Fred Haise
Fred Wallace Haise Jr., nado en Biloxi (Mississippi), o 14 de novembro de 1933, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión Apollo 13.[1][2]
Fred Haise | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 14 de novembro de 1933 |
Lugar | Biloxi |
Actividade | |
Misións | Apollo 13 |
Tempo no espazo | 5,95 días |
Premios | Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e International Space Hall of Fame |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Haise graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Oklahoma en 1959 e ten un doutoramento honorario pola Universidade do Oeste de Míchigan. Foi un dos 19 astronautas seleccionados pola NASA en abril de 1966. Foi piloto de apoio do módulo lunar para as misións Apollo 8 e Apollo 11. Foi módulo do piloto lunar durante a misión Apollo 13, que tivo que ser abortada a medio camiño da Lúa pola explosión dun dos seus tanques de osíxeno. Pasou un total de 5,95 días no espazo.[1][2]
Haise deixou a NASA en xuño de 1979 para ser vicepresidente de programas espaciais na empresa Grumman Aerospace.[1][2]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Haise, Fred Wallace Jr 'Pecky'" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (8 de maio de 2014). "Former Pilots: Fred W. Haise, Jr." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 6 de maio de 2020.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fred Haise |