Abrir o menú principal

George Combe, nado o 21 de outubro de 1788 en Edimburgo e finado o 14 de agosto de 1858, irmán de Andrew Combe, foi un escritor especialista en frenoloxía e educación. Naceu en Edimburgo, cidade na que exerceu a avogacía durante un tempo. Máis tarde, dedicouse á promoción da frenoloxía e ás súas opinións sobre pedagoxía, o que o levou a fundar unha escola no ano 1848. O seu principal traballo foi o libro The Constitution of Man (A constitución do home) (1828).

George Combe
George Combe01.jpg
Nacemento21 de outubro de 1788
 Edimburgo
Falecemento14 de agosto de 1858
 Farnham
SoterradoCemitério de Dean
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónautor, escritor, avogado e phrenologist
editar datos en Wikidata ]
Imaxe de George Combe.

Logo de finalizar os seus estudos na escola superior de Edimburgo e na súa universidade, Combe dedicouse a traballar cun bufete de avogados en 1804, aínda que en 1812 estableceuse pola súa propia conta. En 1815 a revista Edinburgh Rewiew expuxo un artigo sobre cranioloxía de Franz Joseph Gall e K. Spurzheim que foi denunciado como «unha peza de profunda charlatanaría de principio a fin». Combe, como outros, burlouse do que segundo el era absurdo nese artigo sobre unha nova teoría do cerebro e pensou que esa teoría tiña que acabar finalmente botada por terra. Cando Spurzheim deu unha conferencia en Edimburgo con vistas a defender a súa teoría, Combe considerou que ese asunto xa non merecía máis a súa atención.

Foi convidado á casa dun amigo onde viu a Spurzheim disecar un cerebro, ficando impresionado coa demostración. Investigando o tema pola súa conta, chegou á conclusión de que os principios fundamentais da frenoloxía eran certos: "O cerebro é o órgano do pensamento. O cerebro está composto de varias partes, cada unha delas acolle unha facultade mental distinta; e o tamaño do cerebro é un expoñente do poder do seu funcionamento."

En 1817 publicouse o seu primeiro ensaio sobre frenoloxía na revista Scots Magazine, aparecendo logo unha serie de escritos sobre o mesmo tema na Literary and Statistical Magazine. Todo isto foi recompilado e posteriormente publicado en 1819 no libro Essays on Phrenology (Ensaios sobre frenoloxía), aínda que en posteriores edicións cambiou o seu nome por A System of Phrenology (Un sistema frenolóxico). En 1820 axudou a fundar a sociedade frenolóxica, a cal en 1823 empezou a editar unha publicación especializada.

Os seus libros e escritos atraeron a atención do público europeo e estadounidenses. Ao fío destes, Combe mantivo un longo debate con William Hamilton entre 1827 e 1828 que foi de grande interese público.

A súa obra máis popular, The constitution of Man (A constitución do home) foi publicada en 1828, levantando nalgúns sectores protestas por materialista e atea. Nese tempo, o seu único punto de vista baseábase nos ditames da frenoloxía. Dedicou o seu tempo, traballo e diñeiro tamén para axudar ás clases baixas a dispoñer dunha educación de calidade, establecendo incluso a primeira escola infantil en Edimburgo e iniciou lecturas nocturnas para adultos sobre química, historia, fisioloxía e sobre todo filosofía. Tamén estudou casos criminais e intentou solucionar os problemas en canto a reforma e castigo dos culpables.

En 1836 ofreceuse para ser candidato á cátedra de Lóxica da universidade de Edimburgo, aínda que lle foi denegada en favor de William Hamilton. En 1838 visitou Estados Unidos, onde impartiu clases sobre criminais. Á súa volta en 1840, publicou Filosofía Moral e seguiu publicando posteriormente os seus apuntes nos Estados Unidos.

A culminación dos seus pensamentos e experiencias relixiosas na súa vida reuniunas na súa obra On the Relation between Science and Religion (Sobre a relación entre ciencia e relixión), publicada en 1857. Encargáronlle revisar a novena edición de The Constitution of Man cando morreu, en Moor Park, Farmham.

En 1842 redactou en alemán un conxunto de vinte e dous escritos sobre frenoloxía na universidade Ruprecht Karl de Heidelberg. Tamén viaxou moito por toda Europa, ensinando en escolas, prisións e asilos a súa teoría. A crise comercial de 1855 orixinou o seu notable folleto The Currency Question (A cuestión monetaria) en 1858.

Casou en 1833 con Cecilia Siddons, a filla da actriz Sarah Siddons.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Cousin, John William (1910). A Short Biographical Dictionary of English Literature. Londres, J.M. Dent & fillos; Nova York, E.P. Dutton.

Ligazóns externasEditar