Giovanni Simeone

futbolista arxentino

Giovanni Pablo Simeone Baldini, nado en Buenos Aires o 5 de xullo de 1995, é un futbolista arxentino que xoga como dianteiro no Napoli da Serie A e na selección arxentina.

Giovanni Simeone
Información persoal
Nome Giovanni Pablo Simeone Baldini
Nacemento 5 de xullo de 1995
Lugar de nacemento Madrid e Buenos Aires
Altura 1,81 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Napoli
Número 18
Carreira xuvenil
–2008 Rayo Majadahonda
2008–2013 River Plate
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2016 River Plate 27 (2)
2015–2016 Banfield 34 (12)
2016–2017 Genoa 35 (12)
2017–2020 Fiorentina 74 (20)
2019–2020 Cagliari 37 (12)
2020–2022 Cagliari 34 (6)
2021–2022 Hellas Verona 35 (17)
2022–2023 Hellas Verona 0 (0)
2022–2023 Napoli 25 (4)
2023– Napoli 18 (1)
Selección nacional
2015 Arxentina sub-20 12 (10)
2016 Arxentina sub-23 3 (0)
2018– Arxentina 6 (0)
Na rede
Instagram: simeonegiovanni FIFA: 385302 UEFA: 250176138 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 24 de febreiro de 2024.
Selección: actualizado a 24 de febreiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

É fillo do adestrador e exfutbolista Diego Simeone e irmán maior dos tamén futbolistas Gianluca e Giuliano Simeone.[1]

Traxectoria editar

Fillo do futbolista internacional arxentino Diego Simeone e de Carolina Baldini, Giovanni naceu en Buenos Aires,[2][3] na época na que o seu pai xogaba no Atlético de Madrid.[4]

Tras vivir un tempo en Madrid, a súa familia trasladouse a Italia en 1997, cando Diego Simeone fichou polo Inter de Milán, pero regresaron a España en 2003, trala volta do futbolista ao Atlético.[5] Alí Giovanni comezou a xogar ao fútbol na canteira do Rayo Majadahonda, antes de que a familia se trasladase en 2008 á Arxentina, onde o pai se converteu no adestrador do River Plate, mentres que os fillos entraron na canteira do mesmo club.[6]

River Plate editar

Despois de subir polas diferentes categorías inferiores do club, en novembro de 2011 asinou o seu primeiro contrato profesional co club.[7] Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 4 de agosto de 2013, xogando os 90 minutos completos dun partido ante o Gimnasia La Plata.[8] Marcou o seu primeiro gol o 8 de setembro, facendo o segundo tanto na vitoria por 3-0 ante o Tigre.[9]

En xullo de 2015 foi cedido ao Banfield por unha tempada.[10] No día do seu debut, marcou o gol da vitoria ante o Quilmes (1-0).[11]

Genoa editar

En agosto de 2016 foi traspasado ao Genoa italiano por 3 millóns de euros.[12] Debutou na Serie A nun partido ante o Sassuolo, e marcou o seu primeiro gol no primeiro partido que xogou como titular, un empate 1-1 co Pescara o 25 de setembro de 2016.[13] Dous meses despois marcoulle dous goles á Juventus, líder da Serie A, para gañar o partido por 3-1 [14] Completou a tempada cun total de 36 partidos e 13 goles.

Fiorentina editar

Entre as especulacións sobre un interese do Atlético de Madrid en fichar ao xogador para ser adestrado por seu pai Diego Simeone, en agosto de 2017 Giovanni asinou coa Fiorentina. Titular indiscutible no equipo de Stefano Pioli, anotou 14 goles en liga, incluído o seu primeiro triplete, nunha vitoria por 3-0 sobre o Napoli que puxo fin ás esperanzas de gañar o título do seu futuro club.[15]

Cagliari editar

En agosto de 2019 foi cedido por un ano ao Cagliari, a través dun acordo que incluía unha cláusula de compra obrigatoria ao final da cesión.[16] Debutou o 1 de setembro nunha derrota por 2-1 ante o Inter de Milán,[17] e marcou o seu primeiro gol dúas semanas despois, na vitoria por 3-1 contra Parma.[18] Despois dunha irregular primeira parte da tempada,[19] marcou en catro partidos consecutivos tralo reinicio das competicións deportivas que paralizara a pandemia de COVID-19, rematando a campaña con 12 goles.[20][21]

Na tempada seguinte anotou seis tantos.[22]

Hellas Verona editar

En agosto de 2021 foi cedido ao Hellas Verona, tamén da Serie A.[23] O 24 de outubro marcou os catro goles do seu equipo na vitoria por 4-1 ante a Lazio.[24] Era a segunda vez que marcaba tres goles ou máis na Serie A, e en ámbalas dúas ocasións o fixo contra equipos dirixidos por Maurizio Sarri.[24] Seis días despois fíxolle dous goles á Juventus por segunda vez na súa carreira, gañando o encontro por 2-1.[25] Pechou a campaña cun total de 17 goles e 6 asistencias en 35 partidos.

En xuño de 2022 foi adquirido en propiedade polo Hellas Verona, co que asinou un contrato ata 2026.[26]

Napoli editar

O 18 de agosto de 2022 anunciouse oficialmente a súa cesión ao Napoli, cunha opción de compra que sería obrigatoria ao cumprirse determinadas condicións deportivas.[27] Debutou co equipo azzurro o 28 de agosto ante a Fiorentina, un dos seus anteriores equipos, substituíndo a Victor Osimhen nos últimos 15 minutos do partido, que acabou cun empate 0-0.[28] O 7 de setembro debutou na Liga de Campións, substituíndo unha vez máis a Osimhen, e marcando o seu primeiro gol no torneo e coa camiseta azzurra, na vitoria do Napoli por 4-1 sobre o Liverpool.[29] O 26 de outubro marcou dous goles na Liga de Campións, na vitoria por 3-0 contra o Rangers,[30] converténdose así no segundo xogador arxentino, despois de seu pai, en marcar catro goles nos seus catro primeiros partidos na máxima competición europea.[31] Acabou a tempada con 9 goles en 32 partidos, contribuíndo á conquista da terceira Serie A da historia do Napoli.

En xuño de 2023 asinou definitivamente co Napoli.[32]

Selección arxentina editar

Selección sub-20 editar

Tras un destacado paso pola selección arxentina sub-18, foi convocado con só 17 anos pola selección sub-20. En marzo de 2014 foi chamado polo adestrador Alejandro Sabella para adestrar coa selección arxentina absoluta.[33]

En xaneiro de 2015 entrou na lista de 23 xogadores do seleccionador sub-20, Humberto Grondona, para a Copa América sub-20 que se ía celebrar no Uruguai.[34] Debutou no torneo con dous goles ante o Ecuador, anotou outros dous no terceiro encontro ante o Perú e dous máis no último partido da fase de grupos, contra Bolivia.[35][36] Na segunda fase do torneo anotou un gol contra o Perú e dous contra Paraguai, guiando o seu equipo á conquista do título. Ademais acabou como o máximo goleador do torneo, con nove goles, catro máis que o segundo clasificado, o uruguaio Gastón Pereiro.

Copa do Mundo sub-20 editar

En maio de 2015 foi incluído por Grondona na lista de 21 xogadores que representarían á selección arxentina sub-20 na Copa do Mundo de Nova Zelandia. Marcou un gol ante Ghana pero o seu equipo non conseguiu pasar da fase de grupos.

Selección absoluta editar

En setembro de 2018 debutou coa selección arxentina absoluta, da man do daquela seleccionador interino Lionel Scaloni,[37] nun partido ante Guatemala, no que foi titular e no que ademais se estrou como goleador, facendo o terceiro e último gol do seu equipo (3-0).[38] Como parte dun cambio xeracional, Simeone seguiu sendo convocado por Scaloni, converténdose nun xogador habitual nos seguintes partidos da 'Albiceleste'.

Vida persoal editar

O 1 de xaneiro de 2014, aos 18 anos, obtivo a cidadanía española.[39] O 25 de maio de 2022 casou coa modelo italiana Giulia Coppini na igrexa de San Salvatore al Monte, en Florencia.[40]

Palmarés editar

River Plate
Napoli
Selección arxentina sub-20

Notas editar

  1. "Chi è Giuliano Simeone, il figlio del 'Cholo' all'esordio con l'Atletico Madrid" (en italiano). 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  2. "Tres futbolistas y un biberón... ¿Conoces a los hijos de Simeone?" (en castelán). 30 de setembro de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  3. Serie A (4 de novembro de 2016). Approfondimento su Simeone (YouTube) (en italiano). 
  4. "Celeste Godoy, la musa de Giovanni Simeone" (en castelán). 15 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  5. ""Sono Gio e non mi manda papà". Simeone jr: tecnica, gol e tanta "garra"" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  6. "In rampa di lancio: attaccanti". UEFA (en italiano). 4 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  7. "Filho de Simeone assina contrato com o River Plate" (en portugués). 3 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  8. "Gimnasia La Plata 1-0 River Plate". ESPN (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  9. "River Plate 3-0 Tigre" (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  10. "Transfert : Giovanni Simeone (River Plate) prêté à Banfield". L'Equipe (en francés). 8 de xullo de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  11. "Banfield festejó por Giovanni Simeone" (en castelán). 11 de xullo de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  12. "Simeone ufficiale, venerdi' conferenza" (en italiano). 18 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  13. "The son of Atletico Madrid manager Diego Simeone scored on his first league start for Serie A club Genoa.". BBC (en inglés). 25 de setembro de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  14. "Serie A leaders Juventus blown away by Genoa in half an hour" (en inglés). 27 de novembro de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  15. Sardelli, Giovanni (29 de abril de 2018). "Fiorentina-Napoli 3-0. Simeone tripletta, la Juve a +4". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  16. "UFFICIALE – Giovanni Simeone è del Cagliari" (en italiano). 30 de agosto de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  17. Silvestri, Stefano (1 de setembro de 2019). "Le pagelle di Cagliari-Inter 1-2: Sensi incanta, Lukaku prezioso" (en italiano). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  18. Carci, Francesco (15 de setembro de 2019). "Parma-Cagliari 1-3, Ceppitelli e Simeone sbloccano i sardi". la Repubblica (en italiano). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  19. "Fantacalcio, il calo senza fine di Simeone: 1 gol e 7 insufficienze nelle ultime otto" (en italiano). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  20. "Fantacalcio, Simeone segna in 4 gare di fila in Serie A: non era mai successo" (en italiano). 2 de xullo de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  21. Culurgioni, Matteo (2 de xuño de 2020). "La metamorfosi di Simeone sta in poche parole" (en italiano). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  22. "Cagliari, panchine e spezzoni: c’è ancora posto per Simeone?" (en italiano). 13 de maio de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  23. "Hellas Verona, in attacco arriva Simeone" (en italiano). 26 de agosto de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  24. 24,0 24,1 Johnson, Jonathan (24 de outubro de 2021). "Giovanni Simeone has career day for Hellas Verona, scores four goals to sink Lazio in Serie A" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  25. "Juventus dropped to ninth in Serie A as Verona condemned Massimiliano Allegri's side to a fourth league defeat of the season.". BBC (en inglés). 30 de outubro de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  26. "Simeone è tutto del Verona: ufficiale, il Cholito è stato riscattato dal Cagliari" (en italiano). 17 de xuño de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  27. "Simeone al Napoli, è fatta: arriva in prestito dal Verona" (en italiano). 12 de agosto de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  28. Calemme, Mirko (30 de agosto de 2022). "La Fiore para al Nápoles, Spalletti se enfada con los tifosi". As (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  29. "El Nápoles aplasta al subcampeón de Europa". Sport (en castelán). 7 de setembro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  30. "El Nápoles vence al Rangers y sigue su pleno de victorias en Champions". Marca (en castelán). 25 de outubro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  31. "Opta: Cholo e Cholito, un record di famiglia" (en italiano). 26 de outubro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  32. "Gio Simeone firma contrato permanente por tres años con el Nápoles" (en castelán). 15 de xuño de 2023. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  33. "Cuatro pibes de River, sparrings en el Mundial" (en castelán). 24 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  34. "Correa, Buendia y 'Gio' Simeone en la lista de Argentina Sub20". As (en castelán). 13 de maio de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  35. "El Sub 20 tuvo un debut a puro gol". Clarín (en castelán). 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  36. "'El Cholito' Simeone pone rumbo al Hexagonal". Marca (en castelán). 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  37. "Scaloni da la lista de Argentina sin Messi y con Gio Simeone" (en castelán). 18 de agosto de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  38. "Argentina derrota a México y se queda con la Copa Adidas 2018" (en castelán). 17 de novembro de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  39. "Simeone tiene pasaporte comunitario" (en castelán). 1 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  40. "Giovanni Simeone, matrimonio a Firenze con Giulia Coppini" (en italiano). 25 de maio de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2024.