Globen Arena
O Globen Area de Estocolmo (en sueco, Globen, "O Globo"), oficialmente coñecido como Ericsson Globe[1] por razóns de patrocinio, é un estadio cuberto multifuncional en Estocolmo, Suecia.
Globen Arena Ericsson Globe | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 59°17′37″N 18°05′00″L / 59.293556, 18.083236 |
Localización | Estocolmo, Suecia |
Construción | |
Inauguración | 1989 |
Arquitecto | Svante Berg, Lars Vretblad |
Estadio | |
Capacidade | 16.000 espectadores |
Propietario | SGA Fastigheter e Ericsson |
Operadora | Anschutz Entertainment Group |
Web | https://aviciiarena.se |
[ editar datos en Wikidata ] |
Inaugurado o 19 de febreiro de 1989 tras dous anos e medio de construción, o Globen é o edificio esférico máis grande do mundo.
Nel celebráronse competicións de hóckey sobre xeo, de feito foi construído para a celebración do campionato mundial masculino deste deporte de 1989 e repetiu como sede do mundial en 1995, 2012 e 2013. Tamén se xogaron algúns partidos do Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2002 e do Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2003. En 2015 foi sede do Campionato Europeo de Patinaxe Artística sobre Xeo de 2015.
Foi sede de numerosos concertos, por el pasaron artistas como Lady Gaga, Oasis, Britney Spears, Shakira, Jennifer Lopez, Bob Dylan, Bruce Springsteen, Luciano Pavarotti, CD9, Black Sabbath, Guns N' Roses, Rammstein, Linkin Park, Green Day, Violetta, U2, Christina Aguilera, Westlife, Metallica, Nicki Minaj , Rihanna, Beyoncé e Ariana Grande, entre outros, xa que ten capacidade para 16.000 persoas.
Ademais, en 1989 e desde 2002 até 2012 foi a sede da final do Melodifestivalen.[2][3] Foi sede dos MTV Europe Music Awards 2000 [4] e do Festival de Eurovisión 2000. Repetirá como sede do Festival de Eurovisión 2016.[5]
Notas
editar- ↑ globearenas.se (ed.). "Press release for Ericsson naming rights" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 2009-02-06.
- ↑ SVT (ed.). "80-talet" (en sueco). Consultado o 2009-06-06.
- ↑ SVT (ed.). "2000-talet" (en Swedish). Consultado o 2009-06-06.
- ↑ Stockholm Globe Arenas (ed.). "Stockholm Globe Arenas, Company presentation, history & facts" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de agosto de 2010. Consultado o 2009-06-07.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Globen Area de Estocolmo Arquivado 18 de setembro de 2016 en Wayback Machine. - web oficial, en inglés