Yennifer Frank Casañas Hernández, nado o 18 de outubro de 1978 en Guanabacoa (A Habana, Cuba), é un atleta olímpico galego, lanzador de disco. Participou en cinco Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016).

Infotaula de personaFrank Casañas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Yennifer Frank Casañas Hernández Editar o valor em Wikidata
18 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba
España Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Peso117 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de disco Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata

Páxina webfrankcasanas.com Editar o valor em Wikidata
IAAF: 14169650 Olympic.org: frank-casanas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou no atletismo en Cuba, onde acadou postos importantes, como o campionato de Cuba de lanzamento de disco, tanto en categoría júnior como en categoría absoluta. En 1996 obtivo a medalla de bronce no Campionato do Mundo Júnior, que se celebrou en Sydney. Dous anos máis tarde, en 1998 foi prata nos Xogos Centroamericanos e do Caribe celebrados en Maracaibo, medalla que repetiu nos Xogos Panamericanos de 2003, celebrados en Santo Domingo.

Durante ese tempo foi seleccionado por Cuba para participar nos Xogos Olímpicos. En 2000 debutou nos Xogos Olímpicos de Sydney e en 2004 repetiu a súa presenza nos Xogos de Atenas. Nas dúas ocasións quedou eliminado na fase clasificatoria, sen pasar á final. En 2003 e en 2005 clasificouse para os Mundiais de Atletismo, celebrados respectivamente en París e Helsinqui, mais en ningunha desas ocasións chegou á final.

Á volta dos mundiais de Helsinqui desertou do equipo cubano e buscou refuxio en España ao facer o avión escala en Madrid. De alí mudouse á Coruña. Tres anos máis tarde, en 2008 casou en Galicia e pasou a competir coa nacionalidade española. Coa selección española participou nos Xogos Olímpicos de Beijing, en 2008, onde quedou quinto clasificado, que é o mellor posto acadado nunca por un lanzador galego nuns Xogos Olímpicos. Ao ano seguinte, en 2009, participou nos Mundiais de Berlín, onde tampouco chegou á final; en 2011, en Daegu, aínda que foi convocado pola selección española non chegou a competir.

Tamén participou nos Xogos Olímpicos de Londres en 2012, onde obtivo unha sétima praza, que foi seguida pola novena posición nos Mundiais de atletismo de Moscova en 2013.

Foi ademais catro veces campión de Galicia, en 2013, 2015, 2017 e 2019,[1] e está en posesión do récord galego de lanzamento de disco, con 65,32 metros.[2]

A súa adestradora é Valentina Fedjuschina. O seu club é o Club Atletisme Castelló.

Vida persoal editar

É o home da tamén lanzadora galega Dolores Pedrares. Despois de vivir na Coruña e en Tui, na actualidade vive en Pontevedra.

Notas editar

  1. "Campións galegos de atletismo ao aire libre" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  2. "Récords de Galicia". atletismo.gal. Consultado o 14 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar