Galegos nos Xogos Olímpicos de 2016
artigo de listas da Wikimedia
A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos do Río 2016 estivo composta por 14 deportistas integrados no equipo olímpico español.[1] O resultado final foi dunha medalla de ouro (Cristian Toro) e seis diplomas olímpicos.
Antecedentes
editarA maior participación de galegos nas olimpíadas deuse tanto en Barcelona 92 como en Sydney 2000 con 17 deportistas en ambas convocatorias. Nestas de Río foron tres competidores máis dos que participaron nos anteriores xogos. Daquela (2012) foron 11 os participantes, cunha colleita de 5 medallas.
Participantes
editarA seguinte táboa amosa a lista dos galegos que participaron nas diversas probas da cita olímpica carioca:[2]
Deporte | Deportista | Proba | Resultado |
---|---|---|---|
Tiro con arco | Miguel Alvariño | Diana aire libre (ind. e eq.) | Individual: chegou a dezaseisavos de final Por equipos: 9º posto |
Natación | María Vilas Vidal | 400 m estilos; 800 m libres | 400m: 4:42.52 na eliminatoria (non cualificada) 800 m: 8:36.43 na eliminatoria (non cualificada) |
Rugby | Vanesa Rial | Rugby a 7 fem. | 7º posto |
Paula Medín | |||
Vela | Fernando Echávarri | Nacra 17 | 33:10 na serie de apertura (non cualificado) |
Vela | Támara Echegoyen | 49er FX | 4ª (60 puntos) |
Vela | Iago López Marra | 49er | 9º (120 puntos) |
Atletismo | Frank Casañas | Lanzamento de disco | 59,96 m na eliminatoria (non cualificado) |
Atletismo | Jean Marie Okutu | Salto de lonxitude | 7,75 m na eliminatoria (non cualificado) |
Atletismo | Alessandra Aguilar | Maratón feminino | Abandonou no quilómetro 27 |
Piragüismo | Teresa Portela | K-1 200m | 6ª (41.053´´) |
Piragüismo | Cristian Toro | K-2 200m | ouro (32.075´´) |
Piragüismo | Óscar Carrera | K-4 1.000m | 5º posto (3.06'768'') |
Rodrigo Germade |
Notas
editar- ↑ "Os primeiros olímpicos galegos, listos na semana en que empezan os Xogos" Arquivado 11 de setembro de 2016 en Wayback Machine. TVG, 1/8/2016.
- ↑ Lista nominal Equipo Olímpico Español Río 2016 Arquivado 03 de agosto de 2016 en Wayback Machine. COE
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Lista de medallistas olímpicos galegos
- Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012
- Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020
Ligazóns externas
editar- Sitio web dos Xogos Olímpicos do Río 2016 Arquivado 14 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en varias linguas)
- Olímpicos en xogo Televisión de Galicia
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |