Galaicus

Galaicus é un proxecto cinematográfico galego producido por Farruco Castromán e Luís Tosar. É a primeira superprodución galega ambientada no conflito entre os romanos e os pobos galaicos. O argumento do filme é consecuencia da inspiración do actor Rubén Riós.

Galaicus
Ficha técnica
Título orixinalGalaicus
DirectorDavid Gómez
ProdutorFarruco Castromán
Luís Tosar
GuiónRoberto G. Méndez[1]
IntérpretesLuís Tosar
EstudioZircoZine
Claqueta Coqueta
OrixeGalicia Galicia
XéneroPeplum
Orzamento€ 3,5 - 4 000 000

ArgumentoEditar

O filme conta a historia de amor entre un comandante romano e unha raíña celta que vive en Gallaecia. Ambientada no ano -137, na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Xunio Bruto Galaico e o seu comandante Máximo. A presenza dos romanos sáldase cunha batalla contra os galaicos na que morre o príncipe galaico Vetilo. Cando a súa viúva reclama o seu corpo, tanto o comandante como o procónsul namóranse dela e o conflito amoroso resólvese tamén a golpe de espada cando Máximo se converte en líder dos guerreiros galaicos e se enfronta ó poder de Roma.

PersonaxesEditar

ProduciónEditar

Os traballos para a preparación da rodaxe do filme comezaron no segundo semestre de 2012.[3] Entre os plans do proxecto está a reconstrución dun sector do castro de Castromao, en Celanova. As obras contemplan recrear varios edificios nun sector no que foi atopada a famosa "tessera dos Coelerni". A reconstrución suporá un custo de 210.000 euros en dúas anualidades, sufragados na súa integridade por Turismo da Xunta de Galicia.[4] A rodaxe comezará na primavera do 2015.[5]

O proxecto ten un orzamento estimado de entre 3,5 e 4 millóns de euros e conta para a súa produción cunha achega de AGADIC de 244.688 euros.[6] Terá un orzamento flexible xa que o seu financiamento é segundo explicou Luís Tosar, «dos máis raros porque vai por canles non habituais. Estamos implicando a moita xente, institucións e asociacións que teñen que ver coa recreación histórica etcétera. Vai ser unha revolta irmandiña cinematográfica porque vai haber moitísima xente implicada na película. Para nós é moi ilusionante poder contar con tanta xente».[7] No plano institucional, a Deputación de Ourense comprometeuse cunha achega de 250.000 €, o Concello de Ourense, 150.000, e o de Xinzo de Limia, 50.000, en varias anualidades.

No que respecta ás localizacións, farase nas provincias de Ourense e Lugo, sendo un lugares de rodaxe confirmados o concello ourensán de Xinzo de Limia, lugar onde se celebra a Festa do Esquecemento, punto de orixe deste filme e outro o xacemento arqueolóxico de Castromao no concello de Celanova[8]. O filme conta co apoio técnico do Departamento de Historia I da USC e dun comité científico para garantir o rigor histórico encabezado polos especialistas André Pena e José María Luzón.

NotasEditar

  1. Faro de Vigo (ed.). "Prepara a rodaxe da longametraxe ´Galaicus´ con Luís Tosar, unha historia de romanos e castrexos". Faro de Vigo. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  2. López, Ruth (8 de marzo de 2016). "Luis Tosar volverá a Lugo para rodar unha superprodución de romanos". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2016. 
  3. "Os produtores de 'Galaicus' esperan iniciar a rodaxe en 2012". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 04 de xullo de 2013. 
  4. Reconstrución do Castro de Castromao
  5. "Luis Tosar rodará a superprodución "Galaicus" no 2015". Soloactores.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  6. Aportación de AGADIC ó filme
  7. Financiamento do filme
  8. El yacimiento arqueológico de Castromao acogerá el rodaje del film Galaicus. La Región 16 de novembro de 2012

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar