Franz Joseph Gall

Franz Joseph Gall, nado o 9 de marzo de 1758 en Tiefenbronn, Baden e finado o 22 de agosto de 1828 en París, foi un anatomista e fisiólogo alemán, fundador da frenoloxía, unha teoría que reivindica ser capaz de determinar o carácter, características da personalidade, e grao de criminalidade pola forma da cabeza.

Infotaula de personaFranz Joseph Gall

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1758 Editar o valor em Wikidata
Tiefenbronn Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1828 (69 anos)
Montrouge, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 18
Grave of Gall (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrão-ducado de Baden (pt) Traducir
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Strasbourg (en) Traducir
Universidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFrenoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Viena
París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , anatomista , phrenologist (en) Traducir , neurocientífico , neurólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresGerard van Swieten (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 7773 Editar o valor em Wikidata
Franz Joseph Gall.

No seu principal traballo Untersuchungen ueber die Anatomie des Nervensystems ueberhaupt, und des Gehirns insbesondere[1] (A anatomía e fisioloxía do sistema nervioso en xeral, e do cerebro en particular), Franz Joseph Gall estabeleceu os principios nos que baseou a súa doutrina.

Convencido de que as funcións mentais residen en áreas específicas do cerebro e que isto determina o comportamento, asumiu que a superficie do cranio reflicte o desenvolvemento destas zonas. O primeiro concepto foi comprobado cando Paul Broca localizou o centro da fala no cerebro en 1861. A segunda noción foi invalidada cando se descubriu que o grosor do cranio varía, así que a súa forma non reflicte o cerebro en si. Gall foi o primeiro en identificar a materia gris como tecido activo (somas neuronais) e a substancia branca (axóns) como tecido condutor.


Notas editar

  1. Franz Joseph Gall e Johann Spurzheim: Untersuchungen ueber die Anatomie des Nervensystems ueberhaupt, und des Gehirns insbesondere, Paris e Strasburg, ed. Treuttel e Würtz, 1809, reedición 2001: ISBN 3 487113 86 4

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar