Luis Michelena Elissalt, máis coñecido como Koldo Mitxelena, nado en Errenteria o 20 de agosto de 1915 e finado en Donostia o 11 de outubro de 1987, foi un filólogo vasco, unha das máximas autoridades en lingua éuscara e un dos artífices do éuscaro batua.

Infotaula de personaKoldo Mitxelena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1915 Editar o valor em Wikidata
Errenteria, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1987 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Director de teseJosé Vallejo Sánchez Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , filólogo , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca
Universidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco
Eusko Alkartasuna Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarEuzko Gudarostea Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoPello Salaburu, Lourdes Oñederra (en) Traducir, Patxi Goenaga (en) Traducir, Patri Urkizu (en) Traducir, Miren Azkarate Villar e Ibon Sarasola Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMatilde Martínez de Ilarduia
Premios

Inguma: koldo-mitxelena-elissalt-1915-1987 Literaturaren Zubitegia: 226 Dialnet: 25771

En 1959 doutorouse en Filosofía e Letras, disciplina na que se iniciara na cadea. En 1958 ocupou a cátedra de Lingua e Literatura vascas na Universidade de Salamanca (a primeira cátedra desta lingua nunha universidade española); en 1968 foi nomeado profesor de lingüística indoeuropea.

En 1978 fíxose cargo da Facultade de Filoloxía da Universidade do País Vasco. Membro da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia), ténselle considerado como unha das máximas autoridades na lingua éuscara, sendo un dos artífices da unificación deste idioma.

Traxectoria editar

Michelena naceu no seo dunha familia fabril artesá. Unha doenza forzouno, cando neno, a gardar cama durante tempo abondo como permitirlle ler e familiarizarse co éuscaro culto despertando nel unha vocación que lle ía durar toda a vida.

De familia nacionalista, afiliouse a ELA e ao PNV, e bebe nas fontes do renacer literario de Euskaltzaleak, movemento da mocidade euskerista dirixido por Aitzol. A vida decote de Koldo Mitxelena abalou entre o traballo na fábrica, os estudos, a asistencia a mitins e o deporte. A saínte xeración literaria vasquista da preguerra interesouno extraordinariamente.

Guerra, condena a morte e primeira estadía no cárcere editar

Cando estala o levantamento militar, Koldo Mitxelena se presenta voluntario nacionalista. Apresado en Santoña, foi acusado de rebelión militar e condenado a morte o 7 de setembro de 1937. Porén seralle conmutada a pena pola de 30 anos de reclusión maior. Coñece as cadeas de El Dueso, Larrínaga e Burgos.

No cárcere de Burgos, mercé ao coñecemento e amizade con intelectuais e universitarios españois presos, Mitxelena foi convencido por Francisco Jordá, logo catedrático de Arqueoloxía, para que comece estudos universitarios. Os intensos avatares da súa vida no llo permitirán ata 1948...

Posto en liberdade vixiada en 1943, a súa estadía na cadea sumara 5 anos, 4 meses e 5 días.

Segunda estadía na cadea editar

Con 27 anos e con precaria saúde volta Koldo Mitxelena a súa Errenteria natal. O empresario erenteriano José Uranga ofrecelle un posto de contable en Madrid. Alí simultaneou o traballo coa clandestinidade. Son momentos delicados nos que a oposición a Francisco Franco espera que o triunfo dos aliados na segunda guerra mundial arrastre a caída do ditador.

O 10 de abril de 1946 é detido por actividades clandestinas da CNT e como dirixente do Partido Nacionalista Vasco. Xunto a el, caen tres importantes galeguistas, Ramón Piñeiro e os irmáns Saco... Condenado a dous anos de prisión concedéuselle a liberdade en 1948 tras ter estado nos cárceres de Alcalá, Ocaña, Yeserías e Talavera.

Precariedade e crecemento intelectual editar

Hice la carrera en el Topo.
Koldo Mitxelena

En 1948, de volta a Errenteria, matriculase por libre na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid, animado polo seu compañeiro de prisión Francisco Jordá. As dúas décadas seguintes son para Mitxelena de enorme crecemento intelectual e de precariedade e pluriemprego. Cos seus antecedentes penais achar traballo estábel é imposible. Foi a hora dos amigos e de valentes admiradores do seu talento e esforzo que, antepondo a valía científica e humana do lingüista aos diversos credos políticos, procuran axudalo (Arrue, Tovar, Amorós, Agud, Vallejo etc.).

En 1949 casa con Matilde Martínez de Ilarduya. Participa na folga do 51.

En 1954 é nomeado director técnico do Seminario de Filoloxía Vasca Julio de Urquijo e membro do consello da revista Egan.Inicia, así mesmo, algunhas clases en Salamanca, chamado polo seu amigo e estudoso da lingua vasca, o reitor, Tovar, para a creación dos primeiros estudos universitarios de vasco en España.

A Universidade editar

O destino natural de Koldo Mitxelena é a Universidade e a Comunidade Científica Internacional. Para iso debe obter a anulación dos antecedentes penais que, como pedra ao pescozo, lle impiden o acceso a ambas. O proceso comeza en 1953 e alongase ata 1967, véspera dos últimos tormentosos episodios da ditadura. A rede de amigos e científicos admiradores de Mitxelena foi fundamental. A vida e docencia na Salamanca vai representar un período feliz para el e a súa familia.

Unificación da lingua éuscara editar

Simultaneamente ao seu paso definitivo a Salamanca, aEuskaltzaindia encoméndalle a ardua tarefa de asentar os criterios de unificación do éuscaro, empresa que acomete en medio de controversias e polémicas. A súa postura vai ser a das razóns biolóxicas e sociolingüísticas: o éuscaro batua, o vasco normalizado, edificarase sobre a base común dos dialectos máis utilizados.

Docencia parisiense editar

Unha consecuencia do maio francés foi a descentralización e ampliación universitarias de 1969. Durante 1969-1971 imparte docencia de lingüística vasca comparada como professeur associé na Universidade da Sorbona e como chargé de cours na Ecole Practique des Hautes Etudes. A amizade de André Martinet é fundamental neste período. Mitxelena comeza a súa estancia en casa do lingüista, que o ha introducir ademais no seu círculo de amizades e de científicos (Jeanne Martinet, Giovana Madonia, Nicole Moutard etc) e na súa rede de publicacións.

Regreso ao País Vasco, nacemento da UPV/EHU editar

No basta con ser testigo de una época crítica
Koldo Mitxelena

A transición política, así como as primeiras eleccións, sorprenden a Mitxelena en Salamanca. Isto non obsta para que, desde a súa Errenteria natal, á que regresa sempre que pode, tome apaixonada parte nos acontecementos: creación da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), normalización político-cultural do país, docencia na nova universidade..., mais sempre desde unha posición política relevante.

Obras editar

  • Historia de la literatura vasca (1960)
  • Fonética histórica vasca (1961)
  • Lenguas y protolenguas (1963)
  • Textos arcaicos vascos (1964)
  • Sobre el pasado de la lengua vasca (1964)
  • Apellidos vascos (1978, 3ª edic.)
  • Euskal idazlan guztiak (1988)
  • Orotariko Euskal Hiztegia / Diccionario General Vasco (1987-2005)