Abrir o menú principal

Geoffrey Stephen Hull, nado o 6 de setembro de 1955, é un lingüista, etnólogo e historiador australiano, que fixo contribucións para o estudo das linguas románicas, célticas, eslavas, semitas, austronesias (como o tetum de Timor-Leste) e papuasias, e en particular á relación entre linguaxe e cultura.

Geoffrey Hull
Geoffrey Hull.JPG
Nacemento6 de setembro de 1955
NacionalidadeAustralia
Alma máterUniversidade de Sydney
Ocupaciónlingüista, catedrático de universidade e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De ascendencia inglesa e escocesa ao lado paterno, súa familia materna pertencía á comunidade latina do Exipto (de orixe mixta maltesa, veneciana, triestina e francesa), que deixou o país durante o período de nacionalización do posguerra (1946-1957). El creceu familiarizado coa grande variedade de linguas faladas na súa familia ampliada (en francés, maltés, e varios dialectos da Italia, o occitano, o esloveno, o grego e o árabe).

Educación e Traxectoria académicaEditar

Estudou Artes na Universidade de Sidney (1974-1982), completando unha tese de doutoramento en lingüística histórica, tras pescudas dialectolóxicas en Italia e en Suíza. A súa tese [1], tese de doutoramento, Western Sydney University, MacArthur, foi unha reconstrución da lingua padana subxacente aos dialectos galoitalianos, vénetos e retorrománicos modernos. Antes de completar o doutoramento, realizou tamén estudos de filosofía e teoloxía na Aquinas Academy de Sidney. Na súa carreira académica Hull ten ensinado nas áreas de lingüística e linguas europeas modernas e clásicas en varias universidades australianas: Sydney University, Melbourne University, University of Wollongong e outras institucións de ensino superior australianas; é tamén un lexicógrafo profesional e un tradutor que traballa en máis dunha ducia de linguas. Actualmente é profesor adxunto da Macquarie University, en Sidney.[2].

Realizacións en Timor-Leste e traballo a prol da lingua tetumEditar

Nos anos 1990 axudou o Liderado de Timor Leste en exilio na tarefa de normalización do tetum e creando unha gama de recursos lingüísticos e literarios para esta e outras linguas de Timor Leste, entón so ocupación indonesia.[3][4][5]. Tamén foi membro dunha delegación pro dereitos humanos organizada polo Australian Catholic Social Justice Council, que visitou o país en 1997, en medio a unha escalada de violencia e fixo un informe ás Nacións Unidas, á Comisión de Dereitos Humanos da Indonesia, ao Goberno de Australia e ao Vaticano. En setembro de 1999, Hull depuxo perante o Senado australiano sobre os abusos que tiña presenciado no Timor Leste durante as visitas anteriores [6]. De 2001 a 2007 foi director de pescudas e publicacións do Instituto Nacional de Lingüística, a autoridade lingüística nacional do Estado independente de Timor Leste. El foi o organizador, principal autor e editor do dicionario nacional de tetum [7] e foi fundador e co-editor da revista académica Estudos de Linguas e Culturas de Timor-Leste.

Os seus servizos para as linguas de Timor Leste son da maior importancia, e foron valorizados pola Administración Transitoria das Nacións Unidas no Timor Leste, liderado de decembro de 1999 a maio de 2002 polo brasileiro Sérgio Vieira de Mello. Polo seu traballo fundamental en favor do tetum, Geoffrey Hull é comparable con personalidades como Koldo Mitxelena para o idioma vasco (éuscaro) en España, de Eliezer Ben Yehuda para o hebraico en (Israel), de Ivar Aasen e Knud Knudsen para a lingua Noruega, de Johannes Aavik para Estonia, de Taras Shevchenko para Ucraína etc.

Outras áreas de intereseEditar

Fóra do campo da lingüística, Geoffrey Hull é coñecido polos seus traballos sobre cuestións relixiosas, principalmente as causas históricas e o impacto socio-cultural das reformas da igrexa na década de 1960 sobre a Igrexa Católica Latina e as tradicións orientais católicas.[8]

Véxase taménEditar

NotasEditar

  1. Hull, Dr. Geoffrey (1982) A unidade lingüística do norte de Italia e de Recia
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2010. Consultado o 30 de abril de 2010. 
  3. Timor Oriental: n'est-ce qu'il qu'une question politique?. Églises d'Asie: Agence d'Information des Missions Etrangères de París, Dossiers et documents n º 9 / 92, de 1992.
  4. Timor-Leste: Identidade, Lingua e Política Educacional. Lisboa: Ministerio dos Negocios Estranxeiros/Instituto Camões, 2001
  5. (Geoffrey Hull, Lance Eccles). Gramática da Lingua Tétum. Lisboa: Lidel, 2005.
  6. http://www.aph.gov.au/senate/committee/FADT_CTTE/completed_inquiries/1999-02/east_timor/report/c05.htm
  7. Disionáriu Nasional ba Tetun Ofisiál
  8. The Banished Heart: Origins of Heteropraxis in the Catholic Church. London: T&T Clark, 2010

Bibliografía do Dr Geoffrey HullEditar

  • 1982 The Linguistic Unity of Northern Italy and Rhaetia, tesis, Western Sydney University, Macarthur.
  • 1987 La lingua ‘padanese’: Corollario dell’unità dei dialetti reto-cisalpini. Etnie: Scienze politica e cultura dei popoli minoritari, 13.
  • 1988 Franco-Maltese. In James Jupp, ed., The Australian People: An Encyclopedia of the Nation, its People and their Origins. Sydney: Angus and Robertson.
  • 1989 Polyglot Italy: Languages, Dialects, Peoples, Melbourne,CIS Educational.
  • 1989 Parallels and Convergences in Celtic and Romance Philology. Australian Celtic Journal, 1.
  • Vocabulary Renewal Trends in the Modern Celtic Languages. Origins and Revivals: Proceedings of the First Australian Conference of Celtic Studies, pp. 69–90.
  • 1990 Idealist Nationalism and Linguistic Dogma in Italy. In The Shared Horizon. Dublin: The Academic Press.
  • 1992 Timor Oriental: n’est-ce qu’il qu’une question politique?, Églises d’Asia: Agence d’Information des Missions Etrangères de Paris, Dossiers et documents No. 9/92.
  • 1993 The Malta Language Question: A Case Study in Cultural Imperialism. Malta: Said International.
  • 1994 Building the Kingdom: Mary MacKillop and Social Justice. Melbourne: Collins Dove.
  • 1994 Instituto de Estudos Timorenses “Maria Mackillop” - Orientação para a Padronização da Língua Tetum. Baulkham Hills (Sydney).
  • 1998 Mai Kolia Tetun. A Course in Tetum-Praça, Sydney, Australian Catholic Relief and the Australian Catholic Social Justice Council.
  • 2001 Timór-Lorosa’e: Identidade, lian no polítika edukasionál (Timor-Leste: Identidade, Língua e Política Educacional). Lisboa: Ministério dos Negócios Estrangeiros/Instituto Camões.
  • 2002 The Languages of East Timor. Some Basic Facts, Instituto Nacional de Linguística, Universidade Nacional de Timor Lorosa'e. The Languages of East Timor
  • 2002 Standard Tetum-English Dictionary, 2nd Ed, Allen & Unwin Publishers ISBN 978-1-86508-599-9
  • 2005 (con Lance Eccles). Gramática da Língua Tétum. Lisboa: Lidel
  • 2006 (con Halyna Koscharsky) Contours and consequences of the lexical divide in Ukrainian. Australian Slavonic and East European Studies, Vol 20, Nos 1-2
  • 2010 The Banished Heart: Origins of Heteropraxis in the Catholic Church. London: T&T Clark.

Ligazóns externasEditar