Fundación Padre Anchieta

A Fundación Padre Anchieta (FPA), en portugués, Fundação Padre Anchieta, tamén coñecida como Centro Paulista de Rádio e TV Educativas, é unha entidade brasileira que desenvolve actividades de radio e televisión educativas.

Fundación Padre Anchieta
Fundação Padre Anchieta
Centro Paulista de Rádio e TV Educativas
Logo
Logo da fundación
TipoEntidade de dereito privado que promove a radiodifusión e a TV educativa e cultural
Data de fundación26 de setembro de 1967
Fundador(es)Goberno do Estado de São Paulo
Nomeado en referencia aJosé de Anchieta
Presidente/aMarcos Mendoça
SedeSão Paulo
PaísBrasil
Na rede
http://www.fpa.com.br
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A Fundación Padre Anchieta é unha fundación gobernamental en forma de entidade de dereito privado que goza de autonomía intelectual, política e administrativa. Posúe unha emisora de televisón, a TV Cultura, e as emisoras de Rádio Cultura de SP (en onda media e frecuencia modulada, e outros medios.

Recursos económicos editar

As actividades da Fundación mantéñense mediante:

  • Achegas orzamentarias gobernamentais, aprobadas polo Gobernador e a Asemblea Lexislativa do Estado de São Paulo.
  • Recursos financeiros obtidos da iniciativa privada a través de apoios culturais e difusión de propagandas.
  • Asociacións con outras radios e televisións.
  • Vendas de cintas e vídeos dos seus programas aos telespectadores.

Os recursos públicos asignados para a TV Cultura (o groso do orzamento da Fundación) foron, en 2006, de 74,7 millóns de reais brasileiros (R$), mentres que 36,2 milllóns de R$ tiveron orixe privada (de patrocinadores e parceiros).[1]

Propósitos editar

As emisoras da Fundación Padre Anchieta teñen como finalidade ofrecer programacións de interese público, sen comprometeres con intereses comerciais ou coa administración pública. Para iso a Fundación dispón dos seguintes medios:

Radio
  • Rádio Cultura Brasil
  • Cultura FM
Televisión
  • TV Cultura
  • MultiCultura
  • TV Rá-Tim-Bum
  • Univesp TV
Licenzas
  • Cultura Marcas

TV Cultura é o principal vehículo de comunicación da FPA (que dispón tamén do canal infantil TV RáTim Bum!, e as Radios Cultura FM e Cultura Brasil (AM), a Univesp TV e a Multicultura). A TV Cultura caracterízase por ser unha emisora moderna, comprometida en ofrecer unha programación cualificada, atractiva, crítica, democrática e innovadora para os mais diversos públicos de todos os grupos de idade. Desde a súa inauguración en 1969, a emisora acadou máis de 400 premios nacionais e internacionais pola ampla oferta de contidos; na súa traxectoria contabiliza 12 trofeos "Prix Jeneusse" e catro premios Emmy.[2]

Consello se Síndicos editar

O Consello de Síndicos da Fundación Padre Anchieta está composto por 47 membros, sendo tres deles vitalicios, vinte natos, vinte e tres electivos, e un representante dos empregados da Fundación.

Son vitalicios os tres membros designados conforme ao establecido na escritura de doazón do terreo Fábio Prado á Fundación Padre Anchieta, por dona Renata Crespi da Silva Prado.

Son membros natos:

  • 1. O Presidente da Comisión de Educación da Asemblea Lexislativa do Estado de São Paulo.
  • 2. O Presidente da Comisión de Cultura da Asemblea Lexislativa do Estado de São Paulo.
  • 3. O Secretario de Estado de Cultura.
  • 4. O Secretario de Estado de Educación.
  • 5. O Secretario de Estado dos Negocios da Fazenda.
  • 6. O Secretario de Educación do Municipio de São Paulo.
  • 7. O Secretario de Cultura do Municipio de São Paulo.
  • 8. O Reitor da Universidade de São Paulo.
  • 9. O Reitor da Universidade Estadual de Campinas.
  • 10. O Reitor da Universidade Estadual Paulista "Júlio de Mesquita Filho".
  • 11. O Reitor da Pontifícia Universidade Católica de São Paulo.
  • 12. O Reitor da Universidade Mackenzie.
  • 13. O Presidente do Consello Estatal de Educación.
  • 14. O Presidente do Consello Estatal de Cultura.
  • 15. O Presidente da Fundación de Apoio á Investigación do Estado de São Paulo.
  • 16. O Presidente da Sociedade Brasileira para o Progresso da Ciencia.
  • 17. O Presidente da Unión Brasileira de Escritores.
  • 18. O Presidente da Asociación Brasileira de Mantenedores do Ensino Superior ou un representante especialmente acreditado.
  • 19. O Presidente da Unión Estatal de Estudantes.
  • 20. O Coordinador Xeral do Pensamento Nacional das Bases Empresariais ou un representante especialmente acreditado.

Os 23 membros electivos son elixidos por maioría absoluta do Consello de Síndicos entre personalidades de impecábel reputación e notoria dedicación á educación, á cultura ou a outros intereses comunitarios. Os membros eliidos exercen o seu mandato por un trienio, sendo renovada anualmente a composición da categoría polo terzo e permitida unha reeleción.

Os administradores da Fundación deberán ser brasileiros nativos, sendo a súa investidura nos respectivos cargos precedida de expresa aprobación polo Ministerio de Comunicaións.[3]

Historia editar

A Fundación Padre Anchieta foi instituída polo goberno do Estado de São Paulo o día 26 de setembro de 1967.[2]

O seu nome débese ao misioneiro xesuíta español José de Anchieta, máis coñecido como padre Anchieta, que foi destinado ao Brasil, onde catequizou e educou aos indios e os defendeu dos abusos dos colonos portugueses. Foi un dos fundadores das cidades de São Paulo e Río de Xaneiro. Ademais, o padre Anchieta tamén foi o estandarizador da lingua tupí. Hoxe é venerado como santo pola Igrexa Católica.[4]

En maio de 2007, as eleccións na entidade levaron a Paulo Markun ao cargo de director-presidente da Fundación Padre Anchieta, en substitución de Marcos Mendonça,[5] e a súa candidatura non enfrontou concorrncia ningunha. O presidente do Consello de Síndicos é Jorge da Cunha Lima.

En abril de 2010, Paulo Markun deixa a presidencia,[6]asumindo João Sayad o cargo de presidente.[7]

En maio de 2013 Marcos Mendonça foi elixido novo presidente da FPA,[8] asumindo a súa función o día 14 de xuño do mesmo ano para un mandato de tres anos.

Notas editar

  1. "Associação Brasileira de Emissoras de Rádio e Televisão". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 02 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Fundação Padre Anchieta Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en tvcultura.com.br
  3. Estatuto da Fundação Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  4. José de Anchieta, Santo.
  5. Cultura e Mercado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine..
  6. "Paulo Markun deixa a Presidência da Fundação Padre Anchieta". Observatório do Direito à Comunicação (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  7. João Sayad é eleito presidente da Fundação Padre Anchieta.
  8. Marcos Mendonça é deifinido novo presidente da TV Cultura.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar