Givova é unha marca italiana de roupa deportiva e expandida a outros segmentos téxtiles, fundada no 2008. Fornece como marca deportiva a equipos de baloncesto, béisbol, rugby, balonmán, fútbol, fútbol sala e voleibol

Givova
Logo
Tiposporting goods manufacturer e negocio
Data de fundación2008
SedeScafati
PaísItalia
Na rede
https://givova.it/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Givova fundouse o 23 de maio de 2008 por Giovanni Acanfora, previamente o cofundador de Legea.[1][2][3][4][5]

A compañía é o patrocinador de Chievo e Carpi, o equipo nacional de fútbol de Malta e no pasado traballou co equipo olímpico de Serbia nos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Tamén é o provedor dalgunhas seleccións de fútbol, como Hungría, Luxemburgo, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Chipre e actualmente traballa coa selección de fútbol de Venezuela, Talleres de Córdoba, Newell's Old Boys e Club de Gimnasia y Esgrima La Plata.

Dende 2011, Givova asinou unha sociedade corporativa cos Scafati Basket, equipo da Serie A2 Oeste, denominándoo «Givova Scafati».[6]

Selección de Venezuela editar

O 25 de marzo de 2019, tras o partido amigábel que enfrontou ás seleccións de Venezuela e Cataluña, os xogadores da selección de Venezuela, Tomás Rincón e Salomón Rondón subiron ás súas redes sociais publicacións nas cales mostraban a súa desconformidade coa marca italiana pola súa falta de profesionalismo debido á pesima calidade e a hora de dar o equipamento deportivo poucos días antes do amigábel. Rincón, capitán da seleción venezolana mediante a súa conta de Instagram[7]dixo:

Señores de @givova_official fágolles chegar publicamente o meu descontento con vostedes como marca deportiva nesta data FIFA que acaba de terminar.

Debido aos seus vínculos de negocios coa FVF e o goberno venezolano, alegáronse terse visto afectados por un "bloqueo" ao país. Posteriormente o problema resolveuse porque o produto xa estaba dispoñible pero debido a problemas loxísticos da marca patrocinadora, non se proporcionou no tempo necesario para os amigábeis da selección venezolana en Data FIFA.[8]

A marca viste a numerosos clubs deportivos en Italia, Europa e nalgúns países de Latinoamérica e a pesar do incidente coa Selección venezolana de fútbol aínda segue sendo o seu fornecedor oficial.

Notas editar

  1. Azienda Arquivado 10 de novembro de 2015 en Wayback Machine.. givova.it
  2. Guerra Tribunale fratelli Acanfora contro altro re abbigliamento sportivo padri Legea - Givova Arquivado 10 de setembro de 2017 en Wayback Machine.. metropolisweb.it
  3. Ferro y Givova firman contrato de indumentaria. marcadegol.com
  4. Nueva indumentaria. ferrocarriloeste.org.ar
  5. Il ChievoVerona rinnova con Givova fino al 2017 Arquivado 21 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.. passionemaglie.it
  6. Givova Scafati Basket. basketball.eurobasket.com
  7. "Tomás Rincón ( tomasrincon8 )". 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  8. SoyFútbol (26 de marzo de 2019). "Givova se disculpa por el papelón que hicieron con Venezuela y sus camisetas". Consultado o 23 de xuño de 2019.