Gene Tierney
Gene Eliza Tierney, nada en Nova York o 19 de novembro de 1920 e finada en Houston o 6 de novembro de 1991 foi unha actriz estadounidense.
Gene Tierney | |
---|---|
![]() Tierney no filme Laura (1944) | |
Nome completo | Gene Eliza Tierney |
Nacemento | 19 de novembro de 1920 |
Lugar | Nova York |
Falecemento | 6 de novembro de 1991 |
Lugar | Houston, Texas |
Causa | Enfisema pulmonar |
Soterrado | Glenwood Cemetery |
Nacionalidade | ![]() |
Educada en | American Academy of Dramatic Arts e Chase Collegiate School |
Cónxuxe(s) | Oleg Cassini (1941–1952) W. Howard Lee (1960–1981) |
Profesión | Actriz |
Na rede | |
http://www.cmgww.com/stars/tierney/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Cando era moza viviu dous anos en Suíza aprendendo francés. Volveu ao seu país en 1938. Durante unha viaxe á costa oeste visitou o estudio Warner Bros. O director Anatole Litvak viuna e quedou impresionado coa súa beleza, suxeríndolle que se convertese en actriz. A Warner quixo asinar un contrato, pero os seus pais negáronse. Pouco despois, aburrida da alta sociedade á que pertencía, decidiu iniciar unha carreira como actriz, estudando en Nova York.
A súa carreira profesional iniciouse en Broadway ese mesmo ano. O pai de Tierney creou unha compañía, Belle-Tier para promover a súa carreira. En 1939 asinou con Columbia Pictures un contrato por seis meses. Coñeceu a Howard Hughes, que tratou de seducila sen éxito. Porén foron amigos moitos anos. Despois de que a Columbia non conseguise atopar papeis para ela volveu ao teatro.
Finalmente, debutou no cinema en 1940 na 20th Century Fox. O seu papel máis famoso foi o do filme Laura, en 1944. Cando rematou o seu contrato en 1952 interpretou a Marya Lamarkina en Never Let Me Go, rodada en Inglaterra con Clark Gable. Tierney rodou outro filme en Europa, durante o que comezou unha relación co príncipe Aly Khan, pero o seu pai, Aga Khan III, opúxose ao matrimonio.
Debido a tristes sucesos, como o nacemento dunha filla con discapacidade mental, Tierney sufriu episodios de depresión. En 1955 ingresou no Harkness Pavilion en Nova York e logo en The Institute of Living en Hartford, Connecticut, onde recibiu tratamentos de electroshock. Máis tarde converteuse en voceira en contra deste tratamento, indicando que ela perdera memoria. En 1957 subiu á terraza do edificio da súa nai e estivo aló vinte minutos, no que se considera un intento de suicidio. Tras este episodio volveu ser ingresada en Topeka, Kansas.
Regresou ao cinema en 1962, recibindo de novo boas críticas, pero dous anos máis tarde retirouse e traballou unicamente na televisión ata 1980. En 1960 casou co empresario petroleiro W. Howard Lee que acababa de divorciarse de Hedy Lamarr.
Filmografía editar
Ano | Filme |
---|---|
1940 | The Return of Frank James |
1941 | Hudson's Bay |
1941 | Tobacco Road |
1941 | Belle Starr |
1941 | Sundown |
1941 | The Shanghai Gesture |
1942 | Son of Fury: The Story of Benjamin Blake |
1942 | Rings on Her Fingers |
1942 | Thunder Birds |
1942 | China Girl |
1943 | Heaven Can Wait |
1944 | Laura |
1945 | A Bell for Adano |
1945 | Que o ceo a xulgue |
1946 | Dragonwyck |
1946 | The Razor's Edge |
1947 | O fantasma e a señora Muir |
1948 | The Iron Curtain |
1948 | That Wonderful Urge |
1949 | Whirlpool |
1950 | Night and the City |
1950 | Where the Sidewalk Ends |
1951 | The Mating Season |
1951 | On the Riviera |
1951 | The Secret of Convict Lake |
1951 | Close to My Heart |
1952 | Way of a Gaucho |
1952 | Plymouth Adventure |
1953 | Never Let Me Go |
1953 | Personal Affair |
1954 | Black Widow |
1954 | The Egyptian |
1955 | The Left Hand of God |
1962 | Advise and Consent |
1963 | Toys in the Attic |
1963 | Las cuatro noches de la luna llena |
1964 | The Pleasure Seekers |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gene Tierney |
Bibliografía editar
- Cassini, Oleg (1987). Simon & Schuster, ed. In My Own Fashion: An Autobiography. ISBN 0-671-62640-X.
- Devillers, Marceau (1987). Pygmalion/G.Watelel, ed. Gene Tierney: A Biography. ISBN 2-85704-230-2.
- Merigeau, Pascal (1987). Paris, ed. Gene Tierney: A Biography. ISBN 2-85601-174-8.
- Tierney, Gene; Herskowitz, Mickey (1979). Peter Wyden, ed. Self-Portrait. ISBN 0-88326-152-9.
- Vogel, Michelle (2005). McFarland & Company, ed. Gene Tierney: A Biography. ISBN 0-7864-2035-9.
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial
- Gene Tierney na IMDb (en inglés).
- Fotografías Arquivado 08 de novembro de 2014 en Wayback Machine.