Genesis (grupo musical)

Genesis é unha banda inglesa de rock progresivo formado no Charterhouse School, en Godalming, Surrey, no ano 1967. A formación máis exitosa do grupo estivo formada polo teclista Tony Banks, o baixista/guitarrista Mike Rutherford e o batería/vocalista Phil Collins. A formación dos anos 70, co vocalista Peter Gabriel e o guitarrista Steve Hackett, estivo entre as pioneiras do rock progresivo.

Genesis
Genesis en 2007
OrixeGodalming, Surrey, Inglaterra Inglaterra
Período1967 - 2000
2006 - 2007
2020 - presente
Xénero(s)rock progresivo, art rock, pop rock, pop progresivo, soft rock
Selo(s) discográfico(s)Charisma, Virgin, EMI, Decca, Virgin EMI, UMG, London, Atlantic, Atco, Vertigo, Concord, ABC
MembrosTony Banks
Mike Rutherford
Phil Collins
Antigos membrosPeter Gabriel
Steve Hackett
Anthony Phillips
Chris Stewart
John Silver
John Mayhew
Mick Barnard
Ray Wilson
Na rede
genesis-music.com
IMDB: nm1949500 Facebook: genesis Twitter: genesis_band Instagram: genesis_band MySpace: genesismusic Youtube: UChv9FR8xwUxEkdBUVu4VUOw Spotify: 3CkvROUTQ6nRi9yQOcsB50 iTunes: 95966 Last fm: Genesis Musicbrainz: 8e3fcd7d-bda1-4ca0-b987-b8528d2ee74e Songkick: 137873 Discogs: 124506 Allmusic: mn0000199995 Deezer: 82809422 Genius: Genesis Editar o valor en Wikidata

O grupo foi formado por cinco alumnos de Charterhouse, Banks, Rutherford, Gabriel, e Anthony Phillips, e bautizado polo antigo alumno da escola Jonathan King, quen conseguiu que gravasen varios sinxelos e o seu álbum de estrea From Genesis to Revelation en 1968.[1] Tras separarse de King, a banda comezou a xirar, fichou por Charisma Records e converteuse nun grupo de rock progresivo co álbum Trespass (1970). Tras a marcha de Phillips, Genesis recrutou a Collins e a Hackett e gravou Nursery Cryme (1971). Os seus concertos comezaron a mostrar os disfraces e interpretacións teatrais de Gabriel. Foxtrot (1972) foi o seu primeiro éxito no Reino Unido e Selling England by the Pound (1973) acadou o número 3 nese país, contando co seu primeiro sinxelo en entrar nas listas británicas, "I Know What I Like (In Your Wardrobe)". O álbum conceptual The Lamb Lies Down on Broadway (1974) foi promocionado cunha xira transatlántica e unha elaborada escenografía, antes de que Gabriel deixase o grupo.[1]

Collins asumiu as tarefas de vocalista principal, e o grupo publicou A Trick of the Tail e Wind & Wuthering (ámbolos dous en 1976) cun grande éxito. Hackett deixou Genesis en 1977, reducindo a banda a Banks, Rutherford, e Collins. O seu noveno álbum de estudio, ...And Then There Were Three... (1978), contén o primeiro grande éxito de Genesis, "Follow You Follow Me". Os seus seguintes cinco traballos tamén foron exitosos. Collins deixou Genesis en 1996, e Banks e Rutherford substituírono por Ray Wilson, que apareceu no seu derradeiro álbum, Calling All Stations (1997). O fracaso comercial do álbum levou a que a banda entrase en hiato. Banks, Rutherford e Collins reuníronse para a xira Turn It On Again Tour en 2007,[2] e novamente en 2021 para a The Last Domino? Tour.[3]

Con entre 100 e 150 millóns de álbums vendidos en todo o mundo, Genesis é un dos artistas musicais con máis vendas. A súa discografía inclúe 15 álbums de estudio e 6 álbums ao vivo. A banda gañou numerosos premios (incluído un Grammy a mellor video musical conceptual por "Land of Confusion") e inspirou a moitas bandas tributo que recrean os espectáculos de Genesis de varias etapas da súa carreira. En 2010, Genesis foi incluído no Salón da Fama do Rock and Roll.[4]

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
From Genesis to Revelation 1969 Decca Records
Trespass 1970 Charisma Records
Nursery Cryme 1971 Charisma Records
Foxtrot 1972 Charisma Records
Selling England by the Pound 1973 Charisma Records
The Lamb Lies Down on Broadway 1974 Charisma Records
A Trick of the Tail 1976 Charisma Records, Atco Records
Wind & Wuthering 1976 Charisma Records, Atco Records
...And Then There Were Three... 1978 Charisma Records, Atlantic Records
Duke 1980 Charisma Records, Atlantic Records
Abacab 1981 Charisma Records, Atlantic Records
Genesis 1985 Charisma Records/Virgin Records, Atlantic Records
Invisible Touch 1986 Charisma Records/Virgin Records, Atlantic Records
We Can't Dance 1991 Virgin Records, Atlantic Records
Calling All Stations 1997 Virgin Records, Atlantic Records
  1. 1,0 1,1 "Genesis Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-01. 
  2. Greene, Andy (2021-09-21). "Genesis 'Turn It on Again' at Emotional Reunion Tour Launch in Birmingham". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-12-01. 
  3. "Genesis News Com [it]: Genesis - The Last Domino? Tour 2021 / 2022 - all dates". www.genesis-news.com. Consultado o 2022-12-01. 
  4. "Genesis". www.rockhall.com. Consultado o 2022-12-01. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar