei Owain de Strahtclyde entre os reis sometidos.

Rexístranse outros eventos similares nas marchas occidentais do dominio de Aethelstan. Segundo Guillerme de Malmesbury, sometera aos reis do norte de Bretaña (o que implica Gales) en Hereford, onde esixiu un forte tributo. A realidade da súa influencia sobre Gales é subliñada no poema galés Armes Prydein Fawr e pola aparición dos reis galeses como subreguli nas cartas de 'Αthelstan A'. En forma similar, dirixiu Gales do Oeste (ou sexa Cornish) fóra de Exeter e estableceu a fronteira entre Inglaterra e Cornualla ao longo do río Tamar.

Aethelstan é considerado como o primeiro rei inglés de facto. Alcanzou éxitos militares considerábeis sobre os seus rivais, incluíndo os viquingos, e estendeu o seu dominio a partes de Gales e de Cornualla. A súa vitoria máis grande, sobre unha alianza inimiga que incluía a Constantino II de Escocia, foi a batalla de Brunanburh, no outono de 937.

Aínda que estableceu moitas alianzas a través dos matrimonios das súas medio irmás con casas reais de Europa, nunca casou nin tivo descendencia. Con todo, criou como ao seu propio fillo a Haakon o Bo, máis tarde rei de Noruega.

Morreu no seu palacio de Gloucester o 27 de outubro de 939, aos 44 anos de idade, sendo sepulto na abadía de Malmesbury, en Wiltshire. Non hai nada na tumba baixo a estatua, xa que as reliquias do rei probabelmente se perderon na Disolución dos mosteiros de 1539. Os restos poden ser destruídos polos comisionados do rei ou ser escondidos antes de que chegasen ditos comisionados.

Administración e leis

editar

A medida que o seu reino crecía, Aethelstan impúxose novos desafíos con respecto á súa administración. Cara a fins do seu reinado, sábese doutro Aethelstan, chamado 'medio rei' que foi Ealdorman na maior parte da Mercia Oriental e Anglia Oriental. Ian Walker expuxo que, a medida que se incrementaba o poder de Aethelstan, a extensión da rexencia do seguinte nivel da aristocracia tamén debía crecer. Todo o que apunta a unha maior estratificación da sociedade anglosaxoa, desenvolvemento que é posíbel examinar desde os tempos iniciais anglosaxóns até a conquista normanda e máis aló.

Creáronse un gran número de códigos lexislativos durante o seu reinado. Pódense resumir dous puntos de vista sobre eles: Patrick Wormald afirma que a lei escrita tiña pouco uso práctico na Inglaterra anglosaxoa, que había pouca homoxeneidade entre as leis e que a natureza esporádica delas indicaba un sistema pouco coherente baseado na lei escrita. Mentres que Simon Keynes argumentou que existe un patrón nas leis do reino de Aehelstan e que estas son evidencia 'non de calquera actitude casual cara á publicación ou rexistro da lei, senón todo o contrario'.

Aethelstan e os galeses

editar

O reinado de Aethelstan marca un fito nas esporadicamente inquietas relacións entre anglosaxóns e galeses.

Segundo Asser, un monxe de San David, Dyfed, varios reinos de Gales sometéronse a Alfredo (incluíndo aqueles que serían rexidos polos fillos de Rhodri Mawr). Non se rexistran batallas entre os ingleses e galeses durante o reinado de Aethelstan, pero algunhas cartas indican que os reis galeses asistían á súa corte, posibelmente ao iren con el en campaña.

D.P. Kirby argumenta que Aethelstan reprimía aos reis galeses, manténdoos preto para ter a súa lealdade. Aínda máis, é posible que algúns deles, particularmente Hywel Dda resultasen beneficiados con esta relación. Hywel sería influenciado por ideas inglesas da soberanía - el é o primeiro rei galés que se asocia cun código maior de lei galesa e unha moeda, cuñada en Chester, leva o seu nome.

Contactos estranxeiros

editar
 
Páxina do manuscruito iluminado da Vida de San Cutberto, de Beda o Venerable, copiado en tempos de Aethelstan.
Mostra ao rei Aethelstan presentando o traballo a Beda. ca. 930.

Corpus Christi College, Cambridge.

Como as dos seus predecesores, a corte de Aethelstan estaba en contacto co resto de Europa. As súas medio irmás casaron con familias da nobreza europea. Edith desposou ao futuro emperador Odón I do Sacro Imperio Romano Xermánico, fillo de Henrique I o Paxareiro e outra contraeu matrimonio con Egill Skallagrímsson, o inspirador da islandesa saga de Egil.

Alan II, duque de Bretaña, e Haakon, fillo de Harald de Noruega, foron acollidos na corte de Aethelstan e deron un fogar a Luís, o fillo exiliado de Carlos o Calvo.

Aethelstan pode considerar o seu reinado en forma imperial: o estilo basileus baséase nas súas cartas, mentres que é o primeiro rei en levar o título de r[ex] tot[ius] B[ritanniae].

Segundo Guillerme de Malmesbury, reliquias como a espada do emperador Constantino I de Roma e a lanza de Carlomagno (primeiro emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico) chegaron a Aethelstan, suxerindo que el estaba relacionado dalgunha forma con grandes rexentes do pasado.

Aínda que estableceu varias alianzas a través da súa familia, non tivo fillos propios.

Aethelstan era relixioso e realizou importantes doazóns á igrexa de Wessex. Á súa morte en 939 en Gloucester foi enterrado na súa abadía preferida (Malmesbury) no canto de coa súa familia en Winchester. Aínda que a súa tumba aínda se atopa alí, o seu corpo perdeuse hai décadas.

Sucedeuno o seu medio irmán máis novo, o rei Edmundo de Inglaterra.

Fontes

editar

A Crónica anglosaxoa que é moi explícita durante os reinados de Alfredo o Grande e Eduardo o Vello, queda relativamente en silencio durante o reinado de Aethelstan e a información que sobrevive é retrospectiva. Unhas poucas referencias falan das súas campañas militares, a información máis extensa atópase nun poema sobre a batalla de Brunanburh, composto probablemente durante o reinado do seu sucesor Edmundo.

Outras fontes narrativas a través de Europa conteñen máis información. Os anais de Flodoardo conteñen varias referencias á loita de Aethelstan contra os rexentes do Leste e Oeste de Francia, así como a Crónica de Nantes.

Guillerme de Malmesbury, no entanto, nos seus escritos de principios do século XII, prové maiores detalles. A súa obra mesmo leva á xa desaparecida Vita Æthelstani, pero —como expón o historiador Michael Wood— débese ter coidado neste caso, xa que a súa existencia aínda non foi comprobada e as fontes de Guillerme a miúdo non poden ser verificadas.

As fontes documentais son cartas e leis anglosaxoas. Existen numerosas cartas que informan acerca da persoa de Aethelstan e a quen outorgaba terras. A través delas, é posíbel examinar as súas peregrinacións, particularmente entre os anos 927 e 932 en que todos os diplomas foron bosquexados polo extraordinario escribano coñecido como 'Aethelstan A'. Existen varios códigos de lei anglosaxóns atribuídos a Aethelstan, un par deles seguen a tradición de Alfredo e Eduardo, os outros son menos 'oficiais', pero non menos reveladores de aspectos da administración de Aethelstan.

Existen dispoñíbeis fontes non escritas. As máis útiles son as moedas, que dan a Aethelstan un título que revela o estendida que estaba a súa administración (ou a cuñaxe) a través de toda Bretaña. Tamén son interesantes os manuscritos e reliquias que o rei coleccionaba e doaba -moitas das cales conteñen notas de detalles das doazóns. As reliquias doadas permitiron coñecer mellor o padroado do rei do culto de San Cuthbert en Northumbria, ao cal doou dous manuscritos que contiñan referencias aos primeiros rexentes ingleses, o Corpus Christi Manuscript.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Wessex and England from Alfred to Edgar: six essays on political, cultural, and ecclesiastical revivial, David Dumville, (Woodbridge, 1992)
  • "England, c.900-1016", Simon Keynes, in The New Cambridge Medieval History, vol. II. ed. R. McKitterick, (Cambridge University Press, 1999)
  • The Age of Athelstan: Britain's Forgotten History, Paul Hill, (Tempus Publishing, 2004). ISBN 0-7524-2566-8
  • D.P. Kirby, 'Hywel Dda: Anglophil?', Welsh Historical Review, 8 (1976-7)
  • H.R. Loyn, 'Wales and England in the tenth century: the context of the Athelstan Charters', Welsh History Review 10, (1980-1)
  • Patrick Wormald, The Making of English Law: King Alfred to the Twelfth Century, vol. 1, (Blackwell, 1999)
  • Simon Keynes, 'Royal government and the written word in late Anglo-Saxon England' in The Uses of Literacy in Early Medieval Europe. ed. R. McKitterick, (Cambridge University Press, 1990)
  • The Laws of the Earliest English Kings, F.L. Attenborough, (Cambridge University Press, 1922)
  • English Historical Documents c.500-1042, 2nd ed., D. Whitelock, (Eyre and Spottisoode, 1980)

Ligazóns externas

editar