Giuseppe De Santis

director de cinema italiano
(Redirección desde «Giuseppe de Santis»)

Giuseppe De Santis, nado en Fondi o 11 de febreiro de 1917 e finado en Roma o 16 de maio de 1997 foi un director de cinema italiano. Un dos directores máis idealistas do neorrealismo italiano das décadas de 1940 e 1950, escribiu e dirixiu filmes que esixían a reforma social. Era irmán do director de fotografía Pasqualino De Santis.

Infotaula de personaGiuseppe De Santis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Fondi, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de maio de 1997 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1997)
Reino de Italia (1917–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentro Sperimentale di Cinematografia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosLuisa De Santis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0211459 Allocine: 3902 Allmovie: p87200 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado no Lacio, foi membro do Partido Comunista Italiano e loitou coa resistencia antialemá durante a segunda guerra mundial. Estudou filosofía e literatura antes de entrar no Centro Sperimentali di Cinematografia de Roma. Mentres traballaba como xornalista para a revista Cinema converteuse, baixo a influencia de Cesare Zavattini, nunha das principais figuras do neorrealismo italiano, que intentaban facer filmes que reflectían a realidade simple e tráxica da vida proletaria, usando actores non profesionais e localizacións reais. En 1942 colaborou no guión de Ossessione, de Luchino Visconti.

Continuaba a traballar na revista mentres incrementaba as súas tarefas como guionista e axudante de director ata o seu debut como director en 1947 con Caccia Tragica. Igual que os seus dous seguintes filmes era unha chamada para mellorar as condicións da clase obreira italiana e os traballadores agrícolas. Falábase tamén de corrupción, mercado negro, colaboracionismo cos alemáns e o trato dos ex soldados.

O seu terceiro filme, Arroz amargo (1950), historia dunha moza que traballa nos campos de arroz e debe escoller entre dous homes socialmente diferentes, converteu a Silvana Mangano nunha estrela. Valeulle ademais unha candidatura ao Oscar ao mellor argumento orixinal.

A principios da década de 1950 o movemento neorrealista estaba decaendo no favor dos críticos e do público. Os novos cineastas comezaban a usar historias dramáticas que se centraban nas relacións persoais e de Santis tamén cambiou o seu estilo. En 1952 filmou Roma ore 11, primeira versión dun accidente real que Augusto Genina volveu rodar o ano seguinte.

En 1959 gañou o Globo de Ouro con La strada lunga un anno, filme producido en Iugoslavia que tamén foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.[1] Foi membro do xurado do Festival Internacional de Cinema de Moscova en 1979[2] e en 1985[3]

De Santis faleceu en 1997 aos oitenta anos tras sufrir un ataque ao corazón. Italia declarou un día de loito. Unha parte dos seus arquivos foron doados á Reynolds Library da Wake Forest University e a súa dona e amigos crearon unha fundación co seu nome.

Filmografía editar

Notas editar

  1. "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  2. "11th Moscow International Film Festival (1979)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  3. "14th Moscow International Film Festival (1985)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar