Giuseppe Ferraris

medallista e deseñador de moeda italiano

Giuseppe Ferraris, nado en Turín en 1791 e finado en 1869, foi un medallista e deseñador de moedas italiano.

Infotaula de personaGiuseppe Ferraris
Biografía
Nacemento1791 Editar o valor em Wikidata
Turín Editar o valor em Wikidata
Morte1869 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1869) Editar o valor em Wikidata
EducaciónAccademia di belle arti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Italia Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravador , medallista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1828 Editar o valor em Wikidata - 1869 Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLuigi Manfredini Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Giuseppe Ferraris era fillo dun empregado da embaixada austríaca. A familia trasladouse a Milán, e alí Giuseppe foi aprendiz do célebre medallista e deseñador de moedas boloñés Luigi Manfredini, ao tempo que estudaba na Academia de Belas Artes de Brera.[1]

 
20 liras de Carlos Alberte de Sardeña (1849).

A primeira medalla que se coñece de Giuseppe Ferraris data de 1828. Baixo o reinado de Carlos Alberte de Saerdeña (1831-1849) sucedeu a Amedeo Lavy como gravador xefe da Casa da Moeda de Turín, e foi o creador de todas as moedas de ouro e de prata deste monarca. Conservou o posto baixo Vítor Manuel II de Sardeña (1849-1861) e logo de Italia (1861-1878), e foi tamén o autor de todas as moedas a nome deste rei deseñadas ata o seu falecemento, en 1869.[1][2][3]

 
Selo de 15 centésimos (1863).

Ademais das moedas, realizou tamén numerosas medallas, na súa maior parte relacionadas con acontecementos da historia contemporánea italiana. Destacan as medallas de busto de Vítor Manuel II,[4] e outras como as de Mercurino Arborio de Gattinara, Chanceler de Carlos V (1845);[5] Samuel Jesi (1853)[6] e Cesare Saluzzo, director da Escola Militar de Turín (1854), así como a da apertura do Parlamento (1859),[7] a do casamento de Fernando I de Austria (1831), etc.[2]

Nas moedas e medallas da súa creación aparece a inscrición FERRARIS, en letras maíusculas e de pequeno tamaño, a modo de marca de gravador.[2]

Os seus deseños utilizáronse tamén para os primeiros selos postais do novo reino italiano, na década de 1860.[8]

Escolma de obras editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Giuseppe Ferraris". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  2. 2,0 2,1 2,2 Forrer, L. (1907).
  3. "Giuseppe Ferraris". Numista.com
  4. "Ferraris G.-Vagnetti F. (1861), Medaglia di Vittorio Emanuele II". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  5. "Ferraris G. (1845), Medaglia di Mercurino Arborio di Gattinara". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  6. "Ferraris G. (1853), Medaglia di Samuele Jesi". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  7. "Ferraris G. (1859), Medaglia per l'apertura del parlamento". Beweb. Bene Ecclesiastici in web (Beweb.chiesacattolica.it).
  8. "Giuseppe Ferraris". Colnect.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Forrer, L. (1907). "Ferraris, Giuseppe". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 2. Spink & Son., Londres. Páxina 88.