Galicia Spirit
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
O Galicia Spirit é un buque metaneiro de bandeira española, construído en 2003 co nome de Elvira Tapias en Seúl, e rebautizado en 2004 como Galicia Spirit. Está rexistrado no porto de Santa Cruz de Tenerife e é propiedade da empresa eléctrica Gas Natural Fenosa.[1]
Galicia Spirit | |
---|---|
Historial | |
Estaleiro | Daewoo Shipbuilding & Marine Engineering Goeje, Corea do Sur |
Clase | Gaseiro |
Tipo | LNG tanker |
Operador | Teekay Shipping Glasgow Glasgow, Reino Unido |
Porto de rexistro | Santa Cruz de Tenerife, España |
Botado | 2003 |
Asignado | 2004 |
Características xerais | |
Desprazamento | 79.166 toneladas |
Eslora | 279,80 m |
Manga | 43,40 m |
Puntal | 26 m |
Calado | 12,12 m |
Propulsión | Turbina de gas |
Velocidade | 19,5 nós |
IMO: 9247364 Chamada: EAYP |
Características
editar- Eslora: 279,80 m
- Eslora na flotación: 268,80 m
- Manga máxima: 43,40 m
- Calado: 12,12 m
- Puntal: 26 m
- Velocidade: 19,5 nós.
- Tonelaxe bruta: 94822
- Sociedade de clasificación: Lloyd's Register
Historia
editarO buque, propiedade da eléctrica Unión Fenosa, estivo operando entre 2004 e 2005 para unha empresa malaisiana, a Malaysia Int. Shipping Co. Berhad. A partir de xaneiro de 2005 foi empregado por Unión Fenosa para o traslado de gas natural licuado dende Damietta (Exipto) ata diversos portos españois.
O buque fíxose famoso por ser o primeiro en levar a subministración de gas á planta industrial de Reganosa (Mugardos), no interior da ría de Ferrol. O buque foi bloqueado o 7 de maio de 2007 por diversas pequenas embarcacións de mariscadores, que protestaban contra o que crían un perigo ecolóxico para a ría. O 9 de maio, grazas á intervención policial conseguiu atracar en porto.