O glutón[2][3] (Gulo gulo) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.

Glutón
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Gulo
Pallas, 1780
Especie: G. gulo
(Linnaeus, 1758)
Distribución do glutón
Distribución do glutón

Distribución do glutón

Características editar

Trátase dun animal cunha lonxitude que oscila entre os 70 e 90 centímetros. O seu peso pode variar entre os 10 e 20 quilogramos. É a especie meirande dentro dos mustélidos. Semella un pequeno oso pardo, co rabo denso e as patas moi longas. É unha especie solitaria que vive en grandes extensións, sen un lugar permanente de residencia. A súa alimentación é omnívora: dende bagas ata paxaros, lemmings ou lebres. Tamén depreda especies meirandes coma o cervo ou o reno, mais unicamente os individuos enfermos ou envellecidos. En ausencia de caza pode alimentarse de calaza.

Distribución editar

Por toda a zona de tundra e taiga en Eurasia. Tamén presente no Canadá e Alasca.

Notas editar

  1. Abramov, A., Belant, J. & Wozencraft, C. (2009). "Gulo gulo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 28 de maio de 2012. 
  2. "glutón". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018. 
  3. Denominación proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

Véxase tamén editar

Bibliografía editar